Esta semana por fin repartimos os
biquiños que fixeramos en xaneiro. Con eles enchemos as caixiñas que
decoraramos imitando o estilo de Yayoi Kusama. Levámolos para casa gardadiños por se durante o verán
botamos en falta aos amiguiños.
miércoles, 22 de junio de 2022
A CAIXIÑA DOS BICOS
lunes, 14 de marzo de 2022
BICOS PARA A PAZ
Alá polo
mes de xaneiro, a partir do contiño De que cor é un bico?, comezamos a traballar
ao redor dos bicos. Cada meniño escolleu unha cor coa que representar os seus. Con
todos eles creamos un mural cos nosos desexos de paz.
miércoles, 2 de febrero de 2022
O BICO DE PIZZA DE NOA
Noa tamén animouse a cociñar un bico de pizza e mandounos
as fotos do proceso. Mirade que chuliño lle quedou!.
lunes, 31 de enero de 2022
BICOS DE PIZZA
Utilizando coma base de inspiración o contiño De que
cor é un bico?, a fin de semana pasada propuxemos cociñar bicos de pizza. Noel
elaborou unha espectacular. Mirade nas fotos que nos enviou que ben lle quedou.
Moitas grazas Noel por compartir as imaxes connosco!
Para os que se animen a seguir cociñando ao redor da
temática dos bicos, neste
enlace tedes máis receitas.
miércoles, 26 de enero de 2022
DE QUE COR É UN BICO?
Á protagonista do conto ao redor do que andamos a traballar na clase, o que máis lle gusta é pintar. Pinta cousas de mil cores ... pero non pintou nunca un bico. De que cor será?
Nós decidimos simbolizalos con forma de corazón e cada alumno elixiu a cor coa que os vai representar.
lunes, 24 de enero de 2022
ROCÍO BONILLA
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, conmemorase o Día da ilustración. Con esta efeméride a Consellería de Cultura pretende potenciar esta arte. Dende hai varios anos, na nosa escola unímonos a esta conmemoración traballando ao redor dun ilustrador ou ilustradora. Este curso ímolo dedicar a Rocío Bonilla. Antes de Nadal leramos “Os fantasmas non petan á porta” e encantáranos os debuxos realizados por esta artista catalá. Agora andamos a recompilar todos os contos que dela temos na biblioteca e mercando algunhas novidades. Nos vindeiros días iremos léndoos e familiarizándonos co seu xeito de ilustrar.

