Mostrando entradas con la etiqueta Ponlle as pilas o teu bocata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ponlle as pilas o teu bocata. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de marzo de 2022

FAI CLIC AO TEU BOCATA

O mércores pasado recibimos unha visita moi especial. Os científicos  Mar, Roi e Antonio viñeron a falarnos sobre a alimentación saudable e importancia que teñen os produtos do mar nela.

Ensináronnos diferentes tipos de peixes e mariscos e a maneira de pescalos e cultivalos. Cada un deles aporta diferentes nutrientes ao noso organismo e debemos de comelos tres veces á semana. Un xeito divertido de consumilos é a través de conservas.

 Para que probásemos o ricos que están, prepararon deliciosos bocatas de sardiña con queixo, leituga e tomate para todos. Por si todo isto fora pouco, trouxeron agasallos e folletos informativos que levamos para casa.



domingo, 20 de junio de 2021

MARTA CAPITÁ ARROAS

 

Marta xa completou o seu álbum “Bocatas de conservas do mar”, nestes meses degustou: atún, mexillóns, agullas... Os Arroases trouxéronlle un diploma de Capitá Arroas e un par de agasallos sorpresas. Parabéns Marta!

martes, 25 de mayo de 2021

FAI CLIC AO TEU BOCATA

Para dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables, esta mañá desenvolveuse na escola o obradoiro: Fai clic ao teu bocata. Da man dos científicos Mar e Roi, vimos as características das conservas de peixe e de marisco, os seus nomes e o proceso que seguen dende que están no seu medio natural ata que chegan a ser parte dun bocadillo.

Despois prepararon e repartiron bocatas de sardiñas con queixo, leituga e tomate para merendar. E por último déronnos unha chea de agasallos.

lunes, 19 de abril de 2021

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Para coñecer as virtudes das conservas de produtos do mar, desenvólvese a campaña Ponlle as pilas ao teu bocata. Dende a escola sumámonos a esta iniciativa propoñendo cociñar un saboroso bocadillo Neutrón. Neste enlace tedes as múltiples opcións que levaron os meniños o venres no tríptico informativo, animádevos a elaborar o que máis vos apeteza.

martes, 9 de junio de 2020

O RETO DE MARTA E PABLO

Reto de Marta
Chegou ao correo o primeiro reto dos bocatas de produtos do mar. Seguindo as consignas dos Arroases, temos que adiviñar os ingredientes de dous megabocatas que prepararon Marta e o seu irmán Pablo. Estades listos para xogar? Pois mirande detidamente as fotos que nos mandan e enviarnos ao correo a lista de ingredientes.
Reto de Pablo

miércoles, 3 de junio de 2020

O RETO DOS ARROASES

Xa temos a solución ao reto comefroita de  Marcos, nola envía Roi ilustrada dun xeito moi chuliño e accederedes a ela picando enriba da imaxe da brocheta desa entrada. Lembrade que podedes seguir enviando novos desafíos engadindo a variada froita de tempada que tedes nesta entrada da aula de Ribadumia B, xa vedes que as posibilidades creativas aumentan. Animádevos a incluílas e crear novos pratos?
Pero agora son Os Arroases os que nos piden participar. Queren que lle poñades as pilas aos bocatas incluíndo as vosas conservas favoritas: atún, sardiña, mexillón, polbo …  Aderezalos ou decoralos como máis vos guste, con leituga, cenoria … Mandade as fotos das vosas creacións e os demais intentaremos adiviñar os ingredientes. Neste enlace  e aquí tedes moitas ideas, incluso podedes poñerlle nome a vosa creación. Listos para xogar?

domingo, 16 de febrero de 2020

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA


Dentro do programa Aliméntate ben: Ponlle as pilas ao teu bocata no que participa o noso centro, o xoves recibimos a visita dos PANS (Profesores da Alimentación e da Nutrición Saudable). A través da realidade a aumenta e diferentes xogos, explicáronnos as avantaxes de comer un bocadillo de conservas do mar. Pero o mellor momento veu cando nolos prepararon á nosa elección: mexillón, atún, sardiña … con leituga, tomate, olivas, queixo … ¡Que ricos! Para que os meniños e as familias descubriran todas as posibilidades á hora de facelos, regaláronlles un receitario. E como lembranza desta actividade déronlles tamén unha viseira e un chaveiro.



sábado, 1 de febrero de 2020

PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2019

O pasado mes de decembro, saíu a resolución definitiva dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2019 no que a nosa escola obtivo un recoñecemento na categoría de infantil e primaria. Con esta resolución, a Dirección Xeral de Educación, pon en valor aquelas experiencias que promoven unha mellora na calidade do proceso educativo. Sentímonos moi orgullosos do resultado acadado, máxime cando competiamos con centros non soamente de infantil senón  tamén de primaria de toda Galicia. A continuación vos deixamos o vídeo que nos representará na entrega de premios e que recolle os aspectos máis salientables do noso proxecto gañador.

miércoles, 25 de septiembre de 2019

¡AO RICO BOCATA!

Xa están en marcha os álbums para converterse en Capitán Arroaz. Co obxectivo de fomentar o consumo de peixe, cada martes, os meniños que traían e coman bocatas de produtos do mar: atún, mexillón, sardiña … lograrán un selo para o seu álbum. Cando o completen, Os Arroaces daranlle un diploma e unha sorpresa.

jueves, 20 de junio de 2019

CAPITÁ LÍA E CAPITÁN ROI

Bocatas de sardiñas, atún, mexillóns … que rico están e ademais Os Arroases traen diplomas e premios cando cumprimentamos o álbum de pegatinas. Lembrádevos de gardar o álbum para setembro que hai moitos nenos aos que xa lle faltan poucas pegatinas para acabalo.

martes, 18 de junio de 2019

DIPLOMAS DOS ARROASES

Hoxe os arroaces deixáronnos na nosa escola tres diplomas de capitá arroas e agasallos para Marta, Laura e Suevia.  Durante todo o curso puxéronlle as pilas aos seus bocatas con produtos do mar e completaron o álbum de pegatinas. Os que aínda non o fixeron poden continualo para o vindeiro ano. Gardade o álbum na casa e traelo en canto comecemos para seguir completándoo. Os arroases están desexando dar máis diplomas e regalos.

martes, 25 de septiembre de 2018

AO RICO BOCATA…

Esta semana foron xa cinco nenos os que se animaron a poñerlle as pilas o seu bocata con produtos do mar. Por agora o atún é o ingrediente favorito pero esperamos que pronto se animen a probar novos sabores: mexillóns, xoubiñas, cabala, sardiñas, chocos, calamares, polbo… Os álbums xa están en marcha. En clase os meniños estanos a cubrir  coa data e o produto elixido. A ver se na vindeira semana anímanse máis nenos a descubrir os sabores do mar.

martes, 18 de septiembre de 2018

BOCATAS DO MAR

Onte xa merendamos todos xuntos e hoxe dimos por rematado o período de adaptación. Mañá todos os meniños virán en horario completo e os pequenos integraranse nas rutinas diarias. Para quentar motores, varios dos maiores xa empezaron coa actividade “Os bocatas do mar teñen premio”. Trátase de que, se o día da semana que toca bocadillo o traen de peixe ou algún produto do mar: mexillóns, polbo, calamares… e o comen, logran unha pegatina para un álbum. Cando o completan, Os Arroaces, unha cuadrilla de sete nenos que coñecen moi ben a importancia de comer peixe, danlle unha sorpresa.

martes, 5 de junio de 2018

¡AO RICO BOCATA DE PRODUCTOS DO MAR!

Os martes toca bocata e, dende o mes de abril, xa sabedes que se son de peixe gáñase unha pegatina para un álbum  co que convertese en Capitán dos Arroases. Nas últimas semanas o atún, as agullas ou as sardiñas empezan a estar presentes nos bocadillos de clase. A ver se conseguimos entre todos fomentar o consumo de peixe entre os meniños.



viernes, 20 de abril de 2018

ALIMENTATE BEN E SOLIDARIDADE

Onte foi unha mañá intensa.  Con motivo da visita dos responsables da protectora de animais O Refugio de Cambados, os meniños chegaron á escola cargados de obxectos e materiais para doar. En nome de todos os animaliños que viven nas súas instalacións: ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!. Despois de ver todos os produtos cos que podemos colaborar e a gran utilidade que teñen, pasamos a realizar un marcapáxinas  de canciños para conmemorar o día do libro que se celebrará o próximo luns. 
Mentres, as cociñeiras do programa “Ponlle as pilas ao teu bocata” prepararon xogos e actividades para ensinarnos os beneficios de incluír o peixe na nosa dieta. Case sen darnos conta, chegou o momento de elaborar os bocatas cos ingredientes a gusto de cada comensal: atún, sardiña, mexillóns, calamares … despois viñeron os agasallos: unha gorra e un receitario para preparar ricos bocadillos.
Tras o recreo, veu Olga coas súas mascotas para explicarnos o traballo que realizan na protectora e o seu programa de Educación en Valores. Pero sen lugar a dúbidas, o que máis nos gustaron foron as mascotas.


martes, 10 de abril de 2018

OS BOCATAS DE PEIXE TEÑEN PREMIO


Hoxe, Breixo e Rodrigo do aula de Ribadumia viñeron a contarnos como na súa clase comer peixe ten premio. O día da semana que toca bocadillo, se o traen de sardiña, atún, mexillóns, calamares, polbo, berberechos, ameixas… e o comen, logran unha pegatina para un álbum. Cando o completan, gañan unha sorpresa. Como gustounos  esta iniciativa para fomentar o consumo de peixe, a partir da vindeira semana na nosa aula tamén poñerlle as pilas ao bocata vai ter premio.

domingo, 11 de febrero de 2018

¡FELIZ DÍA DA NENA E A CIENCIA!

Para dar visibilidade ao labor científico das mulleres e potenciar esta vocación nas nenas, cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Na nosa escola tamén quixemos unirnos a esta iniciativa organizando diversos obradoiros con mulleres científicas que nos falaron do seu traballo.  O pasado mércores, con Luísa Martínez, do Instituto de Investigacións Mariñas, descubrimos a “Ciencia a pé de praia” e con Nieves Álvarez, científica do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, e a súa charla “A ciencia levámola dentro” mergullámonos no mundo das árbores.
Por outra banda e dentro do Programa O Sabor da Aventura está no Mar, a empresa cambadesa Cermar veu a explicarnos o proceso de elaboración de conservas de atún e deunos envases de Pequetun para degustar en familia.
Por último, elaboramos un taumatropo, un xoguete óptico que se emprega para producir sensación de movemento nas imaxes.


Os medios de comunicación fixéronse eco das actividades desenvolvidas no noso centro. Podedes velo nos enlaces que vos deixamos a continuación.