viernes, 28 de abril de 2017

BOLBORETAS E FLORES

No noso obradoiro de cociña tamén celebramos a festa dos Maios dun xeito moi especial. A semana pasada elaboramos froitas de flores para enchernos de vitaminas e hoxe unhas riquísimas bolboretas.



miércoles, 26 de abril de 2017

MAIOS 2017

Este ano o noso Maio veu cargado de flores pero tamén de música. As familias, os nenos e os mestres cantamos, bailamos e xogamos ao ritmo dos gaiteiros. Mirade nas fotos que ben o pasamos dándolle a benvida á primavera. E neste enlace e aquí, tedes as fotos que publicou La Voz de Galicia na súa versión dixital con vídeo incluído.

sábado, 22 de abril de 2017

PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS

Para darlle a benvida á primavera, cada ano celebramos na nosa escola a festa dos Maios. Trátase dunha construción feita de canas que revestimos de fiuncho e decoramos con flores. Esta semana estivemos lembrando como se realiza, aprendendo os nomes das plantas que empregamos e, sobre todo, ensaiando as coplas para cantar ao seu redor. Non vos esquezades mañá á tardiña de apañar fiuncho e flores para que o luns teñamos material de abondo para facelo.