Para os que non puideron asistir á actuación, picade na
imaxe inferior e accederedes á montaxe que fixo a mestra Olalla de educación
física con todas as actuacións.
lunes, 24 de junio de 2019
domingo, 23 de junio de 2019
jueves, 20 de junio de 2019
O CIRCO DE VERÁN CHEGA A SISÁN
Nas
últimas semanas organizamos un concurso de debuxo para deseñar o que sería o
cartel anunciador do festival de fin de curso. Como xa todos sabedes, este ano
entre todas as escolas realizaremos unha función de circo con pallasos, magos,
forzudos, mimos … e ata unha muller
bala. Cada meniño realizou o seu deseño e propuxo un nome para este espectáculo
único que faremos mañá. Na imaxe tedes o resultado cunha montaxe de
debuxos de todas as escolas e o nome máis votado. No pavillón estarán expostas
todas as propostas dos nenos, buscade a do voso fillo.
Tamén xa está rematado o noso rececuario cos códigos QR que dan acceso as diferentes receitas colgadas neste blog. Mañá na festa estarán os de todas as escolas. Se levados no voso móbil un lector instalado poderedes acceder ás de todas as aulas.
Tamén xa está rematado o noso rececuario cos códigos QR que dan acceso as diferentes receitas colgadas neste blog. Mañá na festa estarán os de todas as escolas. Se levados no voso móbil un lector instalado poderedes acceder ás de todas as aulas.
O GALO KIRIKO
Onte e
hoxe tivemos un compañeiro de clase moi especial. Tratase dun galo que nos
trouxo a mestra Marina. Xa non pode seguir no seu galiñeiro porque anda a pelexar
cos outros galos e buscámoslle un novo fogar. Vimos como era e sobre todo
escoitamos como cantaba cando estabamos caladiños. Como non tiña nome, cada
neno realizou unha proposta e despois votamos. Saíu elixido o nome de Kiriko e
agora xa está no seu novo curral.
CAPITÁ LÍA E CAPITÁN ROI
Bocatas
de sardiñas, atún, mexillóns … que rico están e ademais Os Arroases traen diplomas
e premios cando cumprimentamos o álbum de pegatinas. Lembrádevos de gardar o
álbum para setembro que hai moitos nenos aos que xa lle faltan poucas pegatinas
para acabalo.
miércoles, 19 de junio de 2019
REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE BOTERO
Despois
de varios meses traballando ao redor do calendario de Fernando Botero e o
circo, xa está listo para que mañá os meniños o leven para casa xunto co resto
dos seus traballiños.
martes, 18 de junio de 2019
DIPLOMAS DOS ARROASES
Hoxe os arroaces deixáronnos na nosa escola tres diplomas
de capitá arroas e agasallos para Marta, Laura e Suevia. Durante todo o curso puxéronlle as pilas aos
seus bocatas con produtos do mar e completaron o álbum de pegatinas. Os que aínda
non o fixeron poden continualo para o vindeiro ano. Gardade o álbum na casa e
traelo en canto comecemos para seguir completándoo. Os arroases están desexando
dar máis diplomas e regalos.
MERLUZA
E agora pasamos aos peixes. Comezamos coa merluza
e propoñemos dúas riquísimas opcións. A receita de merluza rebosada de Roi e a merluza en salsa verde de Marta.
lunes, 17 de junio de 2019
RISOTTO
Continuamos coas receitas que formaran parte do noso
rececuario. Tócalle quenda as gambas para facer un rico risotto. Tomade nota da saborosa
proposta que nos fan Lía e o seu papá.
viernes, 14 de junio de 2019
jueves, 13 de junio de 2019
RECECUARIO
Estes días andamos a reler todas as receitas que trouxeron os meniños da casa polo Nadal. Con elas e as cunchiñas e peixes do noso recuncho de tesouros do mar, andamos a construír un rececuario. Para elaboralo,
estamos a transformar unha caixiña de cartón nunha maqueta. Nela imos introducir
os peixes e mariscos que viñan nas receitas de cada meniño. Enriba deles poñeremos
códigos QR que remitirán a enlaces do noso blog onde colgaremos as receitas
aportadas polas familias. Se no seu momento non o fixerades, aínda estades a tempo
de participar.
lunes, 10 de junio de 2019
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
Hoxe visitamos o Parque Arqueológico da Arte Rupestre Campo Lameiro. No transcurso da mañá realizamos varios obradoiros. No primeiro
chamado “Pintura coas mans” coñecemos os pigmentos e útiles básicos para a
creación das pinturas na Prehistoria. No segundo, titulado “Sementes do pasado”,
realizamos o proceso de produción de fariña cun muíño de man e despois plantamos. Tras repoñer
forzas, coa merenda paseamos pola Área Arqueolóxica e Poboado da Idade de Bronce. E rematamos a xornada cunha exhibición de como
facían o lume.
miércoles, 5 de junio de 2019
CONVIVENCIA 2019
Un ano
máis, para facilitar o cambio de etapa dos meniños que rematan infantil,
realizamos unha xornada de convivencia no que será o seu futuro colexio. Ademais
de ir no transporte escolar, no transcurso da mañá realizan xogos para coñecer
os seus novos compañeiros, visitan as instalación da escola e fan actividades
co profesorado do centro.
martes, 4 de junio de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)