Para desenvolver o pensamento matemático, mellorar e centrar
a atención, aumentar a capacidade de concentración, adquirir habilidades
motoras, enriquecer o vocabulario espacial e, sobre todo, para que se divirtan
mentres os meniños aprenden xogando, na aula utilizamos quebracabezas adaptados ás diferentes idades.
miércoles, 27 de septiembre de 2023
PUZZLES
AS BOLBORETAS DE NOA E ANA
Paseniño o noso blog vaise enchendo de saborosas e
nutritivas bolboretas. Hoxe temos as creadas por Ana e Noa.
lunes, 25 de septiembre de 2023
BOLBORETA DE UVAS
Coa volta á rutina, inauguramos o noso obradoiro de cociña con propostas que teñen as uvas como ingrediente principal. Comezamos cunha divertida bolboreta.
Os máis pequenos con letras móbiles e os
maiores con grafías máis complexas.
Despois en casa podedes elaborar as diferentes receitas e enviarnos as fotos ao correo como fixeron Yaiza e Antía.
Podedes substituír os ingredientes suxeridos por outros que teñades na casa ou facer as vosas propias versións.Grazas a Yaiza e Antía por compartir as súas creacións connosco, quedaron chulísimas!
miércoles, 20 de septiembre de 2023
A BIBLIOTECA ESCOLAR
Esta semana comezamos co horario habitual. Cada luns
pasaremos parte da xornada na biblioteca escolar traballando ao redor da
animación a lectura, a educación documental e a formación de usuarios.
Con Zapatocas, a mascota da biblioteca, xa realizamos o empréstito de libros e a posta en marcha das mochilas viaxeiras. Ben protexidiños nas bolsas de lectura, os contos da nosa biblioteca xa emprenderon o seu camiñar polos fogares dos meniños.