Para o mes de outubro escollemos o libro “Carlota y la princesa española”. Nel a pega que
aparece representada no cadro chamado “Don Manuel Osorio Manrique de Zúñiga” cobra vida, arranca unha xoia do vestido
da protagonista do conto e escapa voando.
Na súa fuxida métese noutro cadro do
autor,“O Quitasol”, para pousarse na copa dunha árbore. A meniña, para recuperar
o seu aderezo, terá que empregar o enxeño e contar coa axuda doutros personaxes
das obras de arte do museo. Pero para observar detidamente este retrato
co que ilustramos o mes de novembro, eliximos o exemplar titulado "La pintura entrada libre".