Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos de receitas de cociña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos de receitas de cociña. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de mayo de 2022

PIZZA PIRATA

 

Xa que andamos a voltas cos piratas, esta fin de semana propuxemos elaborar unha saborosa pizza con esa temática. Mirade no seguinte vídeo que doada é de facer.

jueves, 10 de marzo de 2022

AS FILLOAS DE NOA

 

A Noa gústanlle as filloas de colores. Azul, vermella, amárela, verde.. e ata gris. Se queredes aprender a facelas, mirade as imaxes e o vídeo que nos enviou de todo o proceso. Grazas Noa por compartir connosco a túa receita.




martes, 1 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O Día de Rosalía pasou a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de nova documentación  que desvela a data real do seu nacemento. Dende hai varios anos a Fundación Rosalía de Castro propón conmemoralo lembrando o poema “Miña casiña, meu lar”, no que unha muller pobre consigue facer un humilde caldo de gloria  a pesar de que carece de todo. Dende a nosa escola unímonos a esta iniciativa propoñendo a todas as familias elaborar un caldiño. Podedes ler as instrucións que da Rosalía no seu poema, empregar a nosa receita,  seguir os consellos de Xoanqui Ameixeiras do vídeo anterior ou facer a vosa propia versión.

lunes, 6 de diciembre de 2021

O RENO DE PAPÁ NOEL

Na nosa proposta culinaria desta fin de semana, traemos un reno de Papá Noel. En clase vimos unha receita sinxeliña empregando coma base un sobao, pero no seguinte vídeo tedes outra opción con madalenas.


domingo, 28 de noviembre de 2021

O PAPÁ NOEL DE NOA

Seguindo coa temática do Nadal, esta fin de semana propuxemos elaborar un saudable Papá Noel con plátano e fresa. Noa xa o cociñou.  Mirade na foto que nos mandou que ben queda empregando unha mazá coma soporte. Nesta entrada tedes a receita e o vídeo con seu proceso de execución. E para as pequenas que non poden comer plátano, no seguinte vídeo tedes como facer un Santa Claus empregando queixo do tipo Mini Babybel.

lunes, 22 de noviembre de 2021

A ÁRBORE DE NADAL DE NOEL

O noso cociñeiro Noel tamén comezou co Nadal nas súas creacións. Mirade nas fotografías que ben elaborou a árbore con kiwi.

A continuación tedes a receita e o vídeo da versión con uvas.

domingo, 14 de noviembre de 2021

ÁRBORE DE NADAL

Aínda estamos en novembro pero xa comezamos cos preparativos de Nadal, unha das festas que máis gusta a pequenos e maiores. As nosas propostas culinarias da fin de semana tamén van encherse deste aire festivo. Empezamos cunha árbore de Nadal do máis saudable a base de kiwi. No vídeo tedes o  proceso de realización e na imaxe inferior a nosa receita.

domingo, 24 de octubre de 2021

CABAZAS E PANTASMAS

 

Xa que andamos a voltas cos calacús, non podíamos deixar de levalos ás nosas propostas culinarias da fin de semana. Como vedes na receita, dun xeito moi sinxelo podemos converter unha mandarina nunha saborosa cabaza e un plátano nun divertido pantasma.

domingo, 17 de octubre de 2021

PARA MERENDAR… ARAÑAS!!

Como vos comentabamos na entrada anterior, esta fin de semana propoñemos cociñar arañas. Coma outras veces, optamos por unha receita sinxeliña pero no seguinte vídeo tedes como facer pizzas e ovos de arañas.

Pero se preferides os sabores doces, neste enlace accederedes a como facelas con galletas. E por último, para os amantes da froita e as receitas saudables, facendo clic aquí tedes unha saborosa araña de mandarina. Xa sabedes, que podedes mandarnos as vosas creacións a escoladeleiro@gmail.com

jueves, 7 de octubre de 2021

PANTASMAS CON PAN DE MOLDE

 

As pantasmas chegan ás nosas propostas culinarias da fin de semana. Coma outras veces, nós optamos por unha receita sinxeliña onde os meniños poden untar o queixo, darlle forma ao pan con axuda e colocar as olivas. Pero as posibilidades para pantasmas son múltiples. Neste enlace tedes como facer unha pizza pero se preferides os sabores doces, facendo clic aquí tedes galletas. E por último vos deixamos un vídeo de como facelos empregando plátanos coma base.

viernes, 1 de octubre de 2021

BOLBORETA DE UVAS

 

Chega a fin de semana e con ela a nosa proposta culinaria en familia. Continuamos coas uvas como ingrediente principal para elaborar unha nutritiva bolboreta. Na nosa receita optamos por empregar laranxa para as alas pero tamén podedes facela con anacos de sandía. As antenas serán de cenoria ou podedes optar por calquera outro alimento.

 A parte de cortar será feita por adultos pero os meniños poden espichar as uvas e montar a bolboreta. Neste enlace tedes unha versión do proceso de elaboración e no vídeo inferior outra, ao final del tamén tedes como facer unha sinxela e divertida eiruga. E por suposto, podedes deixar voar a imaxinación e crear as vosas propias receitas. E xa sabedes, se vos apetece compartir as vosas creacións envialas a escoladeleiro@gmail.com e publicarémolas neste blog.

jueves, 23 de septiembre de 2021

OURIZO DE UVAS

Antes da pandemia, cada semana adoitabamos cociñar cos rapaces na aula para mergullalos no mundo culinario á vez que practicamos a lectoescritura. Dende o ano pasado, como medida de prevención sanitaria, realizamos o obradoiro de cociña dun xeito diferente. Cada semana traballamos cos meniños ao redor dunha receita que levan para casa. A fin de semana podedes elaborala cos cativos e enviarnos as fotos ao correo da escola.


Como estamos en época de vendima, propoñemos comezar cociñando un ourizo de uvas. No seguinte vídeo que vimos na escola, tedes o proceso a seguir. A parte de pelar e cortar a pera deberá facela un adulto, pero os pequenos poden espichar as uvas e decorar o ourizo. Seguro que lles encanta.


viernes, 12 de marzo de 2021

PIZZAS MARIÑEIRAS

E xa que vimos os beneficios de incluír peixes na nosa dieta, esta semana propoñemos elaborar unha pizza con eles dun xeito moi sinxelo e saboroso. Neste enlace podedes ver como a cociñamos na aula o curso pasado empregando pan de molde coma base.

sábado, 6 de marzo de 2021

PARA MERENDAR… O MOUCHO DE ROSALIA

E xa que andamos a voltas cos mouchos, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levalos ao obradoiro de cociña da fin de semana. Neste enlace tedes unha chea de opcións. Nós decantámonos por unha moi nutritiva a base de froitas. Facendo clic aquí tedes un vídeo co proceso. Pero se sodes máis de sándwichs, no seguinte tedes outra suxestión. 

viernes, 22 de enero de 2021

PARA MERENDAR… PINGÜÍNS

Despois de toda a semana a voltas cos pingüíns, chegou o momento de levalos tamén ao noso obradoiro de cociña da fin de semana. Coma sempre, propoñemos unha receita sinxeliña con ovo cocido, pero nos seguintes vídeos tedes outras opcións con olivas negras e con plátanos. E por suposto, podedes deixar voar a imaxinación e crear as vosas propias receitas. Animádevos a cociñar cos meniños e mandarnos as fotos.


sábado, 16 de enero de 2021

CANS AO RECATE

Esta semana queremos render unha pequena homenaxe a todos eses cans que constantemente axudan as persoas. Vímolo esta semana cando coñecemos a Fivi, pero paseniño iremos descubrindo moitos máis. Coma sempre propoñemos unha receita sinxeliña, ten coma base unha filloa ou unha tortiña. Neste enlace tedes outra opción moi doada con pan de molde. E aquí outra un chisco máis complicada pero máis lucida.  Para rematar vos deixamos un vídeo por se vos animades a facelo con plátano.

sábado, 9 de enero de 2021

BONECO DE NEVE

Comezamos o segundo trimestre co moito frío e unha proposta moi invernal. Preparados?

Nós propoñemos unha receita sinxeliña, pero nos seguintes vídeos tedes un par de opcións divertidas para estimular a vosa imaxinación. Animádevos a mandar fotos coas vosas creacións. 


viernes, 4 de diciembre de 2020

O RENO DE PAPÁ NOEL

Continuando coa temática do Nadal, esta fin de semana chegan ao noso obradoiro de cociña os renos de Papá Noel. Listos para elaboralos? No vídeo aanterior, tedes una versión con pasteliños de chocolate. Na nosa receita propoñemos substituílos por sobaos cubertos de crema de cacao. Coma sempre, neste enlace tedes moitas opcións para estimular a vosa creatividade.

viernes, 27 de noviembre de 2020

A ÁRBORE DE NADAL

O Nadal chegou ás nosas propostas culinarias e nada mellor que comezar pola  árbore. No vídeo que vos deixamos a continuación tedes unha opción moi divertida. Nós optamos por escribir unha receita máis sinxeliña pero neste enlace tedes multitude de opcións moi creativas e nutritivas.


viernes, 13 de noviembre de 2020

XOANIÑAS

Como andamos a voltas cos insectos, a proposta culinaria desta fin de semana vai estar dedicada a eles. A continuación vos deixamos un vídeo e a receita para elaborar unha divertida xoaniña. Neste enlace tedes outras versións por se necesitades inspiración para mostrarvos creativos.