A pesar
dos anos transcorridos dende que María rematou a súa Etapa de Infantil, a súa
avoíña continúa facéndonos chegar un dos seus fermosos calacús para decoralos
na aula. Cando vai chegando a festa do Samaín, lémbrase de nós e, grazas iso,
pasamos unha divertida mañá baleirando as cabazas da súa horta. Un millón de
bicos para María, a súa mamá Elena e en especial para a avoíña.
martes, 30 de octubre de 2018
lunes, 29 de octubre de 2018
XOGANDO COS MEDOS
A sesión semanal de xogos, estamos a dedicarlla a enfrontarnos aos nosos medos. Baseándonos
na canción de Rosa León “Jugando al escondite” creamos a nosa propia versión
substituíndo o lobo por cada un dos nosos temores.
domingo, 28 de octubre de 2018
CDU ILUSTRADA
Na nosa biblioteca os libros clasifícanse polas materias das
que tratan seguindo a clasificación decimal universal (CDU). Así, a cada
materia correspóndelle unha cor e un número dende o 0 ata o 9. O luns pasado comezamos a traballar cos meniños coa
versión ilustrada por Óscar Villán. Paseniño iremos facendo actividades para que
aprendan a manexarse con soltura na nosa biblioteca e desenvolvan habilidades
como usuarios
sábado, 27 de octubre de 2018
¡GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!
Despois dun par de semanas de preparativos, por fin
deu chegado o día. Acompañados dos nosos amigos e familiares dimos a volta ao cole para apoiar a loita contra a leucemia infantil. Os donativos recadados pola
comunidade educativa serán remitidos á Fundación “Unoentrecienmil”. Eses cartos serán destinados
a unha Beca
para a investigación da enfermidade. Graciñas a todos polo voso esforzo e
participación.
jueves, 25 de octubre de 2018
OS PEIXES DE COLORES DA NOSA RÍA
Peixe
rei, Doncella, Borracho, Maragota e Faneca Brava foron os nomes dos peixes que
coñecemos a semana pasada lendo un artigo en La Voz de Galicia. Aínda que a faneca é
famosa pola súas picadas e moitos dos meniños xa tiñan anécdotas que contar ao
respecto. Quedamos abraiados coas súas bonitas colores e cada un elixiu ao seu
favorito.
miércoles, 24 de octubre de 2018
¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!
Hoxe conmemórase
o Día da Biblioteca e son múltiples as actividades que se organizan nos centros
educativos para celebralo. Na nosa escola, como andamos a voltas cos medos,
decidimos facelo editando unha guía de lectura para valentes que hoxe
publicamos en formato dixital. Nos vindeiros días, cando leamos todos eses contos e rematemos de traballar
con ela na aula, os nenos levarana para casa en formato papel. Lembrade que despois quedan os libros a vosa disposición na biblioteca escolar.
lunes, 22 de octubre de 2018
ARAÑAS
Os medos
tamén chegaron ao noso obradoiro de cociña. Os venres enfrontámonos a eles elaborando
divertidos pratos que teñen os nosos temores como temática.
domingo, 21 de octubre de 2018
OS NOSOS MEDOS
Dende que
limos “Contos de monstros” andamos a falar dos nosos medos. O primeiro
identificalos, polo que cada neno dixo, escribiu e debuxou o seu. Despois,
paseniño, buscar ferramentas para tentar que se fagan cada vez máis
pequerrechiños a ver se conseguimos superaralos.
jueves, 18 de octubre de 2018
miércoles, 17 de octubre de 2018
OS NOSOS CARNÉS DE BIBLIOTECA
Cada
semana, cando os meniños acuden á biblioteca e escollen o libro que levaran para
casa, a mestra Ana ten que rexistralo nun programa informático. Para facilitar esta tarefa, cada neno ten o
seu carné cun número de lector. A principio
de curso cada cativo personificouno co seu nome e un debuxo. Agora xa están
plastificados e todos teñen sistematizado que teñen que buscalo e introducilo no
libro que levan para facilitar o seu control.
lunes, 15 de octubre de 2018
O HOME BALA NO XORNAL
Nas últimas
semanas, graciñas á mamá de Rosana e a mestra Marta de Ribadumia que nos traen xornais,
podemos ver a prensa na aula. Estes días foron moitas as noticias que chamaron
a nosa atención: os incendios, a Festa do Marisco, as riadas … pero o que sen
lugar a dubidas máis gustou aos meniños foi a entrevista ao home bala que limos en La Voz de Galicia.
domingo, 14 de octubre de 2018
O CASTIÑEIRO DA ESCOLA
Unha das
grandes avantaxes dunha escola rural como a nosa é a posibilidade de estar en
contacto diario coa natureza e descubrir os tesouros que nos ofrece. A
principios de curso foi a abeleira a que nos regalou os seus froitos. Estes días, na nosa andaina diaria, é o castiñeiro o que nos ofrece a súa colleita. Cada
mañá, con moito coidadiño para non picarnos cos ourizos, apañamos as castañas
que atopamos, ao chegar a clase contámolas e xuntámolas nunha caixiña para,
cando teñamos dabondo para todos, repartilas.
sábado, 13 de octubre de 2018
O HOME BALA
Dende que
viramos ao Home Bala na publicidade do Circo de Portugal, unha mestura de medo e curiosidade invadiu aos meniños. A partir
dese momento comezamos a realizar diversas actividades para coñecer o traballo
deste personaxe circense.
miércoles, 10 de octubre de 2018
LECTURAS PARA VALENTES
Con motivo
da festa do Samaín que celebraremos o vindeiro día 31, na escola estamos a
traballar ao redor do medo. Comezamos quentando motores na biblioteca creando
un recuncho con exemplares que teñen este tema como eixo central e
paseniño iremos lendo todos os que poidamos . O luns estreámonos con “Contos de monstros” e comezamos a falar dos nosos medos. Onte tocoulle quenda
a “Ábreme con mucho cuidado ¡o te daré un mordisco!” e, entre risas e sustos,
descubrimos un libro diferente. Hoxe o noso encargado do día escolleu un
clásico: “Os Bolechas teñen medo”. E mañá … xa vos contaremos …
martes, 9 de octubre de 2018
O AUTO NOVO
O xoves
pasado inauguramos a sesión semanal que imos dedicar aos xogos coñecendo unha
das cancións máis populares dos “Pallasos da Tele”. Estes artistas circenses que coñeceremos en profundidade mais
adiante, fixeron cantar e rir a miles de nenos con “El auto nuevo”. Na nosa aula pasámolo xenial aprendéndoa e
despois cantándoa na nosa andaina diaria.
viernes, 5 de octubre de 2018
miércoles, 3 de octubre de 2018
RABO DE BOI
Como xa
vos contamos na entrada anterior, o venres imos facer unha rica receita coas
abelás da horta, pero onte empregámolas para aprender o tradicional xogo de “Rabo de boi”. O
enredo é moi sinxelo, trátase de agochar nunha das mans o froito seco mentres
se di o recitado que hoxe escribimos e tedes na imaxe. Ao rematar hai que
adiviñar en que man está. Probade na casa veredes como lle gusta aos meniños.
martes, 2 de octubre de 2018
AS ABELÁS DA HORTA ESCOLAR
A principios
de curso, cando estivemos vendo as arbores froiteiras da nosa horta escolar,
apañamos unha chea de abelás. Esta semana chegou o momento de inaugurar o noso
obradoiro de cociña elaborando unha rica receita que teñen estes froitos secos
como elemento principal. Hoxe, despois de degustalas, escribimos unha nota para
casa cos ingredientes que temos que traer, pero ademais aprendemos un divertido xogo con elas que vos contaremos outro día.
lunes, 1 de octubre de 2018
VOTAMOS...
En
determinados momentos da xornada, para traballar dun xeito máis individualizado
cos meniños, a clase subdivídese en dous grupos atendendo a criterios
pedagóxicos. O venres cada neno propuxo como quería que se denominara o seu
subgrupo e fixemos un listado no encerado coas propostas. Despois cada cativo
votou pola súa favorita, contamos os votos obtidos e as gañadoras foron:
tartarugas e xirafas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)