Este é o título do conto no que nos imos
basear para conmemorar este ano o día escolar da paz e non violencia. Nel, a
mamá do neno protagonista, fálanos de bicos
laranxas cheos de vitaminas, amarelos que son cálidos e intensos, e brancos,
que expresan a paz e tranquilidade que sinto ao teu lado… Nós, en clase, tamén
lle imos dar cor aos nosos bicos. Cada neno escolleu o que máis lle gusta,
cunha única condición: non se pode repetir a cor… Porque o día da paz imos
repartir os bicos entre todos os nosos amigos. Queremos encher unha caixiña con
eles, e facer como Kati, a meniña do conto “Unha
manchea de bicos” que os ten gardadiños para cando lle fan falta. Para cando
teñamos medo, botemos en falta aos compañeiros, esteamos tristes… Sempre hai un
bico para cada momento, e con eles, todo é máis doado. Estes días, os contos de
bicos van ser os protagonistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario