viernes, 29 de marzo de 2019
miércoles, 27 de marzo de 2019
NA HORA DE LER: O CIRCO
Como non
podía ser doutro xeito, o circo tamén chegou a nosa biblioteca escolar. Dende principio
de curso hai montando un recuncho con todos os exemplares que tíñamos desta materia
e moitas novidades que fomos adquirindo para actualizar os fondos. Ata que os
vexamos todos, na hora de ler, cada día o encargado escollerá cal prefire e
pouquiño a pouco iremos léndoos.
martes, 26 de marzo de 2019
FUNÁMBULA
A
semana pasada o conto de Funambulus,
levounos a coñecer o seguinte personaxe do circo pintado por Botero e ao que
lle dedicamos o mes de outubro. Tamén grazas a este libro coñecemos un novo deporte o slakline que, a
diferenza do funambulismo, emprega unha corda de nailon ou poliéster con moita suspensión
e balanceo.
lunes, 25 de marzo de 2019
PALLASO
Despois
de tanto tempo a voltas co tema do circo, non podíamos deixar pasar a
oportunidade de levar un dos seus principais personaxes ao noso obradoiro de
cociña.
domingo, 24 de marzo de 2019
ORELLAS DE MAR
Dende que Marcos nos trouxera unha cunchiña moi fermosa e
con buraquiños para o noso recuncho de tesouros do mar, todos queríamos saber
que era. Despois de investigar descubrimos que se trataba dunha orella de mar.
Tamén vimos que este molusco non é apreciado no noso país, pero noutros lugares é considerado unha exquisitez e un dos mariscos máis caros do mundo.
sábado, 23 de marzo de 2019
FERNANDO BOTERO
viernes, 22 de marzo de 2019
PINTURA COMESTIBLE
Onte os
nenos da aula de Ribadumia A invitáronnos a compartir con eles un obradoiro de
pintura moi especial. Grazas a mamá de Beltrán, o profesor Gerardo González
ensinounos como, mesturando iogur grego azucrado cunhas pingas de colorante alimenticio,
obtiñamos unha saborosa pintura coa que crear obras de arte sobre obleas.
Primeiro
cautivounos a todos contándonos o precioso conto de Elmer dun xeito
tan especial que todos acabamos participando como protagonistas. Despois
pasamos ás mesas de traballo para plasmar a experiencia empregando como lenzo obleas
colocadas en fermosos pratos. Paseniño os meniños foron probando e mesturando
colores para rematar comendo as súas propias obras de arte. Moitas grazas a
todos os que colaboraron para levar a cabo esta experiencia e en especial a
Gerardo e á mamá de Beltrán.
martes, 19 de marzo de 2019
UNHA MAÑÁ DIFERENTE
domingo, 17 de marzo de 2019
sábado, 16 de marzo de 2019
OS AVÓS E A FORMACIÓN DE USUARIOS
Alá
polo mes de outubro, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, convocou o concurso “Xogando coa CDU” coa finalidade de potenciar a formación de usuarios da biblioteca
escolar. A nosa escola quixo participar no certame e deseñou unha batería de
actividades para traballar a educación documental cos máis pequenos. Non figuramos
entre os gañadores,
pero os materiais elaborados estannos a servir para que os meniños aprendan a localizar
os exemplares nos andeis á vez que gozan coa lectura dos libros. Esta semana,
aproveitando a temática do caderno viaxeiro dos superavós, limos e traballamos
ao redor do conto “A avoa de Rosa”.
viernes, 15 de marzo de 2019
domingo, 10 de marzo de 2019
ENTROIDO 2018
Este curso
o Entroido
veu cargado de actividades que compartimos coas familias e os avós da
Residencia de Maiores de Ribadumia. Clicade na imaxe e veredes o bonito vídeo
que fixeron dende a ANPA
da escola.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)