Un ano máis o noso festival
de Nadal veu cargado de teatro, actuacións, xogos, bailes e, por suposto, a visita do Apalpador.
viernes, 22 de diciembre de 2023
FESTIVAL DE NADAL 2023
miércoles, 20 de diciembre de 2023
miércoles, 29 de noviembre de 2023
ÁRBORE DE NADAL
Chega o Nadal ás nosas propostas culinarias da fin de
semana cunha saudable árbore de uvas. A nosa chef Antía xa se puxo en marcha e
quedoulle xenial.
E para os amantes do kiwi, o noso cociñeiro Brais tráenos
unha espectacular versión con esta froita como ingrediente principal.
lunes, 27 de noviembre de 2023
FOTÓGRAFA
A palabra fotógrafa parece sinxela pero para os nenos pequenos non é fácil de
pronunciar. Descubrímolo na nosa sesión semanal dedicada á prensa. No xornal
“La Voz de Galicia” limos unha
noticia sobre unha fotografa de Vilagarcía que ten recibido varios premios polo
seus traballos. A nova serviunos para, ademais de coñecer o seu labor, falar doutras
profesións.
miércoles, 22 de noviembre de 2023
DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro día 25 conmemórase o Día Internacional da Eliminación
da Violencia Contra as Mulleres. Para celebralo, na escola tivemos unha xornada de contacontos e obradoiros sobre
igualdade.
lunes, 13 de noviembre de 2023
ESPANTALLO AMIGO
Co motivo do aniversario do nacemento do escritor Xosé Neira
Vilas, a semana pasada estivemos a ler e traballar ao redor do libriño “Espantallo amigo”. Coñecemos ao Tío Ramón, os merlos e outros persoeiros deste
entrañable conto. Como non podía ser doutro xeito, levamos ao protagonista
da historia ás nosas propostas culinarias da fin de semana.
A nosa cociñeira Lúa xa se animou a elaboralo e enviounos
as fotos da súa espectacular creación.
lunes, 6 de noviembre de 2023
FESTA DO SAMAÍN 2023
Unha carreira solidaria, un contacontos arrepiante, unha
obra de teatro para morrer de risa, un túnel do terror, unha exposición de cabazas,
un saboroso Magosto, bailes, música, disfraces e unha gran merendola. Na festa
do Samaín deste curso tivemos de todo. Ata o sol animouse a saír e
acompañarnos. Grazas a todos o que colaboraron e fixeron posible esta
tradicional festa.
A BRUXA E A SÚA CASA
Nesta ocasión recibimos as fotos dunha terrorífica bruxa
cociñada pola nosa chef Antía. Para a elaboración dos pelos empregou un
nutritivo plátano. Que medo!
E o noso bruxo Aarón animouse a preparar a casa da bruxa.
lunes, 30 de octubre de 2023
EXCURSIÓN A CLESA
O xoves pasado realizamos a primeira saída do curso para ir á fabrica Clesa.
Durante a visita, observamos a maquinaria e explicáronnos como o leite
se transforma en iogures e sobremesas.
Realizamos degustacións de algúns dos produtos que elaboran.
Finalizamos a visita transformándonos en expertos chefs e
elaboramos unha receita personalizada a base de iogur grego.
MAGOSTO 2023
Xa temos listos os nosos envases para levar mañá as
nutritivas castañas que asaremos coa axuda das familias.
AS CASAS DAS BRUXAS
Nas nosas propostas culinarias da fin de semana
continuamos a voltas coas bruxas. Nesta ocasión optamos polas casa destes
máxicos personaxes. Os nosos cociñeiros Antía e Brais xa nos enviaron as súas saborosas
creacións.
miércoles, 25 de octubre de 2023
LEBRES DE MAR
A noticia publicada no xornal Diario de Arousa sobre as lebres de mar aparecidas na praia de Vilagarcía, serviunos de detonante para coñecer estes animaliños mariños. Tamén aproveitamos a oportunidade para traballar ao redor dos xornais e da prensa dixital.