Case
sen darnos conta o fin de curso chegou. É o momento de despedirse dos amigos e
mestres ata setembro. Pero toda despedida ten que ir precedida dunha boa festa
e na nosa tivemos un pouquiño de todo... Primeiro os xogos…
|
Coa corda |
|
O paracaídas |
|
Os aros |
|
Os zancos |
|
¡Ata con patinetes! |
Despois de tanto
brincar entrounos fame… Biscoitos,
galletas, tortas, filloas … ¡ata pizzas!... ¡que ben cociñan as familias!
Tras
recuperar forzas, viñeron as actuacións que con tanto agarimo preparamos nas
diferentes escolas: A que sabe a lúa, Dona Carme, Rebelión na colmea, O baile
do Garutiño… E a que máis ilusión espertaba entre nós por ser a que tantas
veces ensaiaramos: Os tres porquiños.
E para rematar, unha
pequena sorpresa, a representación da "Ratiña presumida" na que interviñeron todos
os mestres.