Hoxe xogamos e enredamos cos amigos, limos contos
de Nadal, pintamos e coloreamos, escoitamos e cantamos panxoliñas, rimos cun
contaconto en inglés, tivemos unha gran merendola, recibimos a visita do
Apalpador, actuamos, bailamos … Foi unha mañá do máis completa. Agora toca
descansar e gozar en familia. Volvemos o día 7 de xaneiro. ¡¡Bo Nadal!!
viernes, 18 de diciembre de 2015
jueves, 17 de diciembre de 2015
ENSAIANDO…
“Buscando Papá Noel a árbore de Nadal” é o
título da panxoliña que imos dramatizar mañá no festival. Hoxe os cativos
ensaiaron por última vez e, coma sempre, todos divertímonos facéndoo que é o importante.
Para os que desexen cantala tamén en familia, a continuación vos deixamos o vídeo que prepararon dela para os rapaces do CEIP Isaac Díaz Pardo. Aos meniños
gústalle moito velo e cantar a modo de Karaoke.
Para os que desexen cantala tamén en familia, a continuación vos deixamos o vídeo que prepararon dela para os rapaces do CEIP Isaac Díaz Pardo.
miércoles, 16 de diciembre de 2015
PAPÁ NOEL
martes, 15 de diciembre de 2015
CORRE QUE TE PILLO
Hoxe de novo baseámonos nos poemas de
Federico García Lorca para brincar. Neta ocasión a segunda estrofa de “Los
reyes de la baraja” serviunos para xogar ao pilla e rir pintando a cara dos atrapados.
Para os que non se lembren dos seus versos, a continuación deixamos a versión
musicada de Vicente Monera que tanto nos gusta.
E xa postos a enredar, fixemos un repaso de todos os xogos que aprendemos durante o trimestre, mirade nas fotos que ben o pasamos.
lunes, 14 de diciembre de 2015
PREPARANDO O FESTIVAL DE NADAL
Elixir unha panxoliña, distribuír os
personaxes, deseñar os traxes, recortar, pegar, probar, ensaiar … ¡Canto
traballiño levamos preparando o noso festival, pero canta ilusión esperta nos
cativos!. Como podedes ver no blog do colexio, o vindeiro venres 18 imos celebrar a festa
de Nadal 2015, non esquezades que este ano realizarémola na Casa de Cultura de
Ribadumia polo que os que aínda non trouxeron a autorización cuberta, teñen que
facelo antes do xoves.
sábado, 12 de diciembre de 2015
jueves, 10 de diciembre de 2015
O REI MELCHOR
Despois de cociñar o Rei Gaspar
e o Rei Baltasar, non podíamos deixar atrás o Rei Melchor. Agora xa somos uns expertos en isto de cociñar reis.
Os meniños quedaron coas ganas de elaborar a Papá Noel así que, se vos animades
a realizalo na casa, non dubidedes en enviarnos fotos a escoladeleiro@gmail.com e publicarémolas
no blog.
martes, 8 de diciembre de 2015
O APALPADOR
Onte dedicamos a nosa visita semanal á biblioteca
escolar a lembrar a figura do Apalpador,
ese persoeiro que todos os anos polo Nadal baixa das montañas do Courel a
deixarnos unha morea de agasallos. Son xoguetiños que el mesmo realiza coa
madeira de mellor calidade que atopa. Vimos os seus contos e despois decidimos que xoguete queriamos que nos trouxera à
escola para compartir cos compañeiros. Escribimos as cartas e xa as temos
listas para darllas o día da festa de Nadal se pode vir a visitarnos.
domingo, 6 de diciembre de 2015
¡ATA SEMPRE XOSÉ NEIRA VILAS!
Esta semana os xornais trouxeron unha mala nova, a morte do escritor galego Xosé Neira Vilas. Na nosa biblioteca escolar temos un dos seus libros “Cantarolas”,
que tamén contén versos da súa compañeira Anisia Miranda.
Na nosa aula quixemos renderlle unha pequena homenaxe lendo algúns
dos poemas contidos nesta obra e especialmente “Historia dun grilo”. Neste enlace
da páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas, tedes unha escolma de cancións
compostas e interpretadas por músicos galegos inspirándose nestes poemas. A editorial
Kalandraka acaba de sacar unha nova edición do libro ilustrada por Leandro lamas.
jueves, 3 de diciembre de 2015
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Como todos os anos por estas datas, o
Concello de Ribadumia organiza un concurso de postais de Nadal. A nosa escola participa na categoría de
infantil e o gañador recibirá un agasallo o día 5 de xaneiro ao remate da
Cabalgata de Reis. Nas bases do concurso ven recollido que os traballos teñen
que facer alusión ao Nadal.
Para realizar
ben os nosos debuxos montamos un recuncho con todo o material que atopamos
relacionado co tema: tarxetas, revistas, contos, libros, postais … Os cativos
observaron detidamente todos os fondos que tiñan ao seu alcance e, coa axuda da
mestra Ana, foron decidindo que querían representar nos seus traballos. Na seguinte
presentación podedes ver o resultado.
miércoles, 2 de diciembre de 2015
¡CANTAS NANAS!
A semana pasada, na nosa visita semanal a
biblioteca, descubrimos que no recuncho de nanas hainas de todas clases. E non
soamente para durmir aos meniños, tamén para as gata, os vampiro e
ata… ¡O Coco!. Ese persoeiro tradicionalmente malvado pero que en nós provoca
risa, porque na versión de Gloria Fuertes que tanto nos gusta, é o neno quen
leva a “O Coco” se durme pouco.
Pero, sen lugar a dúbidas, os cantos de berce
preferidos dos cativos son os traídos da casa, eses nos que aparecen eles de pequerrechiños,
co biberón ou a chupeta, no colo de mamá ou papá ou simplemente no berce. Eles
están desexando ensinarllos aos seus amigos e as mestra e, como non podía ser
doutro xeito, empregalos para arrolar a Zapatocas.
martes, 1 de diciembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)