Este era o tema central do noso festival de Nadal deste ano. Queríamos renderlle unha pequena homenaxe a este gran pallaso. Durante semanas estivemos preparando a nosa actuación, pero tamén coñecendo moitas das súas cancións. Hoxe, xunto aos compañeiros doutras escolas, gozamos dun autentico repertorio das máis coñecidas. Pero antes das representacións, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro fixemos unhas tarxetas de felicitacións na aula, despois na biblioteca limos o conto “La primera navidad de los animales” que nos encanta, vimos a película “La navidad de Caillou”, xogamos á roda e a “Guante, guante”, e para rematar, decoramos unha careta de pallaso. Case sen darnos conta chegou a hora de merendar … biscoitos, turróns, rosquillas … ¡que ben cociñan as familias de todas as escolas!... Coa barriguiña chea volvemos á aula para disfrazarnos. Fomos os primeiros en actuar como auténticos profesionais, despois o resto das escolas nos fixeron cantar, rir e gozar cunhas simpáticas representacións. Para rematar, a visita do Apalpador, que a cambio das nosas cartas, deunos unha ricas bólas de chocolate. E non podíamos despedirnos do ano sen cantar todos xuntos a panxoliña que prepararamos co mestre Felipe.
viernes, 21 de diciembre de 2012
¡ATA SEMPRE MILIKI!
Este era o tema central do noso festival de Nadal deste ano. Queríamos renderlle unha pequena homenaxe a este gran pallaso. Durante semanas estivemos preparando a nosa actuación, pero tamén coñecendo moitas das súas cancións. Hoxe, xunto aos compañeiros doutras escolas, gozamos dun autentico repertorio das máis coñecidas. Pero antes das representacións, tivemos unha mañá chea de actividades. Primeiro fixemos unhas tarxetas de felicitacións na aula, despois na biblioteca limos o conto “La primera navidad de los animales” que nos encanta, vimos a película “La navidad de Caillou”, xogamos á roda e a “Guante, guante”, e para rematar, decoramos unha careta de pallaso. Case sen darnos conta chegou a hora de merendar … biscoitos, turróns, rosquillas … ¡que ben cociñan as familias de todas as escolas!... Coa barriguiña chea volvemos á aula para disfrazarnos. Fomos os primeiros en actuar como auténticos profesionais, despois o resto das escolas nos fixeron cantar, rir e gozar cunhas simpáticas representacións. Para rematar, a visita do Apalpador, que a cambio das nosas cartas, deunos unha ricas bólas de chocolate. E non podíamos despedirnos do ano sen cantar todos xuntos a panxoliña que prepararamos co mestre Felipe.
jueves, 20 de diciembre de 2012
IMOS DE EXCURSIÓN…
Foi unha saída pequerrechiña,
nunha hora estabamos de volta na escola, pero como era a primeira do curso estabamos
nerviosos, cada pouco preguntabámoslle á mestra ¿chegou xa o autobús?... Ao
igual que o curso pasado fomos a visitar o bonito belén do “Chuco”. Na nosa
clase tamén montamos un, empregando a maqueta que fixeramos co río Nilo. Encántanos
andar a mover a mula, o boi, o anxo … pero o que fomos a ver está mañá é
grandísimo e ten de todo: figuras en movemento, auga de verdade, un castelo … abraiados
non sabíamos para onde mirar e, aínda que tiña unha cordiña para que non nos achegásemos,
non podíamos evitar acercarnos demasiado. Como podedes ver nas fotos, no autobús
fomos ben sentadiños e co cinto posto coma chicos maiores. Ata o tempo
acompañou, a pesares da choiva dos últimos días, no anaco que durou a excursión
non choveu nadiña.
miércoles, 19 de diciembre de 2012
EN DECEMBRO: ANTÓN CORTIZAS
Aínda que este mes
dispuxemos de pouquiños días para ver a obra deste autor, conseguimos sacar tempo para
ler algúns dos seus libriños. A semana pasada estivemos a traballar “Vestida co arco da vella”. “Este queixo, queixolan” gústanos
para que nos fagan aloumiños. “Contín contón” é divertido polas repeticións …
Aínda que “Sopra neste
furadiño” sigue sendo un dos
nosos favoritos... iso de soprar en cada páxina ten o seu encanto.
martes, 18 de diciembre de 2012
CLEOPATRA
Cando soamente temos tres ou catro anos,
pronunciar as sílabas “Cle” ou “tra” resulta difícil, se ademais van xuntas na
mesma palabra o tema se complica. Custounos moito aprender o nome da última
raíña de Exipto, Cleopatra,
pero foi divertido buscar, ler e ver os libros
que temos na nosa biblioteca escolar que falan deste famoso personaxe da historia.
domingo, 16 de diciembre de 2012
ANIVERSARIO DE RUBÉN, BRAIS E AARON
Choiva, moita choiva, vento, alerta por
temporal… pero nós fomos igual á escola e quentiños celebramos os aniversarios de
decembro. Tivemos que festexalo na primeira quincena porque o vindeiro venres
realizaremos a festa de Nadal e xa damos vacacións. Neste mes Rubén cumpriu
cinco anos, Brais catro e Aaron tres. Ultimamente sempre facemos dúas tortas,
unha os pequenos e outra os maiores. Deste xeito en pouquiño tempo temos doce
dabondo para todos, aínda que case nunca sobra. Pero para apagar as candeas gústanos
estar todos xuntos na mesma mesa. Desta volta as candeas fixéronnos rabiar e non se daban apagado, pero sopramos
todos con forza e problema resolto.
viernes, 14 de diciembre de 2012
PREPARANDO A FESTA DO NADAL
Seleccionar unha canción, inventar unha
coreografía, buscar un papel para todos e cada un que se adapte aos nosos
gustos e posibilidades, ensaiar, axudar aos máis pequenos a que non perdan o
ritmo, preparar os disfraces, cortar, probar … ¡canto traballiño extra!... pero ¡que ben o pasamos!.
Para a nosa pequena homenaxe a Miliki estamos preparando "La gallina Turuleca". A maioría das veces as cousas non nos saen como nos gustaría pero o imporante é que
todos participamos, colaboramos e aprendemos o valor do traballo en equipo.
jueves, 13 de diciembre de 2012
O PAPIRO
Cando Mencía levou o dicionario de
Exipto que estamos elaborando entre todos, elixiu a palabra papiro. Nos días seguintes
puxémonos a investigar sobre el. Nun libro, descubrimos que se trata dunha
planta á que os exipcios daban moitas utilidades e co proxector de opacos da
biblioteca puidemos ver todos as ilustracións do texto no encerado. A mestra
contounos que antes a tíñamos no noso xardín, xunto ao estanque, e saímos a
buscala. Agora non está, debeu de secar, pero a mestra Ana foi ao viveiro que
hai preto da nosa escola e tróuxonos unha para observala e despois plantala. A
verdade é que o que máis nos gustou foron as cóxegas que facían as follas cando
nos achegabamos á planta para observala. Neste enlace vimos como
un guía local mostra como se elaboraba o papiro, e mestra Marta deixounos un para
poder comprobar como estaba formado por moitas láminas. Graciñas “profes” Ana e
Marta por axudarnos a coñecer mellor o papiro.
martes, 11 de diciembre de 2012
ENTREGA DE PREMIOS
O curso
pasado, o Ministerio de Educación concedeunos o terceiro premio no concurso nacional de boas prácticas na
xestión e dinamización das bibliotecas escolares.
Despois de case un ano, onte en Madrid por fin tivo lugar o acto de entrega de
diplomas na Biblioteca Nacional, ao que
fomos invitados. Antes da cerimonia recibimos persoalmente as felicitacións do conselleiro
de Educación Xesús Vázquez Abad e do director xeral de Centros e Recursos
Humanos, José Manuel Pinal, que facemos extensible a toda a comunidade
educativa do noso centro (mestres, familias e alumnos). Dende esta páxina,
quería dedicarlle este premio a todas aquelas persoas que, na medida das súas
posibilidades, contribuíron a facer da nosa biblioteca escolar o lugar de goce e
aprendizaxe que é na actualidade.
domingo, 9 de diciembre de 2012
¡ATA PRONTO GLORIA!
Co
cambio de mes chegou o momento de despedirse por un tempo da poetisa que nos acompañou
nas últimas semanas, e fixémolo co seu divertido poema “Doña Pito Piturra”. Pero
tamén toca darlle a benvida ao seguinte escritor, nesta ocasión , Antón
Cortizas. Se co seu libro “Sopra neste furadiño” descubrimos os bicos de
vento, co “Vestida co arco da
vella” mergullarémonos nas cores… pero o primeiro coma sempre, recompilar
os fondos que temos deste autor
na nosa biblioteca. Durante este mes na hora de ler tamén podemos escoller
entre os seu libros, xa vos contaremos cal acaba sendo o noso favorito.
viernes, 7 de diciembre de 2012
GUZEYA
Unha
vez máis o calendario escolar deixounos sen o obradoiro de cociña dos venres.
Para todas aquelas familias que se animen a facelo na casa e decidan mergullarse
no mundo dos fogóns cos cativos, aquí vai a nosa proposta da fin de semana:
Guzeya. Despois de todo o trimestre coñecendo Exipto non podíamos deixar de
lado a súa gastronomía. No libro “Recetas del mundo para compartir” que hai
na biblioteca, atopamos esta receita exipcia. Da man dos sobriños do Pato Donald,
podedes elaborar este sinxelo doce de coco. E para aqueles que non teñan coco
damos outra opción: “Momias
para comer”. En salchicas, pizzas, bocadillos... ou sándwich, como o da imaxe,
que vimos en http://www.conmishijos.com/galerias/bodadillos-divertidos-para-la-merienda-de-los-ninos/sandwich-momia-para-ninos/, de calqueira xeito están ricas e é unha escusa para pasar unha divertida tarde en familia.
E xa sabedes, se vos animades a cociñar, enviarnos as fotos ao enderezo da
escola escoladeleiro@gmail.com
e publicarémolas.
jueves, 6 de diciembre de 2012
LEMBRANDO A MILIKI…
“La gallina turuleca”, “Cómo me pica la nariz”, “Hola, don Pepito”, “Mi barba tiene tres pelos”, “El auto de papá”… Estas e outras cancións marcaron a
infancia de moitos de nós. O pasado mes de novembro Miliki faleceu. Dende a nosa
escola queremos renderlle unha pequena homenaxe a este gran pallaso e artista.
Consideramos que o mellor xeito de facelo é conseguir que os nosos alumnos
tamén coñezan e gocen coa súa música. A nosa festa de Nadal estará dedicada a
el. ¡Benvidos ao circo da tele!.
martes, 4 de diciembre de 2012
A NOSA MAQUETA
Desmontamos
o recuncho
de froitos do outono e xa lle fixemos sitio á nosa pequena maqueta
do río Nilo. As abelás, as noces e as améndoas gardámola para facer unha torta de
froitos secos con nata á volta das vacacións de Nadal. As espigas de millo atopámolas
cheas de bichiños e bolboretas, e decidimos reservalas para investigar sobre
eles en canto podamos. A fariña de millo pasou a converterse na area do deserto,
un anaco de papel de seda sería o río, a herbiña do xardín o delta do Nilo e a
terra fértil, colocamos as
pirámides que construímos a semana pasada e xa está
lista. Pero non queremos despedirnos dos froitos do outono sen ensinarvos as
fotos dun que nos trouxo Martiño e que degustamos fai un par de semanas. As súas
sementes parecen “gominolas”… ¿sabedes xa de que froito falamos?... ¿Cal era o
seu nome?...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)