O vindeiro
día 30 celebrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Este ano quixemos
conmemoralo levado a cabo a proposta da mestra Olalla de educación física de “buscar
sorrisos” para a paz. Clicade na imaxe seguinte e veredes
o precioso vídeo que elaborou cos sorrisos de toda a escola.
martes, 29 de enero de 2019
lunes, 28 de enero de 2019
TESOUROS DO MAR
Xunto
coas receitas son moitos os tesouros do mar que están chegando á nosa escola.
Paseniño iremos vendo todos e investigando ao seu redor. Polo pronto
comezamos creando un pequeno recuncho na aula para eles. Moitas grazas a todas
as familias polo seu esforzo e colaboración, en especial á mamá de Marcos por
traernos os animaliños que atopou nas barriguiñas dos peixes cos que quedamos abraiados.
viernes, 25 de enero de 2019
miércoles, 23 de enero de 2019
POMPAS DE XABÓN
Antes
de Nadal, o anuncio no xornal da
actuación de “Os Falulosos Cleaners” en Vilagarcia, serviunos de escusa para,
ademais de traballar co periódico, experimentar coas pompas de xabón e os obxectos da aula.
domingo, 20 de enero de 2019
O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR
Un ano
máis, a nosa escola participa no programa “O Sabor da Aventura está no Mar” para potenciar entre os meniños unha alimentación saudable. Antes de
vacacións, levaron para casa as seguintes notas que xa están chegando ao colexio cubertas.
sábado, 19 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
O BARCO PIRATA
Coa
axuda da mestra Olalla de música, xa temos montado o barco pirata do Apalpador.
Puxémolo nun recuncho coa casiña e o castelo que nos trouxera en anos
anteriores. Mirade como nos gusta xogar co el.
miércoles, 9 de enero de 2019
OS REGALOS DO APALPADOR
No festival
de Nadal entregamos ao Apalpador as cartas dos meniños co listado das cousiñas que nos gustaría que
trouxera á escola para compartir. Hoxe, mestres buscábamos o calendario do
2019, atopamos os agasallos. Deixounos dous quebracabezas e un barco
pirata que temos que montar, pero xa enredamos cos monecos.
lunes, 7 de enero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)