Mostrando entradas con la etiqueta festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festas. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de mayo de 2024

MAIOS 2024

Aínda que este ano tivemos que aprazar a nosa tradicional festa debido á choiva, a semana pasada por fin puidemos celebrala.

Colares de flores, xogos, cancións, bailes con gaiteiros e unha gran merendola, inundaron un ano máis a nosa escola para darlle a benvida á primavera.





lunes, 19 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024


Este ano os piratas invadiron o noso festival de Carnaval. Grazas ao gran esforzo realizado pola ANPA do colexio, puidemos realizar unhas simpáticas fotografías nos espectaculares photocalls  que prepararon.

Ademais argallaron unha busca do tesouro chea de probas divertidas.


Tras superalas conseguimos o mapa do tesouro, puidemos atopalo e levar a recompensa para casa.

Tamén contamos coa actuación do Mago Paco que veu cargado de contos cheos de imaxinación.


Chegado o momento da merenda, recuperamos forzas con orellas, filloas, rosquillas e outros doces típicos destas datas elaborados con moito agarimo polas familias.

Rematamos a xornada cun desfile e a actuación de todas as escolas baixo a dirección da mestra Olalla de música. 


Moitas grazas a todos o que fixeron posible tan estupenda festa e en especial á ANPA do centro.

viernes, 22 de diciembre de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

 

Un ano máis o noso festival de Nadal veu cargado de teatro, actuacións, xogos, bailes e, por suposto, a visita do Apalpador.




lunes, 6 de noviembre de 2023

FESTA DO SAMAÍN 2023

Unha carreira solidaria, un contacontos arrepiante, unha obra de teatro para morrer de risa, un túnel do terror, unha exposición de cabazas, un saboroso Magosto, bailes, música, disfraces e unha gran merendola. Na festa do Samaín deste curso tivemos de todo. Ata o sol animouse a saír e acompañarnos. Grazas a todos o que colaboraron e fixeron posible esta tradicional festa.








viernes, 30 de junio de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO

Comezamos a xornada cun divertido e emotivo contacontos.

Continuamos saltando e xogando nas conchonetas.


Repuxemos forzas cunha gran merendola. 

Gozamos do lindo coa espectacular actuación de todos os nenos do colexio grazas a mestra Olalla de música.

 Fixemos a entrega de diplomas e orlas aos nonos graduados. E rematamos o día cunha gran festa da escuma.

 Grazas a todos os que colaboraron para que fora posible.

jueves, 23 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

Este curso por fin puidemos volver a celebrar o Carnaval xuntándonos todas as aulas do colexio. O Xurásico e a prehistoria foron os temas centrais dos disfraces de grandes e pequenos.

As familias prepararon uns traxes espectaculares e a ANPA varios decorados impresionantes.



A primeira hora da mañá o Maggo Deimi fíxonos rir e deixounos abraiados coa súa maxia.


Despois chegaron o baile de Entroido e os xogos.


Repuxemos forzas cunha rica merendola e saímos a realizar o desfile pola contorna.


O broche final púxoo a mestra Olalla de musica coa bonita actuación dos meniños a ritmo de bailes que tiñan a prehistoria como eixo central.

viernes, 30 de diciembre de 2022

FESTIVAL DE NADAL 2022

Este curso por fin puidemos volver a celebrar a chegada do Nadal xuntándonos cos nenos de todas as aulas e as familias.


 Tivemos unha maña repleta de actividades: contacontos, badaladas, merendola, visita do Apalpador e as espectaculares actuacións das aulas baixo a dirección da mestra Olalla de música. Grazas a todas as persoas que colaboraron na organización da festa.


A continuación vos deixamos con moito agarimo o divertido vídeo en lingua de signos que editou a mestra Malú. Picade na imaxe inferior para acceder a el.