jueves, 31 de mayo de 2018
domingo, 27 de mayo de 2018
III XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL
Un ano
máis, o pavillón de Sisán converteuse por unhas horas nun impresionante
circuíto con semáforos, pasos de peóns, rotondas e sinais. Os meniños equipados
con bicicletas, patinetes, motos e outros vehículos, puideron circular e
aprender as normas básicas de educación vial grazas á colaboración da DXT, de
Paco de Autoescola Barrantes e ao ciclista profesional Gustavo César Veloso.
Rematamos a xornada cunha divertida actuación de monicreques titulada “Caperucita
peatona y el lobo veloz” a cargo da mestras Montse de Lois e Olalla de educación
física. Graciñas todos polo seu traballo e aos que contribuíron para que estas
xornadas fosen posibles.
domingo, 13 de mayo de 2018
LETRAS GALEGAS 2018
Se na
casa tamén queredes aprender cousiñas sobre a vida e obra de esta autora,
podedes facer clic nas imaxes de abaixo e accederedes ás actividades en liña do Seminario Galán.
sábado, 12 de mayo de 2018
FLORES DE FROITAS
Coma todos os anos, no noso obradoiro de cociña tamén lle
dImos a benvida á primavera preparando unhas nutritivas flores de froita.
jueves, 10 de mayo de 2018
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA
Como outros
anos, esta mañá fomos a Pontevedra a participar nas actividades organizadas para
escolares por Afundación.
A primeira hora asistimos á preciosa representación de teatro de monicreques Antón Comodón. A continuación
vos deixamos un pequeno vídeo resumo da súa actuación.
Despois
de recuperar forzas coa merenda, visitamos o Café Moderno, un emblemático edificio onde vimos a exposición “De mar a mar: O camiño de Santiago en 3D”. Utilizando unhas gafas
vermello-cyan que nos regalaron, conseguimos o efecto das tres dimensións. Rematamos
a xornada participando nun obradoiro onde os rapaces puideron deseñar o seu
cuarto.
sábado, 5 de mayo de 2018
E CHEGOU O GRAN DÍA: I CONGRESO ALIMÉNTATE BEN
Despois de varias semanas organizando o material, facendo
carteis e preparando obradoiros, o xoves chegou o gran día e marchamos cheos de
ilusión ao Pazo de Congresos de Santiago a amosar o noso traballo. Ao chegar déronnos
as acreditacións, montamos o noso stand e comezaron as actividades.
Os meniños, degustaron produtos lácteos, equipados de
cestas realizaron unha compra saudable atendendo á composición do alimentos,
probaron brochetas de froitas, xogaron cos persoeiros do Sabor da Aventura está
no Mar, visitaron os stands dos outros colexios e rotativamente foron
convidando a todos a coñecer o noso. Participaron en diferentes actividades
lúdicas, educativas e deportivas e repuxemos forzas cun nutritivo menú.
Despois do chantar viñeron os xogos e, a última hora a entrega de premios. O xurado concedeunos un accésit, un premio de innovación educativa que non supón contía económica, pero si o recoñecemento como boa práctica educativa digna de mención. Parabéns a todos o que fixeron posible este recoñecemento e a organización do evento polo ben que estivo todo estruturado e coordinado.
Despois do chantar viñeron os xogos e, a última hora a entrega de premios. O xurado concedeunos un accésit, un premio de innovación educativa que non supón contía económica, pero si o recoñecemento como boa práctica educativa digna de mención. Parabéns a todos o que fixeron posible este recoñecemento e a organización do evento polo ben que estivo todo estruturado e coordinado.
A continuación un pequeno resumo de todo o acontecido en
fotos
jueves, 3 de mayo de 2018
O NOSO ESTAND DO CONGRESO NA TVG
Aínda que xa vos contaremos noutra entrada todo o
acontecido hoxe no Congreso, adiantámosvos a reportaxe que saíu na Televisión
de Galicia. Facede clic na imaxe e accederedes ao vídeo.
martes, 1 de mayo de 2018
PREPARANDO O I CONGRESO ALIMENTATE BEN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)