viernes, 19 de junio de 2020

MARTA, TODO CORAZÓN

A pesar da distancia, Marta fainos chegar esta preciosa foto con todo o seu agarimo e un fermoso conto de base: “Así es mi corazón”. Graciñas Marta! Vémonos en setembro!

martes, 16 de junio de 2020

AVALIACIÓN DO TERCEIRO TRIMESTRE

Xa están dispoñibles na Aplicación Abalar da Xunta de Galicia os boletíns coa avaliación do terceiro trimestre. Para máis información aquí.


O AGASALLO DE ROI

Como despedida, Roi mándanos a foto dunha bonita malualidade que fixo para nós e unha mensaxe moi especial para todos. Moitísimas grazas Roi!

viernes, 12 de junio de 2020

GUÍA DE LECTURAS DE JOAN MIRÓ


Debido á suspensión das clases, non puidemos continuar co noso tradicional calendario escolar que este curso dedicabamos a Joan Miró. Pero non queríamos renunciar tamén á recompilación de libros que normalmente facemos nel. Por este motivos editamos a seguinte guía de lecturas na que recollemos todos eses exemplares cos que traballamos pero dun xeito diferente. Esperamos que pronto a nosa biblioteca escolar volva a abrir as súas portas para que todos continuemos gozando deles.

martes, 9 de junio de 2020

O RETO DE MARTA E PABLO

Reto de Marta
Chegou ao correo o primeiro reto dos bocatas de produtos do mar. Seguindo as consignas dos Arroases, temos que adiviñar os ingredientes de dous megabocatas que prepararon Marta e o seu irmán Pablo. Estades listos para xogar? Pois mirande detidamente as fotos que nos mandan e enviarnos ao correo a lista de ingredientes.
Reto de Pablo

O NOME MÁIS LONGO DE TODOS

Xa temos a solución ao reto relacionado cos nomes das nosas familias. Lembrámosvos que había dous finalistas: Ainhoa e Santiago. Marcos confírmanos que o que máis letras ten é Santiago. Pero aínda atopou outro máis longo: María del Carmen!

lunes, 8 de junio de 2020

RAÍÑA DO MES DE XUÑO

Acaba de comezar o mes e xa temos a nosa primeira raíña da froita. Nunha semana xa comeu: melón, sandía, kiwi, piña, amorodos, mango … Toda unha comefroitas!  A ver quen vai ser o seguinte rei ou raíña de xuño, animádevos a conseguilo!

NA PRAIA

Aínda que baixaron as temperaturas, o bo tempo continúa na nosa comarca e son moitas as actividades que xa podemos facer ao aire libre mantendo as medidas de seguridade. Mirade Erik que ben o pasa na praia da casa dos seus avós.

XOGOS CON GLOBOS

Marta e a súa amiga Suevia decidiron por en practica os xogos con globos que o mestre de educación física da nosa escola recomenda. Mirade no vídeo que ben o pasaron e animarvos a practicar coma elas, veredes que divertido.

viernes, 5 de junio de 2020

AVISO IMPORTANTE

O vindeiro mércores día 10 de xuño poderedes acudir ao centro de 10 a 12 horas para a recollida e devolución do material escolar. Activaremos o protocolo de medidas relativas á prevención fronte ao COVI 19 de acordo coa resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación. Estas normas de obrigado cumprimento serán as seguintes:
-          A entrega/devolución do material farase pola ventá da biblioteca que dá á entrada da aula de Leiro.
-          Deberase manter a distancia de seguridade en todo momento e empregar máscara.
-          Soamente unha persoa da familia será a encargada de devolver o libro da biblioteca na súa bolsa e, no caso de que tamén os teñan na casa, a mochila viaxeira da biblioteca, os cadernos viaxeiros e os contos da biblioteca de aula.
-          A titora faravos entrega do material que hai que devolver (carpeta, traballos, cadernos, libros, pandeireta …) nunha bolsa.
-          A persoa encargada de facer a devolución/recollida do material asinará un xustificante. Se queredes podedes traer o bolígrafo de casa para evitar compartir material. No caso de non poder vir ningún familiar ese día, podedes autorizar  a outra persoa.
-          A hixiene de mans será obrigatoria antes de despois da recollida, a estes efectos na ventá haberá un dispensador de solución hidro alcohólica.
-          Non está permitido:
·         O acceso ao interior da escola
·         O uso do patio
·         As reunións de varias persoas no recinto escolar
·         A asistencia dos nenos e nenas
Contactade coa titora no correo electrónico escoladeleiro@gmail.com se tedes calquera dúbida. No caso de que haxa algún cambio comunicarémolo no blog. O profesorado continuará coa actividade telemática. Moitas grazas pola vosa colaboración.

jueves, 4 de junio de 2020

O TEMPO NO CONFINAMENTO


Queredes saber cantos días de sol tivemos durante a corentena? Choveu máis en maio ou en abril? Houbo máis días nubrados que solleiros? Grazas ao rexistro meteorolóxico de Lía, podemos resolver todas estas dúbidas á vez que practicamos as sumas. Animádevos a realizar vos tamén as vosas propias anotacións nos calendarios! E se queredes practicar sumas neste enlace e aquí  tedes varias opcións.

miércoles, 3 de junio de 2020

O RETO DOS ARROASES

Xa temos a solución ao reto comefroita de  Marcos, nola envía Roi ilustrada dun xeito moi chuliño e accederedes a ela picando enriba da imaxe da brocheta desa entrada. Lembrade que podedes seguir enviando novos desafíos engadindo a variada froita de tempada que tedes nesta entrada da aula de Ribadumia B, xa vedes que as posibilidades creativas aumentan. Animádevos a incluílas e crear novos pratos?
Pero agora son Os Arroases os que nos piden participar. Queren que lle poñades as pilas aos bocatas incluíndo as vosas conservas favoritas: atún, sardiña, mexillón, polbo …  Aderezalos ou decoralos como máis vos guste, con leituga, cenoria … Mandade as fotos das vosas creacións e os demais intentaremos adiviñar os ingredientes. Neste enlace  e aquí tedes moitas ideas, incluso podedes poñerlle nome a vosa creación. Listos para xogar?

CALENDARIOS DO CONFINAMENTO


O luns comezou o mes maio e Lía lémbranos que toca empezar un calendario novo. Ela foi cubrindo todos os dos meses anteriores e envíanos os seus almanaques de confinamento. Para os que necesiten axuda coa ficha, neste enlace podedes descargala.

TIBURÓN Á VISTA


Comezan a chegar ao correo da escola os traballos co tiburón peregrino como protagonista. Polo pronto temos un realizado en plastilina por Marcos e un debuxo de Erik . Animádevos a seguir enviando e encheremos esta estrada de quenllas.

martes, 2 de junio de 2020

O MIRONIN DE LÍA

Preséntovos a Lili, o Mironin que onte creou Lía coas súas cores favoritas. Non sei se a noite pasada xa comezou a vivir aventuras na Fundació Joan Miró. No interior de que obra credes que se instalará Lili?  Animádevos a mandarnos un correo coa vosa elección e un debuxo coa vosa propia versión da obra. Neste enlace tedes moitas. Tal vez puido saír do cadro “Mont-roig, a igrexa e a vila” que vos deixo a continuación ou quizás non, a ver que opinades. Tamén podedes crear outros Mironins, escoller o cadro  do que saíu ou contarnos as aventuras que imaxinades para el.

O NOME MÁIS LONGO

Xa temos os resultados dos nomes con máis letras de dúas familias. Na de Roi participaron: Lúa, Yeray, Iker, Hugo, Roi e Ainhoa. Na de Marcos: Santiago, Sandra, Adrián, David, Sito, Carmen, Pilar e Marcos.  Os que máis letras teñen son:  Ainhoa e Santiago respectivamente . E agora o seguinte reto, destes dous, cal é o máis longo?

A NOITE ESTRELADA DE MARCOS

A lúa, as estrelas, o firmamento e unha gama de azuis. Marcos animouse a plasmar no seu debuxo o pequeno anaco do universo que observa dende a súa fiestra como propoñiamos na entrada “Unha horta de estrela”. Para os que necesiten inspiración, a continuación vos deixamos  a obra de Joan Miró “Paisaxe na noite”, seguro que vos motiva.

lunes, 1 de junio de 2020

O TIBURÓN PEREGRINO

Hoxe tamén imos empregar o xornal para coñecer outro animal que estes días saíu nas noticias: o tiburón peregrino. Como podedes ver neste artigo, grazas ao confinamento estase a deixar ver dun xeito pouco frecuente. Pospóñovos descubrir algunhas cousiñas desta quenlla lendo cos meniños a información aparecida nese periódico dixital e vendo as imaxes que ilustran esta entrada e o seguinte vídeo.


Agora con todo o aprendido, seguro que estades preparados para facer un precioso debuxo ou modelalo en plastilina como explican neste vídeo.

ESCRIBINDO CON ARTE


Esta fin de semana de sol e calor, Marta, o seu irmán Pablo, as nosas antigas alumnas Mencía e Suevia e as súas mamás, fixeron unha autentica obra de arte en equipo cos nomes dos nenos da escola. Cunhas cunchiñas, area e moito agarimo, mirade nas fotos que preciosos quedaron. Xogade a buscar o voso, están todos!

OS LINCES DE LÍA E MARCOS


Como propoñiamos na entrada dedicada a apoiar o Día da Internacional da Diversidade Biolóxica, Lía e Marcos estiveron a traballar e aprender cousiñas relacionadas co lince ibérico. Mirades nas fotos que chuliños lles quedaron pintados coas súas cores favoritas.