Hoxe tivemos unha visita moi especial. Lucía tróuxonos un
dos seus coelliños e puidemos observalo durante toda mañá. Ao principio tiña mediño
e deixámolo na súa gaiola tranquiliño sen molestalo. Despois, con cuidadiño para que non nos rabuñara, puidemos acaricialo
e ver o suaviño que ten o pelo. Graciñas a Lucía e a súa familia por compartir
connosco esta experiencia.
Mostrando entradas con la etiqueta Coello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coello. Mostrar todas las entradas
miércoles, 13 de diciembre de 2017
jueves, 23 de mayo de 2013
O COELLO NA HORA DE LER
Dende
que rematamos con Don
Quixote, a nosa bolsiña de lectura veu cargada de libros de coellos. Hai exemplares
que nos axudan a coñecer como nacen, medran ou alimentan, pero tamén contos nos
que os seus protagonistas son estes animais. Na “Colección
sentimientos” un coelliño axúdanos a recoñecer os nosos sentimentos e
reaccións, con cada libro que lemos reflexionamos sobre as situacións nas que
temos medo, enfado, tristeza… e buscamos alternativas que nos fagan sentir
mellor en cada momento. O “O
coelliño Branco” lembrounos os
ricos repolos que cultivamos coa mestra Ana no noso invernadoiro. Coa fábula “Los
dos conejos” descubrimos as consecuencias de perder o tempo discutindo… A
ver mañá que libro de coelliños lemos, todo dependerá do que escolla o
encargado.jueves, 9 de mayo de 2013
ANATOMÍA INTERNA DO COELLO
Despois das visitas o mes
pasado dos coelliños de María, Martiño e a mestra Marina, non podíamos deixar escapar
a oportunidade de investigar e coñecer mellor a estes animaliños. Aínda que xa viramos un pouquiño como eran os
seus órganos internos, o martes, traballamos ao redor deles máis profundamente.
Primeiro lembramos como se chamaban cada un e comparámolos cos dos humanos.
Para poder manipulalos e entendelo mellor, empregamos o torso desmontable que temos en clase. Fígado, cerebro, corazón, pulmón, estómago... os nosos órganos internos son máis grandes ca os do coello pero teñen os mesmos nomes e parecidas funcións.
Co corpo humano era máis doado que co debuxo do coello,
pero mirando atentamente a ilustración do libro, colocar cada etiqueta no seu
lugar correspondente non foi demasiado complicado para os maiores, cos pequenos aínda temos que seguir traballando un pouquiño máis.
sábado, 4 de mayo de 2013
ADIVINANZAS DE ANIMALES
Aínda
que a que escollemos para o mes de marzo é moito máis difícil que as
anteriores, o titulo xa é unha pista. Sacámola da colección “Adivinanzas” da editorial La
Galera, do libro dedicado ás de animais.

Cada unha das adiviñas que aparece no
exemplar, ven acompañada de tres pistas para axudarnos a acertalas. Traballámola o mércores e seguro
que máis dun cativo lémbrase da solución. ¿Quen nos envía un comentario coa
resposta?... se non recibimos ningún, comezaremos coas pistas que proporciona o
libro.
miércoles, 17 de abril de 2013
UN COELLO DE ANGORA

Chámase
Pepiño, parece un peluche pero é un coelliño. Ten tanto pelo e tan longo que
case non se lle ven os ollos nin a boca. Deixase acariñar e móvese pola clase
con soltura. Este tróuxonolo hoxe a mestra Marina, contounos que ten que cortarlle
o pelo de diante dos olliños para que poida ver ben. Xa son tres os que tivemos
en clase e todos diferentes. ¡Graciñas a todos os que nos axudan a ter estas
enriquecedoras experiencias!.martes, 9 de abril de 2013
UNHA VISITA ESPECIAL…
Ou mellor dito dúas, unha onte e outra
hoxe. Trátase de dous coelliños que viñeron a pasar a mañá connosco. O luns
todos queríamos collelo no colo e darlle mimos, pero pronto descubrimos que
eles senten de xeito diferente, teñen medo de nós e, coas súas fortes uñas,
poden rabuñarnos. María contounos que o dela chamase Blanquito e vive no
cortello da súa avoa, tróuxolle verdura para comer pero non probou nin un
chisco.
Cando hoxe recibimos a Rayo, o coelliño de Martiño, xa tiñamos máis
experiencia nesto de coller coellos, sabíamos que era mellor que a mestra nolo
pousara no noso colo, enriba do mandilón, e despois acariñalo cando estivera
tranquiliño. O que aprendemos dende o primeiro día é que despois de tocar os
animais sempre hai que lavar ben as mans. “A hora de
ler” aproveitamos para ver o libro “O coello” que
ten moita información sobre estes animais domésticos. 
Cando hoxe recibimos a Rayo, o coelliño de Martiño, xa tiñamos máis
experiencia nesto de coller coellos, sabíamos que era mellor que a mestra nolo
pousara no noso colo, enriba do mandilón, e despois acariñalo cando estivera
tranquiliño. O que aprendemos dende o primeiro día é que despois de tocar os
animais sempre hai que lavar ben as mans. “A hora de
ler” aproveitamos para ver o libro “O coello” que
ten moita información sobre estes animais domésticos. 
Descubrimos que lles
gusta realizar as súas actividades nas horas do día con menos luz, pola mañá e
no serán, tal vez por iso o de Martiño tampouco quixo comer o penso. No libro
tamén vimos como son os seus órganos internos e o seu esqueleto. Nos seguintes
días seguiremos aprendendo cousiñas sobre estes mamíferos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















