viernes, 30 de junio de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO

Comezamos a xornada cun divertido e emotivo contacontos.

Continuamos saltando e xogando nas conchonetas.


Repuxemos forzas cunha gran merendola. 

Gozamos do lindo coa espectacular actuación de todos os nenos do colexio grazas a mestra Olalla de música.

 Fixemos a entrega de diplomas e orlas aos nonos graduados. E rematamos o día cunha gran festa da escuma.

 Grazas a todos os que colaboraron para que fora posible.

miércoles, 28 de junio de 2023

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Como remate final ao proxecto que desenvolvemos este curso ao redor da prehistoria, visitamos o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Nunha visita guiada, descubrimos os petróglifos, percorremos o poboado da Idade de Bronce e, por suposto, vimos a exposición.

Todo isto acompañados da monitora Carla e as súas explicacións.

Despois de repoñer forzas coa merenda, realizamos un obradoiro onde aprendemos como moían o millo miúdo na antigüidade e sementamos fabas.

martes, 27 de junio de 2023

O ARCO DA VELLA DE ANTÍA E LÚA


Hoxe traemos dúas versións diferentes dunha mesma receita. A proposta era un nutritivo arco da vella de froitas. A nosa cociñeira Antía acadou un resultado espectacular.

 Lúa, ademais dun precioso arco da vella, preparou unhas saudables brochetas cos anacos de froita que lle quedaron. Que boa idea!

lunes, 19 de junio de 2023

CONVIVENCIA 2023

Para os nenos que rematan a escolaridade en infantil, realizamos unha xornada de convivencia cos que serán os seus futuros compañeiros no colexio de primaria.

Ademais da emoción de ir no autobús para familiarizarse co transporte escolar, no transcurso da mañá tiveron multitude de actividades.


miércoles, 7 de junio de 2023