Se queredes practicar exercicios de sopro probade co
divertido xogo que nos enviou Lía ao correo. Un simpático verme feito cun folio
de color dobrado, que cando sopras e aspiras, vaise movendo. Grazas Lía por
compartir connosco as túas ideas.
martes, 31 de marzo de 2020
lunes, 30 de marzo de 2020
¡FELICIDADES ROI!
Hoxe queremos
facer chegar a Roi un mundo de bicos polo seu aniversario. Recibimos no correo
unha foto del cunha iniciativa que nos pareceu preciosa. Como por agora non
pode celebralo na escola cos seus amigos, tivo a xenial de idea de telos
presente a través de globos. Mirade na foto e veredes que cada un ten o nome escrito
dun compañeiro. Unha fermosísima forma de compartir ese día tan especial con
todos.
AVALIACIÓN SEGUNDO TRIMESTRE
A situación de illamento que
estamos a sufrir tamén afecta ao proceso de avaliación do segundo
trimestre. Nesta ocasión, para que poidades
ver as notas dos vosos fillos, é necesario que descarguedes no voso móbil a
Aplicación de Abalar da Xunta de Galicia: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil
No seguinte enlace tedes unha guía por se necesitades
aclarar dúbidas
Para ver o boletín de avaliación do segundo trimestre tedes que
pinchar no nome do voso fillo e despois, pulsando nas tres raias horizontais
que tedes arriba á esquerda, podedes acceder ao menú con todas as funcionalidades
dispoñibles. Aí é onde tedes que ir a cualificacións e despois arriba á 2ª avaliación,
e xa podedes consultar as notas dos vosos fillos.
Se precisades algunha aclaración podedes
chamar ao teléfono do centro (666410195) en horario de 10 a 14 horas de luns a venres.
viernes, 27 de marzo de 2020
NA CASIÑA … XOGOS DE MESA
Parchís,
ocas, dominós, cartas … son moitos os xogos de mesa cos que podemos pasar un
rato moi agradable en familia mentres os meniños aprenden unha chea de conceptos
matemáticos. Ademais traballaremos outras habilidades igual de importantes coma
saber aceptar as normas do xogo ou aprender a perder. Mentres esperamos
recibir fotos de esas inesquecibles partidas en familia, déixovos a da
última vez que xogamos ao dominó na escola.
REI DA FROITA DO MES DE MARZO
Aínda
que esteamos na casiña, temos que seguir coidando a nosa alimentación e darlle
prioridade ao consumo de froitas, verduras e peixes. Podedes continuar anotando
nos álbums dos Comefroitas e dos Arroases e mandarnos as fotos coma fixo Marcos.
Como vedes xa temos rei da froita do mes de marzo, pero sei que hai máis nenos
que conseguiron o obxectivo proposto, enviarnos as fotos e publicarémolas.
jueves, 26 de marzo de 2020
miércoles, 25 de marzo de 2020
NA CASIÑA CON POESÍA
O pasado
21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía. Para conmemoralo dende a nosa
casiña, propoñemos aos meniños que nos envíen un anaquiño do seu poema favorito
e o ilustren. Pode ser de calquera poeta ou inventado. Ou se o preferides enviar
un audio ou vídeo recitándoo como suxiren na aula de Ribadumia. Para quentar motores, publicamos o que eliximos de Rosalía de
Castro para o seu universo e que reescribiron e debuxaron entre todos.
Para os
indecisos nos seguintes enlaces tedes algunhas suxestións
martes, 24 de marzo de 2020
DEPORTE NA CASIÑA
Hoxe vos
traemos esta proposta que nos enviou o mestre de educación física xunto co vídeo inferior que contén unha chea de posibilidades. E para motivarvos,
déixovos a presentación co último día que xogamos ao pañuelo. Así vos lembrades
dos vosos amigos e o mesmo vos animades a xogalo en familia aínda que sexa no
corredor da casa.
lunes, 23 de marzo de 2020
QUEDAR NA CASIÑA… COCIÑANDO
Para estes días nos que a nosa rutina cambiou por
completo, unha boa opción é probar a elaborar diferentes pratos en familia. Cun
pouquiño de imaxinación e paciencia, podemos cociñar pratos divertidos e
saudables. Neste enlace
tedes un vídeo onde sacar ideas cambiando ingredientes e adaptándoos aos vosos
gustos.
Marcos xa
nos mandou ao correo unhas fotos coa súa apetitosa torta de amorodos. Mirade que
boa pinta ten. Animádevos a convertervos en auténticos chefs e enviarnos as
vosas receitas e fotos, publicarémolas no blog para compartir as ideas e
aprender todos xuntos.
Mentres
que van chegando, déixovos a presentación do noso último obradoiro de cociña no
que elaboramos pasteliños de amorodos.
viernes, 20 de marzo de 2020
¡FELIZ DÍA DA NARRACIÓN ORAL!
Hoxe, 20
de marzo, celébrase en todo o mundo o Día da Narración Oral. Un xeito especial de conmemorar a chegada da primavera
lembrando o antigo arte de contar historias, lendas, mitos... Como son días de
quedarse na casa, que bo momento para retomar esas historias que nos contaban
os nosos avós e pasarllas aos nosos fillos. Neste enlace
tedes ao contador Óscar Mora coa proposta dun conto cada día ás 12, a ver que
vos parece. Facendo clic aquí
tedes máis suxestión de contos para ver
e escoitar na rede. Tamén en orellapendella
hai unha chea de ditos, recitados, cancións … para facer en familia.
Lía hoxe
nos manda unha foto co conto que leu e ao redor do que fixo moitas actividades. Ao igual que nós ten ganas de saber dos seus compañeiros. Esperamos que todos esteades ben e que pronto poidamos volver ás aulas.
Neste enlace da aula de Ribadumia B tedes unha chea de álbums ilustrados preciosos que podedes ler en formato dixital. Animádevos a velos e mandarnos comentarios e fotos coas vosas lecturas favoritas destes días.
Neste enlace da aula de Ribadumia B tedes unha chea de álbums ilustrados preciosos que podedes ler en formato dixital. Animádevos a velos e mandarnos comentarios e fotos coas vosas lecturas favoritas destes días.
jueves, 19 de marzo de 2020
A PROPOSTA DE LÍA
Hoxe recibimos
un correo de Lía cunha bonita idea para celebrar o Día do pai con agasallos
feitos na casiña. Mirade nas fotos que bonitos lle quedaron. Mándanos
unha aperta para todos e nós facémoslle chegar unha chea de bicos para toda a
familia. Seguro que para moitos de vós hoxe
foi unha xornada moi especial, se queredes podedes enviarnos fotos e publicarémolas.
Ela xa comezou a
traballar tamén co calendario. Se vos animades a imitala, podedes anotar o tempo que fai como realizamos en clase. Moitas grazas por compartir connosco as vosas
creacións e esperamos seguir tendo mensaxes de todos vós.
miércoles, 18 de marzo de 2020
O MELLOR, QUEDAR NA CASIÑA
Para facer
máis amenos estes días de illamento e que os meniños non perdan os hábitos
adquiridos, a continuación vos deixamos unha serie de propostas que podedes
realizar con eles.
O primeiro
marcar o día no calendario. Tachar os números que pasan e rodear o actual, contar
para intentar adiviñar o nome do díxito sinalado, o do mes e o do día da
semana. Sinalar acontecementos especiais dos vindeiros meses: aniversarios,
comezo da primavera, festas … Contar cantos días faltan para que cheguen.
Ler todos os días un conto ou unha parte del. Escribir o título do conto e ilustralo. Facer un listado cos nomes dos personaxes e debuxalos
atendendo ás súas características
Pegar unha foto que non sirva nun folio e escribir
debaixo: os nomes dos familiares ou
amigos que aparecen na foto, o que estamos a facer, onde estamos...
En cada traballo que realice poñer o seu nome e apelidos
por detrás e a data, por exemplo: mércores,
18 de marzo de 2020. Isto tamén nos servirá de pequeno diario para lembrar o
que aconteceu cando todo isto pase.
Facer listas da compra.
Facer listados de nomes de familiares ou amigos: os que
viven na nosa casa, na casa do primo, os que van ó cole, cos que xogan no
parque...
Todas as
actividades que fagades podedes mandalas ao noso correo electrónico escoladeleiro@gmail.com e
publicaremos as imaxes, seguros que aos cativos lle gusta velas e todos
colleremos ideas novas para realizar.
No blog
da aula de Ribadumia B tamén tedes unha chea de suxestións para estes días.
Podedes visitala facendo clic aquí.
E mais
propostas en
lunes, 16 de marzo de 2020
QUE É O CORONAVIRUS PARA NENOS
Neste enlace déixovos unha proposta para imprimir e traballar as emocións dos nenos ante o virus.
Na aula de natureza tedes diversas actividades para realizar desde casa e
conmemorar o día da árbore e da auga, podedes acceder directamente a elas
facendo clic aquí.
sábado, 14 de marzo de 2020
martes, 10 de marzo de 2020
CALENDARIO ESCOLAR DE MIRÓ
lunes, 9 de marzo de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
domingo, 8 de marzo de 2020
jueves, 5 de marzo de 2020
ANIVERSARIO DE ROSALÍA
Cada 24
de febreiro conmemorase o día do nacemento da escritora Rosalía de Castro
con diferentes actos. Na nosa escola xa vén sendo unha tradición celebralo
cociñando unha torta de amorodos con nata.
martes, 3 de marzo de 2020
XOGOS POPULARES
Como
outros anos, os xoves dedicámolos a
lembrar eses xogos tradicionais cos que enredaban os nosos avós e a aprender
outros máis actuais pero igualmente divertidos. No que vai de ano temos xogado a
moitos, pero ultimamente o noso favorito é “Ratón que te pilla el gato”. Neste enlace podedes escoitar a canción se a tedes esquecida.
lunes, 2 de marzo de 2020
JOAN MIRÓ
Este trimestre e o seguinte imos dedicalo a coñecer ao pintor
das estrelas: Joan Miró. Comezamos esta mañá na biblioteca escolar ollando e
comentando os libros que temos del. Paseniño iremos traballando con cada un
deles e aprendendo aspectos da vida e obra do artista. Benvidos ao mundo
imaxinario deste gran creador.
domingo, 1 de marzo de 2020
REIS E RAÍÑAS DAS FROITAS DE FEBREIRO
Este
mes temos dous reis e unha raíña da froita. Mañá comezamos cos selos de marzo, preparados
para outro mes cheo de comefroitas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)