martes, 25 de abril de 2023

TARROS DE CONTOS

Co motivo do Día do libro, a biblioteca encheuse de tarros de contos. Cada botiño agocha unha historia. Paseniño iremos lendo e vendo cada un dos libros aos que fan referencia.

lunes, 24 de abril de 2023

domingo, 23 de abril de 2023

IMOS AO TEATRO!

Feo foi o título da obra de teatro que fomos ver a Pontevedra o pasado mércores. Un espectáculo inspirado no conto O Paruliño Feo de Hans Christian Andersen.

Ao rematar, merendamos, xogamos un pouco e fomos visitar o edificio do "Café Moderno". Unha construción chea de historia e anécdotas. 

Na fermosa galería realizamos unha postal.

Despois baixamos ao xardín.


Contáronnos curiosidades das persoas que habitaron este inmoble e  quedamos abraiados coa altura das palmeiras.

Rematamos a visita vendo as dependencias interiores e escoitando as explicacións sobre a súa restauración.

jueves, 20 de abril de 2023

A EIRUGA DE BRAIS


A proposta culinaria da fin de semana pasada era unha eiruga.

Con ingredientes do máis saudables, Brais e a súa irmá Lía elaboraron dous pratos espectaculares.

A TODA VELA!!

Hoxe as nosas cociñeiras traen o proceso da realización dunha receita moi sinxeliña e divertida.

O primeiro, preparar os ingredientes.

E ter a receita para comprobar que teñamos todo. 

Despois, necesitamos concentración para conseguir facer as velas.

E listo para degustar!

miércoles, 12 de abril de 2023

COS CINCO SENTIDOS

Ver, oír, tocar, ulir e probar. Os sentidos foron os protagonistas da xuntanza que tivemos na escola.

Comezamos a mañá cun obradoiro de “Ti si que es un bo peixe”. Ademais de falarnos sobre os beneficios de incluír peixes e mariscos na nosa dieta, explicáronnos onde viven estes animais e o proceso que se sigue ata levalos ao mercado.

A través de diversas actividades, descubrimos os nomes de diferentes produtos do mar e as súas propiedades.

Despois de recuperar forzas coa merenda, cantamos e bailamos coa mestra Olalla de música como directora de orquestra.

E rematamos a mañá coa etnóloga Patricia  que nos ensinou como a lingua percibe diferentes sabores. E a través de  xogos, comprobamos a importancia do olfacto e o gusto na identificación de alimentos.