Achegase o verán e, para despedirnos do noso
obradoiro de cociña por este curso, nada mellor que esta fresquiña receita.
sábado, 30 de mayo de 2015
jueves, 28 de mayo de 2015
A PORTA DE BRANDEBURGO NO XORNAL
Vímola
no periódico que nos trouxo José a principios de semana. No recuncho que temos
de Alemaña comprobamos que aparece nunha das imaxes de Rita e en todos os exemplares
que falan de Berlín.
No libro que Carla deixounos para o
recanto, limos que é un dos símbolos de Berlín e aproveitamos para coñecer un
pouquiño das súas características e historia.
miércoles, 27 de mayo de 2015
PARTIDAS EN FAMILIA CO DADO
Dende que empezaramos a familiarizarnos coa resta empregando a puntuación obtida co dado como elemento de
subtracción, falaramos de botar unha partida en familia. Como ultimamente
andabamos enredados con outras actividades, aprazámolo ata hoxe. Esta mañá
estivemos elixindo ás catro persoas da casa coas que íamos xogar. Agora toca esperar
polos resultados.
Os pequenos da clase tamén van botar a súa
partida en familia pero neste caso o gañador será o que saque a cifra máis alta
co dado. Previamente terán que escribir as grafías dos números obtidos por cada
participante. Será unha boa escusa para reforzar eses trazos que se lles
resisten.
martes, 26 de mayo de 2015
REMATAMOS O NOSO CALENDARIO DE VELÁZQUEZ
A semana pasada completamos o mes de xullo
cun “Autorretrato”
do artista e onte, o de agosto, coa obra “Adoración dos Reis Magos”. Coma sempre buscamos nos diferentes libros cada cadro pero
non sempre hai imaxes deles en todos os exemplares. O que gusta máis aos nenos
é recoñecer nas ilustracións as obras que xa traballamos e lembrar o seus
títulos. Pero o feito de atoparnos co rei Baltasar nunha pintura de Velázquez
deunos moito do que falar.
lunes, 25 de mayo de 2015
NA HORA DE LER… ¡PELÍCULAS!
A semana pasada xa rematamos de ler todos os
contiños dos Irmáns Grimm que tíñamos na nosa bolsiña de lecturas. Como non nos
dera tempo de substituílos por outros, decidimos mirar no recuncho que temos
montado na biblioteca dedicado a estes
autores. Comprobamos que, ademais de libros, hai un montón de DVDs con títulos
que descoñecíamos: “Los tres pelos de oro del diablo”, “La bola de cristal”, “La doncella de los
gansos”, “Los dos hermanos”… e outros moitos que coñecíamos a súa versión
impresa pero non a película: “El satrecillo valiente”, “Los músicos de Bremen”…
Sen dubidalo comezamos a escoller cal visionar primeiro. As que vimos ata agora
gustáronnos tanto que optamos por dedicar durante uns días a hora de ler ás
películas dos Irmáns Grimm.
sábado, 23 de mayo de 2015
viernes, 22 de mayo de 2015
UN RECREO ESPECIAL
Hoxe, á hora do recreo, o vento toleirón
sopraba con forza. Cando fomos buscar a mangueira para regar e evitar que o
aire levantara a area e entrara nos ollos, descubrimos que xunto ao invernadoiro
a herba estaba cortadiña e a temperatura era ideal. Inmediatamente decidimos cambiar
o noso campo de xogo para esa zona. Ao principio, os pequenos estaban
descolocados no novo espazo pero, tras uns minutos de adaptación, mirade nas
fotos que ben o pasaron enredando na herba.
jueves, 21 de mayo de 2015
A RAÍÑA DONA MARIANA DE AUSTRIA
Dende que vimos o cadro de “As Meninas” e
varios contos que teñen á infanta Magarita como protagonista, este personaxe
histórico gustou á maioría dos cativos. En diferentes obras de Velázquez recoñecimos
ao seu pai o rei Felipe IV e ao seu medio irmá o príncipe Baltasar Carlos. Faltábanos
a súa mamá, a raíña dona Mariana de Austria, pintura que eliximos para ilustrar
o mes de xuño no calendario escolar que estamos elaborando. Son varios os libros que temos onde aparece recollida esta obra e o luns na nosa visita á biblioteca
escolar estivemos buscándoa en todos. Pero, sen lugar a dúbidas, o exemplar que
Mencía compartiu connosco foi onde a puidemos observar con máis detalle.
miércoles, 20 de mayo de 2015
UN ALIMENTO ESPECIAL…
Hoxe Adrián trouxo para compartir connosco un
agasallo que lle deron á súa familia. Tratase dun pretzel alemán. Limos a
información que nos aportou a súa mamá e descubrimos que se trata dun tipo de galleta ou bolo con forma de lazo e cun
sabor lixeiramente salgado. Escoitamos
no ordenador como se pronuncia esa palabra e intentamos reproducila. Vimos a
súa receita e falamos dos seus ingredientes. Á hora da merenda, despois de
observalo detidamente, partímolo en anaquiños e probámolo todos. ¡Que ben sabía
esa galleta salgada de Alemaña!...
Pero este non é o único alimento alemán que
temos no noso recuncho, Rita trouxo varios paquetes de chocolates de diferentes
sabores. Temos moitas ganas de probalos pero como están envasados podemos
reservalos e traballar un chisquiño ao redor deles primeiro. Moitas grazas ás familias por compartir connosco e axudarnos
a enriquecer o noso labor educativo.
lunes, 18 de mayo de 2015
A CASIÑA DE CHOCOLATE
Agora que o noso amigo Félix volveu a Alemaña, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levar ao noso obradoiro de
cociña un dos contos máis famosos dos Irmáns Grimm. Aínda que non calculamos
ben a cantidade de crema de cacao que necesitabamos e quedaron un pouquiño
escasas, o venres non deixamos nin unha casiña de chocolate sen comer.
sábado, 16 de mayo de 2015
FILGUEIRA VALVERDE NO XORNAIS
Vímolo esta semana, en “El Diario de Pontevedra”
e “La Voz de Galicia”. No primeiro anunciando unha “fotobiografia” que regalan
hoxe co periódico ao mércalo. No segundo limos que axudou a fundar o Museo de Pontevedra
e falamos das pinturas, xoias, mobles, moedas,
instrumentos musicais, útiles da vida cotiá… que nel podemos atopar. Dende aquí
animamos a todas as familias a visitar este museo gratuíto, con espazos como a recreación da cámara da fragata Numancia que poden resultar de interese para os cativos.
jueves, 14 de mayo de 2015
AS LANZAS
“La infantita quiere buñuelos” é o título dun dos libros que a biblioteca municipal de Meis cedeunos en préstamo temporal mentres esteamos a traballar ao redor da
figura de Velázquez. Escollémolo para ilustrar o mes de maio do noso calendario
escolar do autor. Nel cóntanos unha trasnada argallada pola infanta Margarita e
Nicolasito, o anano representado no cadro As Meninas que anda a molestar ao can. A trama comeza cando a princesa quere
tomar o chocolate con buñuelos destinado a súa media irmá e as damas. Pero non
pode … o seu pai, o rei Felipe IV, ten que recortar os gastos da corte para
facer fronte ás débedas da guerra e á mala xestión. Unha delas quedou
inmortalizada na obra “A rendición de Breda, ou As lanzas” de Velázquez que eliximos para o mes de
maio. Entre realidade
e fantasía, gozamos da lectura deste divertido libro á vez que coñecemos algúns
dato da época do pintor.
miércoles, 13 de mayo de 2015
UN LIBRO DE NÚMEROS ESPECIAL
Dende que celebraramos o día do número nas prendas de vestir, comezamos a elaborar un libriño individualizado e personalizado
baseado na nosa vestimenta. Nel, paseniño, recollemos as fotos e os nomes de
todos os nenos, ás grafías que aparecen nas diferentes prendas, como
denominamos cada peza de roupa e como podemos escribir os número empregando
letras.
Agora, cos maiores da aula, andamos co máis difícil, a numeración das
páxinas e e a súa orde respectando esta disposición. Hoxe realizamos a portada
e de paso aproveitamos para lembrar como debemos usar o afialapis. Pronto estará
rematado, despois de tantos meses a voltas con el están desexando levalos para
casa. Por certo, quen se lembra que número esqueceu a mestra incluír na portada
do libriño … A ver quen nos envía un comentario coa resposta.
martes, 12 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS 2015
Este ano o día das letras galegas está
dedicado a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Ao longo desta semana intentaremos que os
cativos se familiaricen un chisquiño coa
figura e obra deste autor pontevedrés. Comezaron onte en informática coa mestra
Araceli vendo e realizando as actividades LIM propostas polo Seminario Galán e que vos deixamos
a continuación por se queren volver a facelas na casa. Soamente tedes que facer clic na imaxe inferior para acceder.
Hoxe estivemos lendo e comentando algúns dos carteis da exposición gañadora do concurso-exposición Letras Galegas 2015, aprendendo a escribir o nome do autor homenaxeado e
facendo un quebracabezas da súa caricatura. Nos vindeiros días continuaremos coas
actividades propostas no libriño
que acompaña aos carteis e coas do equipo de normalización lingüística do centro.
lunes, 11 de mayo de 2015
FELIPE IV A CABALO
O noso calendario escolar de Velázquez
continua avanzando. A semana pasada chegamos ao mes de abril e foron “Las Tres Mellizas” as encargadas de achegarnos o cadro “Felipe IV a cabalo”.
Aínda que tamén observamos a obra en detalle accedendo á galería
on line do Museo do Prado e, por suposto, nos libros que temos na escola, o que máis gustou
aos cativos foi ver a Velázquez pintándoa na animación do vídeo que vos deixamos
a continuación.
viernes, 8 de mayo de 2015
FLORES DE FROITAS
Aínda que a choiva e o mal tempo queren
seguir connosco, no noso obradoiro de cociña tamén quixemos darlle a benvida á
primavera elaborando unhas saudables flores de froitas. A ver se o sol se anima, ven
a merendar á escola e decide quedarse durante unha tempada.
jueves, 7 de mayo de 2015
A FERMOSURA DAS PALABRAS
Achegase o Día da Letras Galegas e na nosa
escola imos celebralo traballando ao redor das palabras máis fermosas da nosa lingua. Trátase da iniciativa que puxo en
marcha a mestra Ana o pasado mes de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Dende entón, un caderno viaxeiro anda visitando os fogares dos nosos
alumnos e cada familia vai escollendo e escribindo a que consideran a palabra
máis bonita da lingua galega. Soamente hai unha condición: non se pode repetir.
Na aula estamos aproveitándoas para enriquecer o noso vocabulario á vez que
aprendemos a súa ortografía e lembramos
os nomes dos compañeiros. A ver si para a semana o noso caderniño remata a súa
andaina e temos a lista definitiva.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)