As propostas ao redor da figura de Rosalía de Castro tamén chegaron á biblioteca.
Xogos co seu nome, quebracabezas co seu rostro e, sobre
todo, actividades cos seus poemas.
As propostas ao redor da figura de Rosalía de Castro tamén chegaron á biblioteca.
Xogos co seu nome, quebracabezas co seu rostro e, sobre
todo, actividades cos seus poemas.
O pasado 23 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro. Como cada ano, unímonos á proposta de cociñar o “Caldo de Gloria” inspirado no seu poema “Miña casiña, meu lar”. Desta volta, acompañamos a receita dun código QR para facilitar o acceso á iniciativa. A través del podedes ver o poema que traballamos en clase e o vídeo onde un bo cociñeiro galego prepárao na na cociña da casa de Rosalía.
O Día de Rosalía pasou a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Dende hai varios anos a Fundación Rosalía de Castro propón conmemoralo lembrando o poema “Miña casiña, meu lar”, no que unha muller pobre consigue facer un humilde caldo de gloria a pesar de que carece de todo. Dende a nosa escola unímonos a esta iniciativa propoñendo a todas as familias elaborar un caldiño. Podedes ler as instrucións que da Rosalía no seu poema, empregar a nosa receita, seguir os consellos de Xoanqui Ameixeiras do vídeo anterior ou facer a vosa propia versión.
A fundación Rosalia de Castro propuxo enviar manteis individuais co poema “Miña casiña, meu lar” aos comedores escolares que fixeran Caldo de Gloria. A mestra Marta de Ribadumia púxose en contacto con eles para informarlle de que, como na nosa non había comedor, as familias fixeran o Caldo de Gloria na casiña. E mandáronnos manteis para todos. Grazas profe Marta!
E xa que andamos a voltas cos mouchos, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levalos ao obradoiro de cociña da fin de semana. Neste enlace tedes unha chea de opcións. Nós decantámonos por unha moi nutritiva a base de froitas. Facendo clic aquí tedes un vídeo co proceso. Pero se sodes máis de sándwichs, no seguinte tedes outra suxestión.
As actividades ao redor da figura e obra de Rosalía de Castro tamén chegaron á biblioteca escolar. Zapatocas preparounos un recuncho con todos os fondos que temos desta autora. A nosa aula aproveitou as últimas visitas semanais a este espazo para lelos e facer actividades de relacionar as portadas cos títulos.
Ademais, a nosa mascota propuxo que cada escola contribuíra a decorar unha das paredes da biblioteca. Con tal fin debíamos empregar poemas da escritora relacionados co mundo animal.
Na nosa aula escollemos o da imaxe anterior e memorizamos a divertida versión musicada por Migallas que vos deixamos a continuación.
Esta semana veu marcada polas actividades ao redor da escritora Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Entre elas, a iniciativa o “Caldo de Gloria” da súa Fundación. Unha proposta inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” no que a poeta explica como facer un caldo. Nesta liña, o venres convidamos ás familias a facer na casa e comer cos meniños un caldiño. Podedes seguir as instrucións que dá Rosalía no seu poema, ou facer a vosa propia receita.
A Asociación de
Escritores en Lingua Galega anima á cidadanía a celebrar o Día de Rosalía regalando
aos seres queridos un libro e unha rosa.
Dende a nosa escola unímonos a esta fermosa iniciativa
adaptándoa as idades dos nosos alumnos. En lugar do libro, os rapaces reescribiron e levaron para
agasallar un anaquiño personificado do fermoso poema “Parece unha rosa”.
A flor, elaborámola empregando os folios reciclados que
decoraramos imitando a técnica de Eric Carle que tanto nos gusta.
Xa chegaron ao correo da escola as primeiras fotos da
elaborada por Noa. Mirade nas imaxes que chuliña lle quedou e como se divertiu realizándoa.
O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de
Castro. Na nosa escola unímonos á celebración do aniversario do seu
nacemento con diferentes actividades. Comezamos quentando motores esta semana
coñecendo un pouco da súa vida e obra cos seus libros na hora de ler.