Xa
sabedes que comer lobos nos encanta, pero hoxe descubrimos que os leóns saben
de medo. Degustamos ata as melenas e comprobamos que a leituga está boísima. Pablo
decidiu que lle gustaría cociñar o conto “O Rei León” e preparou unha receita
tan rica que non deixamos nin migalla. Graciñas a Pablo e a súa familia por
compartir con nós tan rica merendola.
lunes, 31 de marzo de 2014
domingo, 30 de marzo de 2014
CASAS DE TUBOS DE PAPEL
Vímolas
esta semana no diario ABC do día 25. Ao seu creador, o arquitecto Shigeru Ban,
concedéronlle o premio Premio Pritzker 2014 de arquitectura, co que destacaron o seu o
labor humanitaria no deseño e construción de refuxios dignos
e de baixo custo en zonas afectadas por desastres. Despois buscamos máis
información en internet e descubrimos que tamén ten creado pontes,
igrexas,
escolas,
cadeiras,
bibliotecas…
co mesmo material.
viernes, 28 de marzo de 2014
CARAPUCHIÑA VERMELLA
¡Como
nos gusta comernos ao lobo!... aínda que as paredes da casiña da avoa estaban
para chuparse os dedos. Carapuchiña Vermella ía tan bonitiña que daba pena pero…
non puidemos resistirnos á tentación e merendámola enteiriña. As árbores do
bosque pouco a pouco fomos saboreándoas e, ao final estabamos tan cheos, que
non fomos capaces acabarnos o rico camiño… Un millón de bicos para Mencía e a súa
familia por prepararnos un conto tan saboroso. Graciñas.
jueves, 27 de marzo de 2014
XOGANDO SEN XOGUETES…
O
mal tempo volve pero nós continuamos cos nosos xogos tradicionais dentro da
escola. Agora como xa coñecemos moitos, antes de comezar a xogar, facemos un
listado cos que máis nos apetecen para ese día. Ao rematar, para
tranquilizarnos e aprender a relaxarnos, practicamos as posturas de ioga que aprendemos
co libro “¿Quién soy yo?. Yoga para niños de todas as edades”: tartaruga, abrazo de oso, xirafa…
e pouco a pouco imos descubrindo como a respiración nos calma.
martes, 25 de marzo de 2014
HOXE MERENDAMOS…
Un
lobo, tres porquiños, unha casiña de palla, unha de madeira, outra de ladrillos…
¡que rico estaba todo!... non deixamos nadiña. Seguro que con tantas pistas xa
sabedes que conto cociñou Rita coa súa mamá. Dende aquí queremos agradecer ás
familias a súa implicación, paciencia e axuda en todas estas actividades. Un
bico moi forte para todas.
lunes, 24 de marzo de 2014
UN CALENDARIO PARA COCIÑAR…
Este
vai ser o título do calendario escolar 2014 – 2015 que estamos preparando dende
vai un par de semanas. Con cada mes traballaremos ao redor dun libro de cociña
para nenos e recomendaremos unha receita. Coma outros anos, mentres o
elaboramos, intentaremos aprender a escribir a serie numérica ata o 31,
memorizar os nomes dos meses, diferenciar os días laborables dos festivos… pero sobre todo gozar co mundo da gastronomía con
motivo do XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
viernes, 21 de marzo de 2014
miércoles, 19 de marzo de 2014
¡FELICIDADES PAPÁS!
Hoxe
fixemos a nosa particular conmemoración do día do pai lendo contos que teñen ao
noso proxenitor como protagonista. En “P de papá” vimos como un papá, para axudar o seu fillo, é capaz de
transformarse nas cousas máis incribles: nun abrigo, nun colchón, nun
carrusel... Aínda que en “Mi papá es el mejor” tamén descubrimos que hai papás veraneo, papás navideño… ¡ata papás
sobre rodas!. E como non nos deu tempo de ver “Un papá a la medida”, aquí vos deixamos o vídeo por se queredes coñecelo en
familia.
E
non vos esquezades que hoxe ás 18:00 horas comeza a Campaña de Animación á Lectura
da Biblioteca Municipal de Meis, co contacontos para bebés “Palma Repalma” de
Pavís-Pavós.
martes, 18 de marzo de 2014
HOXE PARA MERENDAR…
¡Papá
Oso e o Osiño Pequeniño!... que rica sorpresa nos tiña preparada María. Ela decidiu
que lle gustaría cociñar o conto de “Os tres osiños” e saíulle tan ben a súa
receita que a preparou para nós.
Hoxe
á hora da merenda soamente tíñamos que decidir se preferíamos comer un anaco do
oso grande ou do pequeno, con ou sen nata e, para decorar, Lacasitos.
lunes, 17 de marzo de 2014
FRIDA KAHLO
Esta
é a artista ao redor da cal imos traballar este ano. Hoxe, na nosa visita
semanal á biblioteca escolar, estivemos vendo os libros que temos que falan
desta autora e como facer para localizalos.
Ata final de curso estaremos
coñecendo a vida e obra desta pintora mexicana. Imos crear un novo recuncho en
clase, se na casa tedes: cadros, láminas,
libros, imaxes, postais, xoguetes, DVDs, obxectos, murais, direccións de
internet, CDs, debuxos... relacionados con ela, podedes traelo á escola e
aprenderemos todos xuntos.
viernes, 14 de marzo de 2014
TORTA DE AMORODOS
Dende
o día do 177 aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro, tíñamos
ganas de celebralo coa nosa tradicional torta de amorodos, pero as festas do
Entroido fixeron que o aprazaramos. Hoxe lembramos a nosa poeta favorita
recitando os seus poemas, escoitando o libro-disco “Rosalía pequeniña” e, por
suposto, cociñando unha riquísima torta de amorodos con nata.
jueves, 13 de marzo de 2014
CONTOS PARA COCIÑAR…
Esta é unha das propostas que puxemos en
marcha na nosa escola esta semana con motivo do XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Trátase de elixir un conto
que nos gustaría cociñar, é dicir, para a partir del crear unha receita de
cociña divertida e facela cos nosos fillos. Nun caderno viaxeiro que visitará os
fogares de todos os cativos, as familias deberan axudarlle a seleccionar e
“cociñar un conto”, para despois ilustralo como desexen. Para que vos fagades
unha idea, nas imaxes tedes as propostas das mestras para cociñar “O coelliño Branco” e “Non é fácil pequeno esquío” pero cada un pode realizalo como máis lle guste,
soamente necesitades imaxinación, agarimo e sobre todo ganas de pasar un divertido rato en familia. Para os que necesiten inspiración neste enlace tedes algunhas ideas.
As mestras Janet e Marta tamén se animáron a cociñar contos con nós e estas son as
súas propostas...
miércoles, 12 de marzo de 2014
GUÍA DE LECTURAS DE XAPÓN
Esta
semana daremos por rematado o noso proxecto “Félix en Xapón”, pero non sen antes publicar unha pequena recompilación
de aqueles libros que por algún motivo foron importantes á hora de desenvolver
o noso traballo.
O luns, cando levamos para casa a guía en formato papel, estivemos elixindo o noso favorito: Yoko, Un hipopótamo na bañeira, Al corro de las palabras, marionetas de origami… Aínda que algún non se conformaba con elixir soamente un, case todos tiñan claro cal era o seu preferido. ¿Quen se anima a enviar un comentario contándonos que libro desta guía é o que máis lle gusta e por que, ou que outro nos recomendaría sobre Xapón?.
martes, 11 de marzo de 2014
OS NOSOS XOGOS BAIXO O CARBALLO
Despois
dun inverno cargado de choivas, ventos e temporais, por fin puidemos recuperar
os nosos xogos de roda ao aire libre. ¡Canto tempo levábamos sen poder facelo e
como o botabamos en falta!. Hoxe, gozamos dun marabilloso día primaveral e
fixemos un repaso dos nosos favoritos: Pase misí, Á roda, Guante guante, El
patio de mi casa…
lunes, 10 de marzo de 2014
ADIVIÑA ADIVIÑANZA…
Atopámola no libro “La vuelta al mundo en 180 adivinanzas”, na páxina dedica a
Xapón. Nunha preciosa ilustración da festa das cerdeiras veñen adiviñas en
tarxetas, en ventaíñas e na roda xiratoria. Hoxe a mañá acertámolas case todas
e seguro que vos na casa xa sabedes cal é solución que se agocha detrás da
portiña, agora soamente vos queda mandar un comentario coa resposta.
domingo, 9 de marzo de 2014
COMEZA O SALÓN DO LIBRO
A inauguración terá
lugar o vindeiro venres día 14 pero dende este martes xa haberá algunhas actividades
en diferentes puntos da cidade de Pontevedra. O programa cos horarios e unha
breve descrición de cada evento, xa está colgado na web oficial do Salón do
Libro pero podedes acceder directamente á información clicando aquí.
viernes, 7 de marzo de 2014
COMO ELIMINAR OS ENFADOS…
Descubrímolo fai
unhas semanas, na hora de ler, cando vimos o conto “O segredo de Flora”. Nel, a meniña protagonista, comparte con nós as palabras máxicas coas
que consigue botar fóra do seu corpo os enfados e as ganas de pegar. Tratase de
recitar, mentres sacudimos as mans e os pes, o seguinte texto:
Gustounos tanto a idea que rapidamente empezamos
a memorizala e inventamos un pequeno baile para acompañala. Agora na escola
cando nos enfurruñamos, sacudimos e sacudimos ata quedamos tranquilos e non
queda dentro do noso corpo ningún desexo de berrar, pegar ou estar
malhumorados. Ás veces necesitamos recitalo todos xuntos para que se nos pase
pero case sempre o conseguimos.
jueves, 6 de marzo de 2014
O NOSO CATÁLOGO DE DISFRACES
Estes días de
Entroido os comercios enchen os seus escaparates de antefaces, máscaras e traxes
con propostas para todos os gustos. Na nosa aula, aproveitando os folletos publicitarios,
decidimos crear o noso propio catálogo de disfraces personificando a propaganda. A semana pasada cada cativo elixiu o modelo que quería lucir e, aínda que nos
queda por facer o índice e rematar algún detalle, este foi o resultado
martes, 4 de marzo de 2014
ENTROIDO 2014
O pasado venres
celebramos na nosa escola a festa de Carnaval con Xapón como tema central. Pensabamos
disfrazarnos ao chegar e facer o noso tradicional desfile pola aldea acompañados
das familias pero o mal tempo non nolo permitiu. Coma sempre temos unha
alternativa por se chove, optamos por desenvolver diversos obradoiros ata a
hora da merenda e confiar en que a choiva parara.
O sol non quixo saír pero nós
gozamos igual comendo a infinidade de filloas, orellas, biscoitos, galletas e
doces que con tanto agarimo prepararon nos fogares dos cativos. Ao rematar empezamos
a maquillarnos e colocarnos os quimonos para transformámonos en emperadores e
bandeiras de Xapón, carpas Koi e ata en ricos pratos de sushi.
En canto a
choiva parou dimos unha pequena voltiña ao redor do colexio e rematamos a
xornada bailando todos xuntos. A modo de resumo, a continuación vos deixamos
unha pequena presentación coas fotos mais significativas, se queredes ver máis
podedes visitar a galería de imaxes do colexio clicando directamente aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)