sábado, 27 de marzo de 2021

NOA, RAÍÑA DA FROITA DE MARZO

A nosa seguinte raíña  beneficiouse das propiedades de comer  plátano, mazá, fresas e mandarina. Ademais, este mes animouse a probar as uvas e descubriu que lle gustaban.  Parabéns Noa!

martes, 23 de marzo de 2021

COÑECENDO A FRIDA KALO

 

Co conto “Frida kahlo y sus animalitos comezamos a coñecer unha das pintoras máis importantes da historia. Partindo das mascotas que inspiraron a súa arte, este libro narra a vida da artista mexicana.

domingo, 21 de marzo de 2021

CONTOS PARA UN PLANETA


Durante algo máis dun mes, a hora de ler vai estar chea de contos que nos axudaran a coñecer criaturas imprescindibles para a vida na terra. Tratase da maleta literaria que pon a disposición dos centros educativos o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental). Solicitouna a mestra Ana do aula de natureza e chegou á biblioteca escolar a semana pasada. Xa limos tres libros que nos pareceron preciosos. Ao rematar cada lectura opinamos sobre ela. Temos que avaliar cada exemplar do 1 ao 5 argumentando a nosa decisión. Unha forma de aprender a pensar e inicialos na  critica literaria.

sábado, 20 de marzo de 2021

PROTEXE AOS ANIMAIS


Xa vos comentaramos nunha entrada anterior que este curso estamos a desenvolver o proxecto Protexe aos animais. Cremos que o mellor modo de coidalos é coñecendo as súas características e necesidades. Por este motivo, paseniño,  estamos traballando ao redor de cada unha das mascotas dos meniños da escola. Xa aprendemos algunhas cousiñas sobre os cabalos tendo como protagonista a Furia, a egua de Marta. E sobre os gatos, con Pandora, Era e Duque, as mascotas de Agatha.

Esta semana tocoulle quenda a Luna, á cadela de Hugo. Mirade no vídeo que nos mandou cantas cousiñas nos conta dela. Moitas grazas por compartilo connosco, encantounos.

Nos libros que temos na biblioteca vimos como son os órganos internos e o esqueleto dos cans. Tamén falamos sobre as súas grandes cualidades e o moito que axudan as persoas. Nos vindeiros días continuaremos descubrindo curiosidades do resto das mascotas dos meniños.

martes, 16 de marzo de 2021

MANTEIS PARA O CALDO DE GLORIA

 

A fundación Rosalia de Castro propuxo enviar manteis individuais co poema “Miña casiña, meu lar” aos comedores escolares que fixeran Caldo de Gloria. A mestra Marta de Ribadumia púxose en contacto con eles para informarlle de que, como na nosa non había comedor, as familias fixeran o Caldo de Gloria na casiña. E mandáronnos manteis para todos. Grazas profe Marta!

lunes, 15 de marzo de 2021

viernes, 12 de marzo de 2021

PIZZAS MARIÑEIRAS

E xa que vimos os beneficios de incluír peixes na nosa dieta, esta semana propoñemos elaborar unha pizza con eles dun xeito moi sinxelo e saboroso. Neste enlace podedes ver como a cociñamos na aula o curso pasado empregando pan de molde coma base.

OS ARROASES

 A semana pasada lembramos as aventuras dos Arroases, unha cuadrilla de sete nenos que coñecen moi ben as vantaxes de comer peixe. Na nosa aula tamén queremos beneficiarnos das propiedades destes animais.  Nesta liña, e para fomentar o consumo de peixe, cada día que os meniños traian e coman bocatas de produtos do mar: atún, mexillón, sardiña, polbo  … lograrán un selo para o seu álbum. Cando o completen, Os Arroaces daranlle un diploma e unha sorpresa.

Eric e Marta xa conseguiron o primeiro selo con saborosos bocadillos de sardiña e mexillón respectivamente. A ver quen mais se anima a enriquecer a súa dieta con produtos do mar.


HUGO, O REI DA FROITA DO MES DE MARZO

 

Xa temos o primeiro rei da froita de marzo. Hoxe foi coroado Hugo. No que vai de mes comeu plátano, mandarina, uvas, kiwi e pera. Un auténtico come froitas!

miércoles, 10 de marzo de 2021

lunes, 8 de marzo de 2021

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!

Son múltiples as actividades que dende todos os ámbitos organizase hoxe para conmemorar o Día Internacional da Muller. A mascota da nosa biblioteca tamén quixo celebralo. Preparounos un recuncho dedicado a todas esas mulleres pioneiras que deixaron un legado extraordinario para as seguintes xeracións. Esta mañá, na nosa visita semanal, estivemos vendo moitos deles. Descubrimos mulleres asombrosas nas máis diversas profesión e falamos dos seus logros.

O Concello de Ribadumia tamén se uniu a esta conmemoración. Repartiu chapas con frases inventadas polos nenos dos colexios do municipio.

sábado, 6 de marzo de 2021

PARA MERENDAR… O MOUCHO DE ROSALIA

E xa que andamos a voltas cos mouchos, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levalos ao obradoiro de cociña da fin de semana. Neste enlace tedes unha chea de opcións. Nós decantámonos por unha moi nutritiva a base de froitas. Facendo clic aquí tedes un vídeo co proceso. Pero se sodes máis de sándwichs, no seguinte tedes outra suxestión. 

viernes, 5 de marzo de 2021

ROSALIA NA BIBLIOTECA

 

As actividades ao redor da figura e obra de Rosalía de Castro tamén chegaron á biblioteca escolar. Zapatocas preparounos un recuncho con todos os fondos que temos desta autora. A nosa aula aproveitou as últimas visitas semanais a este espazo para lelos e facer actividades de relacionar as portadas cos títulos.

Ademais, a nosa mascota propuxo que cada escola contribuíra a decorar unha das paredes da biblioteca. Con tal fin debíamos empregar poemas da escritora relacionados co mundo animal. 


Na nosa aula escollemos o da imaxe anterior e memorizamos a divertida versión musicada por Migallas que vos deixamos a continuación.

COMEFROITAS


Co obxectivo de potenciar o consumo de froita entre os meniños, este ano volvemos a poñer en marcha os álbums comefroitas. Cada día que os nenos  traian unha froita para merendar e a coman, gañaran un selo. Os que no transcurso do mes coman ao menos sete pezas, obterán unha coroa e serán nomeados reis ou raíñas da froita dese período de tempo. Non vale traer sempre da mesma clase, animádevos a probar a variedade de cada tempada.