Co obxectivo de potenciar o consumo de froita entre os
meniños, este ano volvemos a poñer en marcha os álbums comefroitas. Cada día
que os nenos traian unha froita para
merendar e a coman, gañaran un selo. Os que no transcurso do mes coman ao menos
sete pezas, obterán unha coroa e serán nomeados reis ou raíñas da froita dese
período de tempo.
Mostrando entradas con la etiqueta Plan proxecta: Faite Eco do Lóxico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan proxecta: Faite Eco do Lóxico. Mostrar todas las entradas
viernes, 5 de marzo de 2021
COMEFROITAS
lunes, 8 de junio de 2020
RAÍÑA DO MES DE XUÑO
Acaba de comezar o mes e xa temos a nosa primeira raíña da froita. Nunha semana
xa comeu: melón, sandía, kiwi, piña, amorodos, mango … Toda unha comefroitas! A ver quen vai ser o seguinte rei ou raíña de
xuño, animádevos a conseguilo!
martes, 26 de mayo de 2020
O RETO COMEFROITAS DE MARCOS
Listos para superar o reto comefroitas de Marcos? El preparou unha exquisita
brocheta. Seguro que sodes capaces de enviarnos un correo cos ingredientes. Se ademais
a comedes, aínda estades a tempo de completar o álbum e convertervos en reis ou
raíñas da froita do mes de maio. E non esquezades que podedes seguir enviando novos retos comefroitas.
miércoles, 20 de mayo de 2020
AS PITAS DE MARTA, ERO E ROSANA
Hoxe imos
xogar coas fotos que nos enviades a partir do conto "As pitas baixo a choiva". Comezamos contando. Cantas galiñas aparecen detrás
de Ero e Rosana?
E agora máis difícil, cantas hai diante de Marta?
E se
xuntamos as de Ero e Rosana coas de Marta, cantas hai en total?
Tócalle quenda aos pitiños de Marta. Canto sodes capaces de contar? Esperamos os vosos correos coas respostas
E agora para celebrar o ben que contades, todos a cantar co seguinte vídeo
Tócalle quenda aos pitiños de Marta. Canto sodes capaces de contar? Esperamos os vosos correos coas respostas
E agora para celebrar o ben que contades, todos a cantar co seguinte vídeo
viernes, 15 de mayo de 2020
AS PITAS DE MARCOS
Ricardo Carvalho Caleiro no seu libro “As pitas baixo a choiva” narra un feito anecdótico da
súa infancia. Conta como un neno descobre desde a fiestra da casa que as pitas
estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao
final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.
Marcos, como o protagonista do relato, tamén ten un galiñeiro na súa casa. Contounos que cando naceron os pitiños quixo coller un para acaricialo. Pero a kica, que defende as súas crías de calquera perigo, mal interpretou as súas intencións e case lle peteira. Marcos tivo que correr para evitalo. Mándanos un debuxo, fotos e un vídeo. Mirade que bonitiños son os pitiños, entran ganas de acariñalos.
Seguro que todos tedes anécdotas, animádevos a compartilas cun pequeno texto ou debuxo.
Marcos, como o protagonista do relato, tamén ten un galiñeiro na súa casa. Contounos que cando naceron os pitiños quixo coller un para acaricialo. Pero a kica, que defende as súas crías de calquera perigo, mal interpretou as súas intencións e case lle peteira. Marcos tivo que correr para evitalo. Mándanos un debuxo, fotos e un vídeo. Mirade que bonitiños son os pitiños, entran ganas de acariñalos.
Seguro que todos tedes anécdotas, animádevos a compartilas cun pequeno texto ou debuxo.
viernes, 27 de marzo de 2020
REI DA FROITA DO MES DE MARZO
Aínda
que esteamos na casiña, temos que seguir coidando a nosa alimentación e darlle
prioridade ao consumo de froitas, verduras e peixes. Podedes continuar anotando
nos álbums dos Comefroitas e dos Arroases e mandarnos as fotos coma fixo Marcos.
Como vedes xa temos rei da froita do mes de marzo, pero sei que hai máis nenos
que conseguiron o obxectivo proposto, enviarnos as fotos e publicarémolas.
lunes, 23 de marzo de 2020
QUEDAR NA CASIÑA… COCIÑANDO
Para estes días nos que a nosa rutina cambiou por
completo, unha boa opción é probar a elaborar diferentes pratos en familia. Cun
pouquiño de imaxinación e paciencia, podemos cociñar pratos divertidos e
saudables. Neste enlace
tedes un vídeo onde sacar ideas cambiando ingredientes e adaptándoos aos vosos
gustos.
Marcos xa
nos mandou ao correo unhas fotos coa súa apetitosa torta de amorodos. Mirade que
boa pinta ten. Animádevos a convertervos en auténticos chefs e enviarnos as
vosas receitas e fotos, publicarémolas no blog para compartir as ideas e
aprender todos xuntos.
Mentres
que van chegando, déixovos a presentación do noso último obradoiro de cociña no
que elaboramos pasteliños de amorodos.
domingo, 1 de marzo de 2020
REIS E RAÍÑAS DAS FROITAS DE FEBREIRO
Este
mes temos dous reis e unha raíña da froita. Mañá comezamos cos selos de marzo, preparados
para outro mes cheo de comefroitas.
sábado, 1 de febrero de 2020
O REI E A RAÍÑA DA FROITA DO MES DE XANEIRO
¡Marcos e
Marta están feitos uns auténticos comefroitas!. ¡Este mes a nosa raína da froita degustou piña, plátano,fresa, mazá, kiwi, pera
e mandarina! O noso rei tomou mazá,
plátano, kiwi e amorodo! ¡Bravo polos comefroitas! Para a vindeira semana
levaremos o listado das froitas de tempada do mes de febreiro. Preparados para
un novo mes cheo de merendas saudables.
jueves, 16 de enero de 2020
OS COMEFROITAS
Esta semana
visitáronnos uns peluxes moi especiais que teñen como obxectivo fomentar o consumo
de froita entre os meniños. Trátase dos comefroitas. Estarán connosco ata finais de curso e trouxeron un álbum para
cubrir con selos cada día que comamos froita. Tamén queren animar aos nenos a incluir variade polo que, quen tome más de catro diferentes ao mes, coneguirá un selo de coroa e será nomeado rei ou raína da froita. Paseniño iremos vendo as moitas
propiedades que teñen estes alimentos e o importante que é consumilos a diario para a nosa
saúde.Hoxe os
cativos levaron para casa as normas de funcionamento e as froitas de tempada do
mes de xaneiro. Se consumimos a froita dentro do seu ciclo natural, gozaremos
dun mellor sabor e das súas vantaxes ecolóxicas.
lunes, 23 de septiembre de 2019
TESOUROS DE OUTONO
Coa
chegada do outono son moitos os froitos que a natureza nos ofrece. Figos,
abelás,
landras, castañas … cada día, nas nosas andainas descubrimos pequenos tesouros
que levamos ao aula e aproveitamos para diversas actividades. Esta é unha das moitas
avantaxes dunha escola rural coma a nosa. A semana pasada empregamos landras para
contar e abelás para xogar a “Rabo de boi”. Hoxe tocoulle quenda as castañas e foron moitas as que apañamos. Nos
vindeiros días repartirémolas e os meniños poderán degustalas na casa ou
gardalas para o Magosto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















