Nesta ocasión a proposta culinaria era "Un osiño durmindo".
O noso cociñeiro Noel meteuse entre fogóns e mirade nas imaxes que ben lle
quedou.
martes, 30 de mayo de 2023
O OSIÑO DE NOEL
lunes, 29 de mayo de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Este ano o Día das Letras Galegas dedicóuselle a Francisco Fernández del Riego. Na
nosa escola realizamos diversas actividades para achegarnos á súa figura.
Comezamos quentando motores coa participación no V
Concurso de Debuxo da ANPA do noso centro.
Pero a que máis gustou aos nenos, foi o xogo de “escapismo”
que nos preparou a mestra Monste na biblioteca e que realizamos coa mestra
Anabel. Debíamos superar varias probas relacionadas coa vida e obra do autor.
Se picades na seguinte imaxe, accederedes as actividades
en liña do Seminario Galán e poderedes seguir aprendendo.
AS RECEITAS DE ANA E NOA
As nosas cociñeiras Ana e Noa animáronse a elaborar dúas
das propostas primaverais desta tempada.
Comezamos cun día de choiva e seguimos coas
imprescindibles flores.
Mirades nas imaxes que nutritivas e lucidas quedan. Animádevos
a crear a vosa flor de primavera con outros ingredientes.
miércoles, 24 de mayo de 2023
VIVA A MÚSICA!
O pasado 12 de maio tivemos un obradoiro moi especial a
cargo da banda de música de Ribadumia. Viñeron a encher a escola de música e
ensinarnos divertidos xogos cheos de ritmo.
Tampouco faltaron as cancións e, por suposto, os bailes.
martes, 16 de mayo de 2023
O ACUARIO DO GROVE
Cabaliños de mar, moreiras, medusas, tartarugas, peixes
pallasos … ata pirañas! Todos estes habitantes do mar puidemos observar na nosa
visita ao acuario, enmarcada dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben.
Acompañados en todo momento polo monitor Borja, descubrimos diversos ecosistemas mariños.
Sen lugar a dubidas, un dos momentos máis especiais da visita, foi a oportunidade de ver de preto as estrelas de mar.
lunes, 8 de mayo de 2023
MAIOS 2023
Para dar a benvida á primavera, celebramos a festa dos Maios. Este ano, puidemos
volver a xuntar a toda a comunidade educativa para construílo e cantar e
bailar ao seu redor. Grazas a todos o que fixeron posible a súa realización.