martes, 23 de abril de 2019
jueves, 11 de abril de 2019
VISITA AO PORTO E A LONXA DE PORTONOVO
Grazas ao
programa “O Sabor da Aventura está no Mar” no que participa a nosa escola, onte
puidemos gozar dunha excursión a Portonovo. Primeiro visitamos a Lonxa, onde
nos explicaron o funcionamento da poxa e realizamos unha
ficticia. Despois vimos o etiquetado dos
produtos e a información que proporciona. Ao rematar, tocoulle quenda ao porto
e mostráronnos os diferentes tipos de redes e aparellos que empregan para
capturar o peixe. E puxemos fin á xornada cunha rica merenda mariñeira para
coñecer os produtos do mar dende o punto de vista culinario.
martes, 9 de abril de 2019
NUTRIAS MARINAS
A noticia publicada en xaneiro no
periódico Faro Vigo sobre as “nutrias marinas”, serviunos de detonante para buscar
información e coñecer algunhas das características deste simpático mamífero.
Vimos varios vídeos, entre eles, no que podedes ver como nacen facendo clic aquí.
Vimos varios vídeos, entre eles, no que podedes ver como nacen facendo clic aquí.
domingo, 7 de abril de 2019
BOTERO NA BIBLIOTECA
Nas
últimas semanas, dedicamos a nosa visita á biblioteca a ver os libros que temos
do artista Fernando Botero e como temos que facer para localizalos. Consultamos
a CDU
e comprobamos que teñen a pegatina rosa e o número 75 porque tratan de pintura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)