Hoxe xa deixamos todo listo para a nosa actuación de mañá. Para os que
están maliños e non poden asistir, a continuación lles deixamos a panxoliña
para que fagan a súa propia versión en familia.
miércoles, 20 de diciembre de 2017
REMATAMOS O TRIMESTRE
Como todos os anos, a nosa escola participou no concurso de postais de Nadal que convoca o Concello de
Ribadumia. Primeiro buscamos
inspiración vendo postais, libros, imaxes e contos que fan alusión ao Nadal.
Despois coa axuda da mestra Ana cada meniño realizou a súa obra. Aínda que non gañamos, quedaron tan riquiñas que as
empregamos como portadas dos traballiños que hoxe os meniños levaron para casa.
Lembrade á volta das vacacións de traer as carpetas para gardar os traballos do
seguinte trimestre.
martes, 19 de diciembre de 2017
OS PAXARIÑOS DE ROI
Na aula de natureza, coa mestra Ana, os meniños están facendo un precioso traballo ao redor das mascotas. A través del, ademais de aprender a respectar e
coidar os animas, estamos descubrindo o agarimo que estes seres espertan en
nós. Hoxe Roi tróuxonos os seus canarios e puidemos ver como comían e cantaban.
Graciñas a Roi e a súa familia por facilitarnos esta bonita experiencia.
CARTAS PARA O APALPADOR
O vindeiro xoves celebraremos o noso tradicional festival
de Nadal no Auditorio de Ribadumia. No transcurso da mañá realizaremos diversas
actividades e recibiremos a visita do Apalpador. Xa temos listas as cartas coas
peticións dos nenos para entregarllas ese día, seguro que fará todo o que poida
para traer un agasallo que guste a todos.
domingo, 17 de diciembre de 2017
jueves, 14 de diciembre de 2017
RECOLLIDA DE XOGUETES
A fundación amigos de Galicia está a realizar unha campaña de recollida de xoguetes e a nosa escola é un dos seus puntos de recollida.
Se estades interesados en doar, podedes deixar o agasallo na caixa que hoxe
decoramos en clase e que estará na porta de entrada ata o luns.
miércoles, 13 de diciembre de 2017
O COELLIÑO DE LUCÍA
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Lucía tróuxonos un
dos seus coelliños e puidemos observalo durante toda mañá. Ao principio tiña mediño
e deixámolo na súa gaiola tranquiliño sen molestalo. Despois, con cuidadiño para que non nos rabuñara, puidemos acaricialo
e ver o suaviño que ten o pelo. Graciñas a Lucía e a súa familia por compartir
connosco esta experiencia.
martes, 12 de diciembre de 2017
CONSUMO RESPONSABLE
Como son os xoguetes seguros, que distintivos deben que
ter, como fabricar un, que alimentos debemos tomar en maior proporción, como
facer unha marabillosa festa de aniversario sen mercar nada … todo isto e moito
máis, aprendemos a semana pasada no obradoiro da Escola Galega de Consumo que se
desenvolveu na nosa escola.
lunes, 11 de diciembre de 2017
O NADAL NA BIBLIOTECA
miércoles, 6 de diciembre de 2017
DÍA DO VOLUNTARIADO
Onte, para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado e dentro do programa Voluntariado miúdo: móvete!, o noso centro participou no encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios. Na Cidade da Cultura de Santiago asistimos á presentación da
guía “Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias” e recibimos os carnés de honra
como voluntarios. Diferentes medios de comunicación fixéronse eco da actividade, nos seguintes enlaces tedes accesos á información e ás fotos: El Correo Gallego, Os Bolechas en Facebook e Televisión de Galicia.
domingo, 3 de diciembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
¡FLOTA!
Xa sabemos que hai obxectos que flotan e outros que se afunden,
pero a semana pasada descubrimos coa plastilina que algúns materiais que se
afunden tamén poden flotar se lle damos a forma adecuada. A auga empuxa as
cousas para arriba e se o peso dos obxectos é menor que o empuxe flotan.
viernes, 24 de noviembre de 2017
miércoles, 22 de noviembre de 2017
PASE MISÍ PASE MISÁ
Hoxe na sesión semanal de xogos, tocoulle quenda á nosa versión de “Pase misí, pase misá”. Neste enlace
tedes a canción por se non vos lembrades dela. Mirade nas fotos que ben o
pasamos.
martes, 21 de noviembre de 2017
NA HORA DE LER… O MAR
O mar e os seus produtos tamén chegaron á hora de ler. Nos vindeiros días a
través de poemas e contiños iremos coñecendo a riqueza do mundo mariño.
lunes, 20 de noviembre de 2017
MINIPIZZAS DE SARDIÑAS
Cos personaxes do programa “O sabor da aventura está no mar” descubrimos que a sardiña
conten nutrientes que nos axudan a ter máis forza. Para conseguila o venres
elaboramos minipizzas de sardiña.
viernes, 17 de noviembre de 2017
¿FLOTA OU AFUNDE?
jueves, 16 de noviembre de 2017
CONCURSO MASCOTA
O concello de Ribadumia convocou un concurso para deseñar a mascota da biblioteca municipal. Onte rematou o
prazo e na escola xa entregamos as nosas propostas, a ver quen resulta gañador.
martes, 14 de noviembre de 2017
MINIPIZZAS DE ATÚN
Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, a través
dos programas “O sabor da aventura está no mar” e “Ponlle as pilas o teu bocata” imos fomentar o consumo de peixe e produtos do mar. Comezamos
a semana pasada cociñando minipizzas de atún.
lunes, 13 de noviembre de 2017
ZAPATILLA POR DETRÁS
Baseándonos na música dos CantaJuegos e cambiando a zapatilla por unha castaña, fai un par de semanas dedicamos
a nosa sesión semanal de xogos á “Zapatilla por detrás”.
viernes, 10 de noviembre de 2017
jueves, 9 de noviembre de 2017
VOLUNTARIADO MIÚDO: MÓVETE!
Hoxe, a nosa sesión semanal dedicada á prensa xirou ao
redor dunha nova aparecida no Diario de Arousa sobre gatiños e cans abandonados . A partir de ela, reflexionamos sobre as necesidades
que teñen estes animais e a importancia de coidalos, protexelos e non
abandonalos. Este curso serán varias as actividades que realizaremos nesta liña
para favorecer a educación en valores solidarios, dentro do proxecto “Voluntariado miúdo: móvete”,
programa no que participa o noso centro.
martes, 7 de noviembre de 2017
O ZAMPÓN
Con este ser fantástico que ten fama de andar polo país
zampando nenos, dimos o venres pasado por rematada a temática da mitoloxía no
noso obradoiro de cocina. Esta semana comezaremos un novo proxecto co obxectivo de
fomentar o coñecemento e o consumo de produtos do mar entre os máis pequenos.
Un programa no que participa a nosa escola dende fai un par de anos a través do
Plan Proxecta Aliméntate ben.
lunes, 6 de noviembre de 2017
NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA
jueves, 2 de noviembre de 2017
GATIPEDRO
Continuando
coa temática mitolóxica no noso obradoiro de cociña, o venres pasado elaboramos un Gatipedro. Este ser mitolóxico
galego fai mexar ós nenos na cama. Ten forma de gato branco cun corno na
cabeza. Vai ás casas polas noites e para nas habitacións nas que hai nenos
durmindo. Entón ponse a verter auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando
o pingar do Gatipedro soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Segundo a
tradición, para espantalo é necesario botar unhas areas de sal diante da porta
do cuarto e a carón da fiestra. O Gatipedro camiña apoiándose, ademais de nas
catro patas, na lingua, polo que cando sente o sabor do sal, dá a volta e deixa
ós nenos da casa en paz.
Pero se en lugar de cociñar un Gatipedro preferides cantar con el, clicade neste enlace.
Pero se en lugar de cociñar un Gatipedro preferides cantar con el, clicade neste enlace.
miércoles, 1 de noviembre de 2017
SAMAÍN 2017
Xogos, cancións, obradoiros, bailes, contos, películas,
merendola, actuacións … na nosa festa do Samaín tivemos un chisquiño de todo
pero, sobre todo, moita colaboración das familias. Moitas grazas a todos e en
especial aos que estiveron toda a mañá asando castañas para delicia dos máis
pequenos.
lunes, 30 de octubre de 2017
domingo, 29 de octubre de 2017
A XACIA DE LUCÍA
Conforme os meniños van traendo os seres mitolóxicos elixidos,
en clase ímolos vendo e facendo unha pequena exposición. Despois con todos os do colexio crearemos un
libriño que poderá verse o día da festa do Samaín e pasará a formar parte da
nosa biblioteca escolar. Para os que aínda desexen participar lembrade que mañá
é o último día. Xa coñecemos a moitos, pero sen
lugar a dúbidas, un dos favoritos é a Xacía. Lucía tróuxonos unha
moi especial que construíu coa axuda da súa mamá. Explicounos que se queredes
facela na casa soamente necesitades un tubo de papel hixiénico e un pouquiño de
imaxinación.
viernes, 27 de octubre de 2017
UN CALACÚ MOI ESPECIAL
A pesar dos anos transcorridos dende que María rematou a
súa etapa de infantil, a súa mamá continúa compartindo xenerosamente connosco
os enormes calacús da horta da avoíña. Cada ano, na véspera do Samaín, aparece
na escola cargada cunha enorme cabaza que esperta o entusiasmo dos cativos. O de
hoxe é tan grande que tivemos que pedir axuda a varias mestras para sacalo do
coche, a ver se o luns somos capaces de baleiralo e decoralo con xeito para a
nosa festa. Moitas grazas Elena pola túa xenerosidade e agarimo. Un bico moi
forte para María e unha gran aperta para a avoíña.
jueves, 26 de octubre de 2017
ANDANDO E MOITO MÁIS
Agora que xa levamos máis dunha semana de andaina diaria
e os pequenos saben máis ou menos camiñar en fila, comezamos a integrar a
observación da contorna e os xogos nos nosos percorridos. Gardar o equilibrio
para evitar caer a un imaxinario río cheo de crocodilos, enredar coa alfombra de
follas que o outono deixou no xardín, descubrir as primeiras setas que empezan
a saír … son algúns dos múltiples estímulos que cada mañá atopamos.
martes, 24 de octubre de 2017
¡FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!
Como xa sabedes, nas aulas andamos a traballar ao redor
da mitoloxía. Para apoiar as diferentes actividades, na biblioteca escolar
creamos un recuncho con todos os fondos relacionados co tema e, para conmemorar
o día das bibliotecas, editamos a seguinte guía de lecturas para dalos a coñecer
entre as familias.
Onte os meniños levárona para casa en formato papel pero
previamente vimos os libros que contiña, falamos dos que xa leramos e miramos
os novos. Cada cativo xa vai tendo os seus favoritos, cando acabemos de traballar
con eles poderán levalos para casa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)