Cando Félix desapareceu no ceo, tanto
Sofía coma nós quedamos preocupados. Pero agora xa sabemos que está ben, aínda
que tivo un aterraxe un pouco accidentado. Contóunolo nunha carta que estivemos
a ler a semana pasada, nela nos di que chegou a Xapón e que vai quedar alá pero…
¿onde está ese país?... en clase estivemos vendo mapas e intentado localizalo. Xa
empezamos a saber que está formado por illas pero ao igual que Félix queremos
coñecer a súa cultura, costumes, gastronomía…
Agora imos montar un recuncho na
aula con todos os materiais que atopemos relacionados co país nipón. Coma sempre,
se tedes na casa contos, libros,
DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos, propaganda de axencias de viaxe, folletos
ou calquera outro material relacionado co tema e adaptado ás idades dos nosos
alumnos, podédelo traer para velo na aula e aprender todos xuntos.