Hoxe xogamos e enredamos cos amigos, limos contos
de Nadal, pintamos e coloreamos, escoitamos e cantamos panxoliñas, rimos cun
contaconto en inglés, tivemos unha gran merendola, recibimos a visita do
Apalpador, actuamos, bailamos … Foi unha mañá do máis completa. Agora toca
descansar e gozar en familia. Volvemos o día 7 de xaneiro. ¡¡Bo Nadal!!
viernes, 18 de diciembre de 2015
jueves, 17 de diciembre de 2015
ENSAIANDO…
“Buscando Papá Noel a árbore de Nadal” é o
título da panxoliña que imos dramatizar mañá no festival. Hoxe os cativos
ensaiaron por última vez e, coma sempre, todos divertímonos facéndoo que é o importante.
Para os que desexen cantala tamén en familia, a continuación vos deixamos o vídeo que prepararon dela para os rapaces do CEIP Isaac Díaz Pardo. Aos meniños
gústalle moito velo e cantar a modo de Karaoke.
Para os que desexen cantala tamén en familia, a continuación vos deixamos o vídeo que prepararon dela para os rapaces do CEIP Isaac Díaz Pardo.
miércoles, 16 de diciembre de 2015
PAPÁ NOEL
martes, 15 de diciembre de 2015
CORRE QUE TE PILLO
Hoxe de novo baseámonos nos poemas de
Federico García Lorca para brincar. Neta ocasión a segunda estrofa de “Los
reyes de la baraja” serviunos para xogar ao pilla e rir pintando a cara dos atrapados.
Para os que non se lembren dos seus versos, a continuación deixamos a versión
musicada de Vicente Monera que tanto nos gusta.
E xa postos a enredar, fixemos un repaso de todos os xogos que aprendemos durante o trimestre, mirade nas fotos que ben o pasamos.
lunes, 14 de diciembre de 2015
PREPARANDO O FESTIVAL DE NADAL
Elixir unha panxoliña, distribuír os
personaxes, deseñar os traxes, recortar, pegar, probar, ensaiar … ¡Canto
traballiño levamos preparando o noso festival, pero canta ilusión esperta nos
cativos!. Como podedes ver no blog do colexio, o vindeiro venres 18 imos celebrar a festa
de Nadal 2015, non esquezades que este ano realizarémola na Casa de Cultura de
Ribadumia polo que os que aínda non trouxeron a autorización cuberta, teñen que
facelo antes do xoves.
sábado, 12 de diciembre de 2015
jueves, 10 de diciembre de 2015
O REI MELCHOR
Despois de cociñar o Rei Gaspar
e o Rei Baltasar, non podíamos deixar atrás o Rei Melchor. Agora xa somos uns expertos en isto de cociñar reis.
Os meniños quedaron coas ganas de elaborar a Papá Noel así que, se vos animades
a realizalo na casa, non dubidedes en enviarnos fotos a escoladeleiro@gmail.com e publicarémolas
no blog.
martes, 8 de diciembre de 2015
O APALPADOR
Onte dedicamos a nosa visita semanal á biblioteca
escolar a lembrar a figura do Apalpador,
ese persoeiro que todos os anos polo Nadal baixa das montañas do Courel a
deixarnos unha morea de agasallos. Son xoguetiños que el mesmo realiza coa
madeira de mellor calidade que atopa. Vimos os seus contos e despois decidimos que xoguete queriamos que nos trouxera à
escola para compartir cos compañeiros. Escribimos as cartas e xa as temos
listas para darllas o día da festa de Nadal se pode vir a visitarnos.
domingo, 6 de diciembre de 2015
¡ATA SEMPRE XOSÉ NEIRA VILAS!
Esta semana os xornais trouxeron unha mala nova, a morte do escritor galego Xosé Neira Vilas. Na nosa biblioteca escolar temos un dos seus libros “Cantarolas”,
que tamén contén versos da súa compañeira Anisia Miranda.
Na nosa aula quixemos renderlle unha pequena homenaxe lendo algúns
dos poemas contidos nesta obra e especialmente “Historia dun grilo”. Neste enlace
da páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas, tedes unha escolma de cancións
compostas e interpretadas por músicos galegos inspirándose nestes poemas. A editorial
Kalandraka acaba de sacar unha nova edición do libro ilustrada por Leandro lamas.
jueves, 3 de diciembre de 2015
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Como todos os anos por estas datas, o
Concello de Ribadumia organiza un concurso de postais de Nadal. A nosa escola participa na categoría de
infantil e o gañador recibirá un agasallo o día 5 de xaneiro ao remate da
Cabalgata de Reis. Nas bases do concurso ven recollido que os traballos teñen
que facer alusión ao Nadal.
Para realizar
ben os nosos debuxos montamos un recuncho con todo o material que atopamos
relacionado co tema: tarxetas, revistas, contos, libros, postais … Os cativos
observaron detidamente todos os fondos que tiñan ao seu alcance e, coa axuda da
mestra Ana, foron decidindo que querían representar nos seus traballos. Na seguinte
presentación podedes ver o resultado.
miércoles, 2 de diciembre de 2015
¡CANTAS NANAS!
A semana pasada, na nosa visita semanal a
biblioteca, descubrimos que no recuncho de nanas hainas de todas clases. E non
soamente para durmir aos meniños, tamén para as gata, os vampiro e
ata… ¡O Coco!. Ese persoeiro tradicionalmente malvado pero que en nós provoca
risa, porque na versión de Gloria Fuertes que tanto nos gusta, é o neno quen
leva a “O Coco” se durme pouco.
Pero, sen lugar a dúbidas, os cantos de berce
preferidos dos cativos son os traídos da casa, eses nos que aparecen eles de pequerrechiños,
co biberón ou a chupeta, no colo de mamá ou papá ou simplemente no berce. Eles
están desexando ensinarllos aos seus amigos e as mestra e, como non podía ser
doutro xeito, empregalos para arrolar a Zapatocas.
martes, 1 de diciembre de 2015
sábado, 28 de noviembre de 2015
NA HORA DE LER… ¡NOVEDADES DE ANDALUCÍA!
Esta semana foron varias
as novidades literarias que viñeron a enriquecer os fondos da nosa biblioteca relacionados
con Andalucía. “¿Dónde cantan los pájaros que cantan?” de Juan Ramón Jiménez, “Cómo se llaman las niñas flamencas”, “Quiero bailar flamenco”, “Mi primer libro de Lorca”, “Juan Ramón Jiménez para niños y niñas… y otros seres curiosos” e da mesma colección o de Federico García Lorca. Como non podía ser doutro xeito, rapidamente comezamos a
dedicar a nosa hora de ler a estas pequenas xoias. Con cada un deles van xurdindo
diferentes actividades que xa vos iremos contando.
jueves, 26 de noviembre de 2015
QUE YO TE QUIERO VERDE
Nunha entrada anterior xa vos contaramos que nos divertiramos memorizando o poema
de Lorca “Romance Sonámbulo” co ritmo flamenco que lle imprime Ketama. O luns
descubrimos un vídeo no que esa mesma canción é empregada para realizar unha
coreografía con motivo do día internacional do flamenco. Non puidemos resistir a tentación e, coa axuda da mestra Olalla,
simbolizamos o ritmo das palmas, simplificamos o baile e puxémonos a practicar
esta rumba flamenca. Se na casa tamén queredes aprender aquí vos deixamos o enlace do vídeo no que nos baseamos.
miércoles, 25 de noviembre de 2015
A NOSA ÁRBORE DE NADAL
O xoves coa axuda da mestra Ana comezamos a
pintar a nosa árbore de Nadal e, coa participación de todos, pouco a pouco,
foi collendo xeito. Hoxe estivemos decorándoa con bolas de diferentes tamaños e
motivos que recortamos e coloreamos ao noso gusto. Aínda nos falta un chisquiño
para remátala pero … ¡con canta ilusión realizan os meniños o traballo!.
martes, 24 de noviembre de 2015
CONTANDO SEMENTES DE CALACÚ
Cando para o Samaín baleiramos a cabaza que
nos trouxo a mamá de María, separamos as sementes da polpa e puxémolas a secar.
A semana pasada xa estaban listas para gardar. Estivemos repartíndoas e empaquetándoas
para plantalas
cando chegue a primavera e intentar ter colleita dabondo.
Primeiro fixemos
sobres reciclando folios que xa non serven. Despois puxemos o noso nome e
anotamos o seu contido. Por último chegou o máis difícil para os máis pequenos,
contar sen confundirse e introducir no sobre o número de sementes acordado … ¿Quen
se lembra cantas había que meter?... A ver quen nos envía un comentario coa
resposta.
lunes, 23 de noviembre de 2015
VERDE QUE TE QUIERO VERDE
Aínda que realmente chámase “Romance sonámbulo”,
a este coñecido poema de Federico García Lorca gústanos chamalo “Verde que te
quiero verde”. A semana pasada estivemos traballando ao redor del e divertíndonos
cantándoo co ritmo flamenco que lle da Ketama na versión que ten con Manzanita. Para ilustralo axudámonos dos libros “Como dibujar animales”
e “Vamos a dibujar… un barco”. Con eles descubrimos como realizar un cabalo e un barco
dun xeito facilísimo e moi xeitoso.
viernes, 20 de noviembre de 2015
jueves, 19 de noviembre de 2015
CANTOS DE BERCE
Con motivo da Semana da
Tradición Oral, na escola andamos a traballar ao redor das nanas. Somos
conscientes que nos últimos anos estase a perder o fermoso costume de cantar
aos nenos para adormecelos ou calmalos. Moitos deses arrolos que acompañaron a
nosa infancia están desaparecendo. Dende a escola pretendemos recuperalos. A
proposta é que axudedes aos vosos fillos a memorizar e escribir na folla que levaron hoxe para casa ese canto de berce, nana ou arrolo
que tanto vos gusta para continuar coa tradición oral e seguir gozando dela.
Para ilustrala tedes que traer unha foto de cando eles eran bebés, se están no
berce ou no colo mellor. Nós escanearémola e despois vola devolveremos. Se
preferides podedes mandala por correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com. Con todas as
vosas nanas elaboraremos un libriño que virá a enriquecer a nosa biblioteca
escolar. Tedes ata final de mes para facelo.
Os que precisen
inspiración, neste enlace do blog do Aula de Ribadumia B teñen varios hipervínculos e vídeos
con arrolos e nanas. A nós gústanos
especialmente a nana do Cuco Cuqueiro do libro “Traca-Traco” que
estivemos traballando e escoitando esta semana na biblioteca escolar pero
seguro que acabamos descubrindo outras preciosas.
miércoles, 18 de noviembre de 2015
LA TARARA
Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, na escola estamos a traballar ao redor dalgúns escritores andaluces. Esta
semana centrámonos no poema “La Tarara” que Federico García Lorca compuxo a partir dunhas coplas populares.
Estes versos, nalgunhas zonas de España, son empregados como xogo de roda que
nós aproveitamos para aprender.
Hai moitas versións musicadas de “La Tarara”,
a continuación vos deixamos a de Antonio Vega que é a que máis nos gusta.
martes, 17 de noviembre de 2015
NA HORA DE LER… ¡ANDALUCÍA!
Poemas ou biografías adaptadas para nenos de grandes escritores como Antonio Machado, Federico García Lorca o Juan Ramón Jiménez; contos de tradicións populares como “La Romería del Rocío”, “La Feria de Abril” ou “La Semana Santa”; libros de consulta de produtos propios da zona como “O aceite” ou simplemente contos divertidos e cargados de despregables como ¿De quén están hechas las niñas flamencas?... Entre todas estas opcións cada día o encargado elixe
lectura. Xa limos varios deles pero ata final de mes na hora de ler …¡Andalucía!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)