martes, 25 de junio de 2013

FESTA FIN DE CURSO 2012-13

Xogos co paracaídas, zancos, cadeiras, patinetes, un gran inchable onde brincar sen parar… case sen darnos conta chegou a hora da merenda: biscoitos, pizza, cereixas, lambetadas, galletas… tanta comida e toda tan rica que non sabíamos por onde empezar. Coa barriguiña chea preparámonos  para as actuacións: O loboferoz, O pastor mentireiro, Jambo Bwana… Con tantas emocións e case sen tempo a reaccionar, tocou despedirse de amigos e mestres… Volvemos en setembro. ¡Feliz verán!.

miércoles, 19 de junio de 2013

ANIVERSARIOS DE XUÑO E VERÁN

Mencía e Gabriel cumpriron anos este mes. Pablo, Carlos, Laura e Paula, terán que esperar ata o verán para estar realmente de aniversario, pero non podíamos deixalos sen celebración na escola. Así que o venres pasado despedimos o noso obradoiro de cociña con festa de aniversario múltiple.

martes, 18 de junio de 2013

OS AMIGOS DE DALÍ

Salvador Dalí coñeceu a Luís Buñuel e a Federico García Lorca na Residencia de Estudantes de Madrid, cidade na que se instalou para estudar Belas Artes. Froito da amizade co primeiro naceu a película surrealista “Un can andaluz”  e o retrato no que nos baseamos para, imitándoo, debuxar aos nosos amigos.

sábado, 15 de junio de 2013

ZEPPELIN

Esta é a máquina na que lle gustaría viaxar a Gabriel. Como moitos dos nenos de clase non coñecían este medio de transporte, buscamos libros que falaran del e atopamos varios datos curiosos. Un deles é que a torre do rañaceos Empire State de Nova York que viramos fai unhas semanas, construíuse para que servise como porto de amarre de dirixibles, pero non funcionou debido ás condicións do vento a esa altura. O accidente do Hindenburg supuxo o fin dos dirixibles como medio de transporte.

miércoles, 12 de junio de 2013

A NOSA REVISTA

O final de curso achégase e os materiais elaborados na escola comezan a marchar para as casas dos pequenos. Sen lugar a dúbidas a revista escolar é un dos que máis éxito ten entre os cativos. Hoxe repartimos o número 12 da nosa revista “Zapatocas” e coma sempre foi recibida con moita ilusión e alboroto . Cada ano pretende ser un pequeno resumo do acontecido no centro durante o curso, esperamos que vos guste.


domingo, 9 de junio de 2013

OREJAS…

Sabedes xa que animal é… Vímola no libroOrejas da colección “Adivina quien es” de Everest, a ilustración que acompaña a cada adiviñanza mostra unicamente as orellas do animal. Ao pasar a paxina pódese saber de que animal se trata e coñecer os seus hábitos e costumes. ¿Necesitades que vos mostremos as orellas do animal ao que fai referencia a adiviña elixida para o mes de xullo, ou xa estades listos para mandar un comentario coa solución?... 

viernes, 7 de junio de 2013

VALENTINA EN NUEVA YORK

Este é o título do conto guía que comezamos a ler a semana pasada na biblioteca. Valentina, a protagonista da historia, consigue unha viaxe a Nova York para ela e o seu amigo Tomás. A señorita Jacinta será a encargada de acompañalos.
Nos vindeiros días descubriremos as súas aventuras na cidade. Por agora traballamos ao redor do título, vimos o mapa guía despregable que ven no conto e levamos para casa un recortable para montar o Empire State con King Kong incluído.

jueves, 6 de junio de 2013

CONVIVENCIA

O pasado 23 de maio, os alumnos do noso centro que rematan este curso educación infantil, asistiron a unha xornada de convivencia cos nenos do CPI Julia Becerra Malvar. Para familiarizarse co transporte escolar, colleron o autobús na parada que está máis preto da nosa escola e foron a coñecer o que será o seu futuro colexio. Unha vez alí, realizaron unha visita polas instalacións do centro, merendaron no comedor escolar e compartiron cancións e xogos cos que serán os seus compañeiros. Xa están colgadas as fotos na galería de imaxes da web do centro, ou se o preferides podedes velas clicando directamente aquí

miércoles, 5 de junio de 2013

LOBOFEROZ

Este é o título do conto no que nos imos basear para preparar o teatro da festa de fin de curso que celebraremos o 21 de xuño. Andamos a traballar ao redor da versión cantada por Almudena Janeiro do libro disco Contos en cantos. Por agora soamente estivemos vendo os personaxes que aparecen e decidindo o que vai facer cada un. Aínda non nos aclaramos, confundímonos e sáenos todo ao revés, pero rimos moito e pasámolo moi ben ensaiando. Se na casa tamén queredes coñecer a historia e aprender esta simpática canción, no seguinte vídeo tédela para que fagades un karaoke familiar.

lunes, 3 de junio de 2013

A FAMILIA DE DALÍ

O pasado 15 de maio celebrouse o día internacional da familia. Nós conmemorámolo coñecendo á de Salvador Dalí a través dos retratos que realizou de cada un dos seus membros. Xa viramos a Felipa, a súa mamá; pero nos faltaba o seu pai Salvador e a súa irmá Anna María. Observando as obras do artista intentamos imitalo debuxando a nosa.