Tras salvar a Aouda, o señor Fogg continúa a súa viaxe ata China. Un dos países máis impresionantes do mundo. Preparados para coñecelo?
lunes, 25 de abril de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
FELIZ DÍA DO LIBRO!
Para celebrar un día tan especial, onte a ANPA da nosa
escola repartiu entre todo alumnado do centro minilibros de Kalandraka. Son contos
de pequeno tamaño pero cun contido e unha forma moi coidada. Ideais para levar
de viaxe.
Dende a biblioteca escolar tamén quixemos conmemorar esta
data tan especial editando a seguinte guía de lectura en
formato dixital.
lunes, 18 de abril de 2022
COELLIÑOS DE PASCUA
Coa creatividade que caracteriza á mestra Olalla, convertemos
uns simples tubos de papel hixiénico en divertidos coelliños de Pascua.
REIS E RAÍÑAS DA FROITA
O pasado mes de marzo todos os meniños conseguiron
converterse en reis e raíñas da froita. A ver se en abril tamén o logramos.
A TORRE EIFFEL DE NOEL
Que difícil é construír a Torre
Eiffel con galletas barquillo! Pero o noso cociñeiro Noel conseguiuno! Parabéns!
martes, 5 de abril de 2022
O COELLIÑO DE PASCUA DE NOEL
Achéganse as vacacións de Semana Santa e con ela chegan as
roscas, os coelliños de Pascua e os ovos de chocolate. Dende as nosas propostas
culinarias da fin de semana, propuxemos elaborar un coelliño de Pascua empregando
saborosas froitas. O noso chef Noel animouse a cociñalo e mirade nas imaxes que
ben lle quedou.
Nese enlace tedes outras saborosas receitas alternativas e igualmente divertidas.
O ELEFANTE DE AARÓN
A Aarón encántanlle os elefantes e animouse a enviarnos a
foto do que cociñou. Mirade na imaxe que nos mandou o ben que lle saíu. Está
feito un cociñeiro espectacular!
AS FLORES DE NOEL
Para darlle a benvida a primavera, fai unhas semanas propuxemos
elaborar unhas nutritivas e saudables flores de froitas. O noso cociñeiro Noel
animouse a realizalas. Mirade nas imaxes que chuliñas lle quedaron.