sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

Este ano, na nosa festa do Samaín, eramos pouquiños, pero o pasamos en grande. A primeira hora, mentres que o sol non quentaba, fixemos sesión de fotos de disfraces e cabazas decoradas.


Despois xogamos en clase a agochar e atopar o zapato da bruxa Patuxa.





En canto o día comezou a quentar, sacamos as mesas fóra e construímos a araña pequeniña.



Case sen darnos conta chegou a hora de comer a merenda terrorífica que prepararon as familias.

Coas forzas recuperadas, continuaron os xogos: guante, guante; carreiras de vasoiras; xogando ao escondite... Pasámolo tan ben e enredamos tanto, que nos faltou tempo para ler os contos de medos e realizar outras actividades que tiñamos preparadas. Continuaremos o martes á volta desta longa fin de semana.



jueves, 29 de octubre de 2020

PANTASMAS E CABAZAS


Achégase a fin de semana e con ela a nosa seguinte proposta culinaria. É tempo de Samaín, así que nada mellor que cabazas e pantasmas de froitas para enchernos de vitaminas.

E a continuación máis suxestións terroríficas para esta ponte festiva.

AS CLASES AO SOL

 

Seguindo as recomendacións sanitarias, aproveitamos o bo tempo dos últimos días para trasladar as actividades escolares ao exterior. Como somos pouquiños, en canto o sol comeza a quentar, sacamos as mesas e as cadeiras e … ¡a traballar ao aire libre!.


miércoles, 28 de octubre de 2020

A CABAZA DE MARTA

Xa chegou a primeira cabaza para a exposición que realizaremos o venres. Mirade que chuliña lle quedou coa súa dobre mensaxe de: "Todo vai saír ben" e "Sentidiño".


martes, 27 de octubre de 2020

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

 

Como xa todos sabedes, este venres celebraremos a nosa particular festa de Samaín na aula. Será diferente á doutros anos pois teremos que respectar todas as medidas sanitarias, pero non por iso menos divertida. Para ir quentando motores, Zapatocas, a mascota da biblioteca, preparounos un recuncho de lecturas relacionadas con esta festividade. Paseniño iremos léndoos e collendo ideas para pasalo de medo.


Comezamos co divertido conto Corre, corre cabaciña. Ademais de gozar coa súa lectura, traballamos a educación documental e vimos que ten o número 8 e a cor amarela porque é un conto. 

Para os que non o coñezades, a continuación vos deixamos a súa versión en vídeo. 

lunes, 26 de octubre de 2020

A ARAÑA PEQUENIÑA


Como nos gusta a todos esta pegadiza canción. Se enriba lle engadimos a mensaxe que transmite de superación persoal, a combinación é perfecta. A semana pasada, demais de traballar ao redor da letra da canción, no patio xogamos a converternos por uns intres na araña pequeniña e tentamos trepar pola barra. É difícil, pero mirade que ben o fan os maiores.



A VASOIRA DE BRUXA DE NOA

 Mirade que ben lle saíu a vasoira de bruxa a Noa, está perfecta.

sábado, 24 de octubre de 2020

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA

 Cada 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas co obxectivo de dar a coñecer o labor que desempeñan. Este ano o seu lema “Bibliotecas, sempre ao teu carón”  céntrase en destacar o importante papel que xogan ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
Na nosa escola tamén nos unimos a esta conmemoración editando a seguinte guía de lectura.

A VASOIRA E O GATO DE BRUXA DE ERIK

Xa temos a primeira creación culinaria da fin de semana. Erik envíanos a súa vasoira de bruxa disposta para voar. E tamén un divertido gato cunhas deliciosas uvas. Que rico!


viernes, 23 de octubre de 2020

VASOIRAS DE BRUXA

 

Preparados para a seguinte receita? Xa cociñamos a araña, a bruxa e o seu gato. Agora fáltanos a vasoira. A continuación vos deixamos a receita e un vídeo explicativo. Pero xa sabedes que hai múltiples versións e sempre podemos deixar voar a nosa creatividade.

jueves, 22 de octubre de 2020

MOITO TINO CO XEL HIDROALCOHÓLICO

 

Hoxe traballamos ao redor da noticia aparecida no xornal La Voz de Galicia sobre un neno que queimou un olliño con xel hidroalcohólico. Vímola no encerado dixital e serviunos para reflexionar sobre as normas de emprego deste produto, as consecuencias do seu mal uso e os accidentes que pode provocar.

miércoles, 21 de octubre de 2020

CURIOSIDADES DAS ARAÑAS

 

LIBROS DE ARAÑAS

 

No recuncho que nos preparou Zapatocas na bibliotecas temos moitos libros que tratan de arañas. O luns, na nosa visita semanal á biblioteca, estivemos véndoos e reflexionado cos meniños sobre o seu contido. Algúns son contos, cos que nos divertimos e teñen unha pegatina amarela e o número 8. Pero outros, son libros de consulta que serven ademais para buscar información. Nestes últimos, a cor da súa pegatina é verde porque tratan da natureza e o número 59 porque falan de animais.

domingo, 18 de octubre de 2020

O GATO DE MARTA

 

Marta envíanos unha preciosa versión de corpo enteiro do gatiño. Está tan chuliño que case da pena comelo. Parabéns Marta!

A BRUXA E O GATO DE NOA

Xa temos o primeiro resultado da nosa proposta culinaria desta fin de semana. Noa elaborou unha divertida bruxa e o seu gato. Está feita unha auténtica cociñeira.

sábado, 17 de octubre de 2020

CHOIVA DE FOLLAS

As nosas andainas diarias están cheas de pequenas sorpresas que os cambios da natureza nos ofrece. Unha das nosas favoritas nestes fermosos días de outono é a choiva de follas das árbores.


viernes, 16 de octubre de 2020

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020

O concello de Ribadumia vén de convocar o seu tradicional concurso de postais de Nadal no que participamos todos os anos. Coa axuda da mestra Ana, cada meniño comezou a realizar a súa proposta que están a quedar tan riquiñas como a da imaxe.

Lembrade que soamente se pode presentar un único traballo, se ides participar dende a casa, debedes comunicarllo á titora para non presentar postal dende a escola.

O GATO DA BRUXA

Chega a fin de semana e con ela a nosa proposta gastronómica. Xa que cociñamos a araña e a bruxa, non podíamos deixar atrás o gato que as adoita acompañar. Neste enlace tedes o proceso de como o realizamos en cursos anteriores e aquí outras moitas versións. Animádevos a cociñar en familia e mandarnos as fotos ao correo de clase.