Noel xa lle ten atopado o lugar ideal ao seu nome na casiña. El optou polo
salón, o espazo que máis usa. Quedoulle perfecto no andel! A ver se alguén máis se anima a enviarnos o sitio
escollido.
jueves, 29 de septiembre de 2022
O NOME DE NOEL
miércoles, 28 de septiembre de 2022
TESOUROS DE OUTONO
Coa chegada do outono o parque da nosa escola énchese de
pequenos tesouros: castañas, ourizos, landras, follas de diferentes formas,
tamaños e cores … Con eles cada día a hora do recreo convértese nun recurso cheo
de posibilidades didácticas que aproveitamos de diversos xeitos.
A semana pasada a recollida e o reparto de castañas
serviunos para traballar as cantidades e o reconto. Cada meniño levou cinco
para casa. Se vos animades a cociñalas podedes enviarnos fotos ao correo e
comentarnos se estaban ricas.
Ás veces, desprender as castañas dos ourizos sen picarse tamén é todo un esforzo de coordinación.
As castañas gordas hainas que separar das planas que carecen de valor culinario, pero teñen un potencial impresionante para a creatividade artística. Mirade na imaxe que estegosauro máis espectacular fixeron Noa e Aarón empregando as castañas planas para as púas do lombo e as landras para as patas.
martes, 27 de septiembre de 2022
OS COCHES DE UVAS DE LÚA
Xa temos outra cociñeira na nosa escola. Lúa e o seu
irmán Roi tamén se animaron a elaborar a proposta culinaria da semana pasada. Que
coches máis ricos!
lunes, 26 de septiembre de 2022
¿SOY TUYO?
Hoxe na nosa visita semanal á biblioteca, Zapatocas tiñanos preparado este bonito conto. Con el comprobamos que non todos os dinosauros son iguais e decidimos comezar a investigar ao redor destes impresionantes seres. Preparados para acompañarnos?
OS COCHES DE UVAS DE ANTÍA
Antía tamén animouse a elaborar os coches de uvas que
propuxemos a semana pasada. Mirade nas fotos que nos enviou que chuliños lle
quedaron. Grazas Antía por compartir as imaxes connosco!
sábado, 24 de septiembre de 2022
O COCHE DE UVAS DE BRAIS
Aproveitando que é tempo de vendima e as uvas están no
seu mellor momento, inauguramos as nosas propostas culinarias da fin de semana
cunha divertida receita: un coche de uvas.
Brais, coa axuda da súa irmá Lía, xa se animou a elaborala.
Mirade nas fotos que nos mandou que chuliño lle quedou.
Grazas familia por compartir as imaxes connosco!
O NOME PROPIO
Coma todos os anos, o nome propio é o primeiro texto ao redor do que comezamos a traballar na aula. Para o alumnado de infantil é un texto sinxelo, curto e cheo de contido. En clase estamos vendo como se escribe o de cada neno, contando cantas letras teñen e outras actividades a través dun pequeno proxecto que desenvolveremos nas vindeiras semanas.
Se vos apetece, na casa tamén
podedes facer as mesmas propostas pero cos nomes da familia. E non esquezades
colocar nun lugar visible o cartel que levaron os nenos para casa co seu nome escrito.Se vos animades podedes enviarnos unha foto do lugar escollido a escoladeleiro@gmail.com e publicaremos
as imaxes. Seguro que aos cativos lles gusta velas.
jueves, 22 de septiembre de 2022
FELICIDADES MARIA!
Por fin chegou o día polo que María levaba semanas
agardando. Hoxe cumpriu 5 anos e en canto chegou á escola quixo preparar a súa
torta de aniversario. Parabéns!
martes, 20 de septiembre de 2022
A BIBLIOTECA ESCOLAR
Rematado o período de adaptación dos novos alumnos, esta
semana comezamos co horario habitual de actividades. Onte foi o día de visita á
biblioteca escolar. Alí recibiunos Zapatocas, a mascota, puidemos ver unha chea
de libros e levar para casa o que máis nos gustou.
domingo, 18 de septiembre de 2022
BENVIDOS AO CURSO 2022/23
Tras o período estival chega a volta ao cole. É o momento
do reencontro cos amigos do curso anterior e de coñecer aos novos compañeiros. O
primeiro día arroupados polas familias pero, enseguida, coa autonomía que dá a
confianza do ambiente seguro.
Nesta primeira semana os pequenos foron coñecendo espazos
e actividades. Os maiores retomando a rutina escolar.