martes, 30 de enero de 2018

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Como xa vos comentaramos nunha entrada anterior, cada 30 de xaneiro, en memoria do nacemento de Castelao e para salientar o papel dos ilustradores, celebrase o día da ilustración. Desde a biblioteca escolar quixemos conmemóralo editando unha guía de lectura dedicada Óscar Villán. 

Nela aparecen recollidos os libros ao redor dos que andamos a traballar na aula e que temos na nosa biblioteca escolar.

martes, 23 de enero de 2018

MARÍA “LA COCOTERA”

A semana pasada, a nosa sesión semanal de xogos dedicámola a practicar o baile da canción “María la Cocotera”. Aínda que xa a traballaramos o trimestre pasado, non tivemos tempo de aprender ben o baile. A continuación tedes o vídeo por se queredes practicar na casa.

lunes, 22 de enero de 2018

ZAPATOCAS E OS ARROASES


Hoxe Zapatocas tíñanos preparada unha sorpresa na biblioteca. Xunto cos seus amigos Os Arroases montara un recuncho sobre o mar. Ademais de libros e contos, había un gran cofre con cunchas, folletos, peixes, trípticos e material do máis diverso. Tamén atopamos unha carta da nosa mascota na que nos pedía axuda para atopar un libro. Mediante pistas que nos axudaron a reflexionar sobre como están organizados os fondos da biblioteca, conseguimos encontrar o exemplar entre todos. 

lunes, 15 de enero de 2018

SABELA E AS ZOCAS MÁXICAS

Nas nosas últimas visitas á biblioteca escolar descubrimos a Sabela, a protagonista do conto “Sabela e as zocas máxicas” ilustrado por Óscar Villán. Da súa man e a través do desenvolvemento do ProxectoTerra, pretendemos que os meniños melloren o coñecemento que teñen do lugar no que habitan.

domingo, 14 de enero de 2018

ÓSCAR VILÁN


Segundo o calendario 2018 do libro e da lectura, o vindeiro día 30 de xaneiro conmemorase o día da ilustración. Na nosa escola imos dedicalo ao ilustrador Óscar Villan e son moitas as actividades que estamos realizando ao seu redor. Dende pricipios de curso na biblioteca creamos un recuncho con todos os fondos que temos e durante os próximos días os libros por el ilustrados serán os protagonistas na nosa hora de ler.

sábado, 13 de enero de 2018

O AGASALLO DO APALPADOR


Este ano o Apalpador sorprendeunos deixándonos na aula un bonito castelo despregable con bonecos de madeira. A mestra Ana axudounos a montar a casiña que nos regalara fai tempo e xuntamos todas as pezas. Agora temos un recuncho cheo de figuriñas coas que lles encanta enredar aos meniños para montar as súa propias historias.