A pesar
da choiva, o pasado venres asistimos á xornada de exhibición de deportes organizada
polo Concello de Ribadumia. Durante toda a mañá, en sesións de 15 minutos, puidemos coñecer e practicar tenis,
baloncesto, capoeira, lanzamentos, fútbol, ioga, pole dance e tenis de mesa. Mirade nas fotos que ben o pasamos.
domingo, 29 de septiembre de 2019
miércoles, 25 de septiembre de 2019
¡AO RICO BOCATA!
Xa están
en marcha os álbums para converterse en Capitán Arroaz. Co obxectivo de fomentar
o consumo de peixe, cada martes, os meniños que traían e coman bocatas de
produtos do mar: atún, mexillón, sardiña … lograrán un selo para o seu álbum. Cando
o completen, Os Arroaces
daranlle un diploma e unha sorpresa.
martes, 24 de septiembre de 2019
COÑECENDO A ZAPATOCAS
Onte comezou
a funcionar a nosa biblioteca escolar. Cada luns pasaremos parte da xornada nas
súas instalacións realizando diversas actividades. Empezamos presentando a nosa
mascota Zapatocas aos novos alumnos e actualizando e personificando os carnés
de biblioteca. Despois, cada neno escolleu un libro para levar a casa, menos ao
que lle tocou a mochila viaxeira. Esta última irá pasando por todos os fogares
e ten como obxectivo dar a coñecer algúns dos fondos e materiais dispoñibles.
lunes, 23 de septiembre de 2019
TESOUROS DE OUTONO
Coa
chegada do outono son moitos os froitos que a natureza nos ofrece. Figos,
abelás,
landras, castañas … cada día, nas nosas andainas descubrimos pequenos tesouros
que levamos ao aula e aproveitamos para diversas actividades. Esta é unha das moitas
avantaxes dunha escola rural coma a nosa. A semana pasada empregamos landras para
contar e abelás para xogar a “Rabo de boi”. Hoxe tocoulle quenda as castañas e foron moitas as que apañamos. Nos
vindeiros días repartirémolas e os meniños poderán degustalas na casa ou
gardalas para o Magosto.
domingo, 22 de septiembre de 2019
OBSERVANDO A LÚA
Mirade que
fotos máis bonitas da lúa chea enviounos a mamá de Marcos. Agora xa a temos en
cuarto minguante, pero … por que cambiou de forma? Como o fixo? O seguinte
vídeo, que veremos mañá na clase de informática, responde a estas e outras
preguntas.
Animádevos a seguir mandando fotos e a observar detidamente o ceo cos vosos fillos, seguro que quedades abraiados.
miércoles, 18 de septiembre de 2019
COMEZAMOS COAS ANDAINAS
Un ano
máis, imos a sumarnos á idea das escolas da milla coa nosa propia versión
adaptada as idades dos nosos alumnos. Co obxectivo de evitar o sedentarismo, cada
día sairemos a camiñar pola contorna escolar ata sistematizar un quilómetro
diario. Deste xeito, ademais de evitar a tan prexudicial obesidade infantil,
serviranos de adestramento para a final de curso facer o anaquiño do Camiño de Santiago que pasa pola nosa localidade.
viernes, 13 de septiembre de 2019
LÚA CHEA
Con motivo do 50 aniversario da chegada do home á Lúa, este curso faremos un proxecto que terá este
satélite coma protagonista. Hoxe, cos meniños, vimos no calendario da escola
que esta noite haberá lúa chea e comezamos a falar dela. Aproveitando o bo tempo,
animamos a todas as familias a que esta noite dediquen uns minutiños a
observala cos nenos. Se vos animades podedes quitarlle fotos e mandalas ao
correo da escola escoladeleiro@gmail.com
. Publicaremos as imaxes neste blog, seguro que aos meniños lles gusta velas e comparala
coas dos seus compañeiros. Paralelamente na aula serviranos de detonante para
comezar a investigar e a aprender cousiñas sobre este astro.
Mentres que os maiores da
clase van quentando motores, os pequenos continúan co seu período de adaptación
ampliando o número de horas de permanencia na escola e facendo novos amigos.
jueves, 12 de septiembre de 2019
A VOLTA AO COLE
Aínda que
onte foi o primeiro día de escola, os meniños acudiron á escola arroupados
polas súas familias e tivemos unha xornada escolar informativa e de adaptación
ao novo curso escolar. Hoxe os maiores xa acudiron en horario completo e os
máis pequerrechiños continuaron co seu período de adaptación. Paseniño iremos
collendo ritmo e retomando todas as actividades.
jueves, 5 de septiembre de 2019
BENVIDOS AO CURSO 2019-20
Tras a
parada estival xa estamos de volta para darvos a benvida ao novo ano escolar. Lembrámovos
que o vindeiro mércores día 11 ás 10:00 horas teremos a reunión de princio de curso onde
falaremos de todo o que temos programado. Non esquezades vir acompañados
dos nenos, haberá unha mestra para estar con eles facendo actividades mentres
nós falamos. Aos novos alumnos serviralle para ter un primeiro contacto coa
escola arroupados pola súa familia e aos maiores para comezar con máis ganas.
Para os que desexen ir organizándose, arriba teñen o calendario escolar e, a continuación, o
horario do período de adaptación dos novos alumnos.
Se tedes calquera dúbida podedes chamar ao colexio ou
enviarnos un correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com.
Para ver mellor as
imaxes, facer clic enriba delas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)