Traballando ao redor da India, descubrimos que aman moito
aos elefantes e gustan de decoralos e facer desfiles con eles.
E como xa sabedes que nos gusta a cociña, propuxemos elaboralo coa seguinte receita sinxeliña. A ver quen se anima a realizalo.
Traballando ao redor da India, descubrimos que aman moito
aos elefantes e gustan de decoralos e facer desfiles con eles.
E como xa sabedes que nos gusta a cociña, propuxemos elaboralo coa seguinte receita sinxeliña. A ver quen se anima a realizalo.
O mércores pasado tivemos outra visita especial. Veu Maruxa,
unha hixienista dental a falarnos da importancia de coidar a nosa dentadura. Contounos
unha chea de curiosidades sobre os dentes dos animais do mundo e da importancia
da alimentación no seu coidado.
Da súa man aprendemos que temos que lavarnos os dentes
tres veces ao día e durante tres minutos. Para practicar tróuxonos unha boca
xigante e un cepillo. Lembrounos que, nesta tarefa de hixiene bucal, non
podemos deixar atrás a lingua, onde se acumulan multitude de xermes.
Para rematar deixounos unha bolsiñas con agasallos,
consellos e unhas saborosas receitas para preparar merendas saudables.
O mércores
pasado recibimos unha visita
moi especial. Os científicos Mar,
Roi e Antonio viñeron a falarnos sobre a alimentación saudable e importancia
que teñen os produtos do mar nela.
Ensináronnos diferentes tipos de peixes e mariscos e a maneira de pescalos e cultivalos. Cada un deles aporta diferentes nutrientes ao noso organismo e debemos de comelos tres veces á semana. Un xeito divertido de consumilos é a través de conservas.
Para
que probásemos o ricos que están, prepararon deliciosos bocatas de sardiña con
queixo, leituga e tomate para todos. Por si todo isto fora pouco, trouxeron
agasallos e folletos informativos que levamos para casa.
Alá polo
mes de xaneiro, a partir do contiño De que cor é un bico?, comezamos a traballar
ao redor dos bicos. Cada meniño escolleu unha cor coa que representar os seus. Con
todos eles creamos un mural cos nosos desexos de paz.
O noso viaxeiro Fogg chegou á India, un impresionante
país onde as vacas son sagradas. No
capítulo 6 da famosa serie televisiva "A volta ao mundo en 80 días", vimos as
consecuencias para Tico e Rigodón de non tratar estes animais co seu debido
respecto. Pero a nós serviunos de inspiración para a proposta culinaria da semana pasada.
A Noa gústanlle as filloas de colores. Azul, vermella,
amárela, verde.. e ata gris. Se queredes aprender a facelas, mirade as imaxes e
o vídeo que nos enviou de todo o proceso. Grazas Noa por compartir connosco a
túa receita.
Na nosa biblioteca escolar temos unha chea de libros de literatura infantil pero tamén moitos fondos onde buscar diversa información. Hoxe aproveitamos a nosa visita á biblioteca escolar para ver onde están situados os libros de Exipto. Comprobamos que todos teñen pegatina branca e o número 9 porque tratan de xeografía e historia.
O Entroido chega ao seu fin, e nada mellor que despedilo
cunha saborosa receita de filloas acompañada carnavalescas lecturas.
Este curso volvemos a celebrar o Entroido a nivel de aula para cumprir coas medidas sanitarias. “A volta ao mundo” no sentido máis amplo da palabra foi a temática ao redor da que xiraron os nosos disfraces, cunha homenaxe especial á artista xaponesa Yayoi Kusama.
No transcurso da maña no puidemos xuntarnos co resto das clases
pero divertímonos igual cantando, bailando, lendo contos, facendo manualidades
e xogando.
O Día de Rosalía pasou a celebrarse o 23 de febreiro trala aparición de nova documentación que desvela a data real do seu nacemento. Dende hai varios anos a Fundación Rosalía de Castro propón conmemoralo lembrando o poema “Miña casiña, meu lar”, no que unha muller pobre consigue facer un humilde caldo de gloria a pesar de que carece de todo. Dende a nosa escola unímonos a esta iniciativa propoñendo a todas as familias elaborar un caldiño. Podedes ler as instrucións que da Rosalía no seu poema, empregar a nosa receita, seguir os consellos de Xoanqui Ameixeiras do vídeo anterior ou facer a vosa propia versión.
E xa que andamos a coñecer o Antigo Exipto, propuxemos elaborar unha divertida momia. E aquí están as creacións das nosas espectaculares cociñeiras
Ana e Noa.
O barco onde viaxa o señor Fogg chega ao Canal de Suez. Aproveitamos a parada en porto para coñecer o impresionante Antigo Exipto.