Xogos
de praia, obradoiros, construcións de chozas, cancións… estas foron algunhas
das actividades que realizaron os cativos no cámping Fieitás.
A pesar do mal tempo dos últimos días, onte en O Grove puidemos gozar dunha
xornada cunha temperatura ideal.
viernes, 31 de mayo de 2013
miércoles, 29 de mayo de 2013
NOS DÍAS DE CHOIVA… VISITA AO SALÓN DE PEITEADO
Volven
os días de choiva e non podemos saír ao patio de recreo, pero si xogar nos diferentes
recunchos da aula. Unha boa opción é aproveitar o mal tempo para lavar, peitear
e amañar os cabelos no salón de peiteado que temos no recanto dos disfraces. Mergullados
no seu xogo simbólico, os cativos deixasen acicalar cunha paciencia admirable.
martes, 28 de mayo de 2013
¿QUÉ VUELA?
No
noso calendario escolar de adiviñas xa chegamos a xuño. A que escollemos para
este mes é ben doada de acertar. O libro
onde a atopamos contén 21 adiviñanzas relacionadas con animais ou obxectos
que voan. Seguro que sabedes a resposta…
Agora soamente vos queda mandar un comentario coa solución… ou necesitades máis
pistas…
lunes, 27 de mayo de 2013
domingo, 26 de mayo de 2013
viernes, 24 de mayo de 2013
TOUPORROUTOU A ONDE VAS NENA?
O
luns, na nosa visita semanal á biblioteca, traballamos outra das conversas entre a lúa e o sol da obra de Roberto Vidal
Bolaño. Cando levemos o noso pequeno escenario
de monicreques para casa, poderemos volver a xogar a
representar este fragmento.
jueves, 23 de mayo de 2013
O COELLO NA HORA DE LER
Dende
que rematamos con Don
Quixote, a nosa bolsiña de lectura veu cargada de libros de coellos. Hai exemplares
que nos axudan a coñecer como nacen, medran ou alimentan, pero tamén contos nos
que os seus protagonistas son estes animais. Na “Colección
sentimientos” un coelliño axúdanos a recoñecer os nosos sentimentos e
reaccións, con cada libro que lemos reflexionamos sobre as situacións nas que
temos medo, enfado, tristeza… e buscamos alternativas que nos fagan sentir
mellor en cada momento. O “O
coelliño Branco” lembrounos os
ricos repolos que cultivamos coa mestra Ana no noso invernadoiro. Coa fábula “Los
dos conejos” descubrimos as consecuencias de perder o tempo discutindo… A
ver mañá que libro de coelliños lemos, todo dependerá do que escolla o
encargado.
miércoles, 22 de mayo de 2013
¡EU NON FUN!
Este
é o título
do conto no que se basearon Martiño e a súa irmá Lía para preparar o teatro
que hoxe puxeron en escena. O seus papás tamén traballaron duramente para crear
o escenario de monicreques no que se desenvolveu a historia.
Pero todos gozamos
vendo como estes pequenos artistas movían os personaxes e dramatizaban o enredo.
Ao final ata nos deixaron tocar a arrepiante araña que desencadea a intriga e deleitáronnos
cunha segunda actuación mellor ca primeira. Graciñas.
martes, 21 de mayo de 2013
ADIVIÑA PARA O MES DE MAIO
¿Estades
preparados?... Ven no libro “Adivinanzas”
da editorial La Galera, o exemplar trae solapas para agochar a resposta, hai que
intentar descubrir que hai detrás, as ilustracións con gran sentido do humor,
axudan a conseguilo. ¿Tedes xa a solución para enviar un comentario?...
lunes, 20 de mayo de 2013
COÑECENDO NOVA YORK
Pouco
a pouco imos familiarizándonos con esta cidade. Sen lugar a dubida o primeiro
que chama a atención dela son os seus rañaceos, o Empire
State é o máis coñecido, aínda que o que máis lle sorprendeu aos cativo foi
a imaxe de King
Kong que adoita acompañalo nalgunhas ilustracións. Pero en Nova York temos
moito por descubrir. O primeiro, coma sempre, buscar información, e as guías de
viaxe que temos na nosa biblioteca escolar son a mellor opción, pero hai que
ter claro cales son as que falan de Nova York e cales son da mesma colección
pero fan referencia a outras capitais.
domingo, 19 de mayo de 2013
XEADO REXENTE
Faltábannos
as fotos do obradoiro de cociña da semana pasada e aquí están. Se vos animades
a facelo na casa, soamente necesitades galletas, xeado do voso sabor favorito e
un rodillo.
viernes, 17 de mayo de 2013
FESTA DOS MAIOS 2013
Onte,
para darlle a benvida á primavera, celebramos na escola a festa dos Maios. A
primeira hora pensabamos facer os colares de flores e despois subir andando ao
Monte do Castro para ver as escavacións arqueolóxicas. Pero este ano o inverno
non quere marchar e, co frío e a choiva, non puidemos saír do centro. Pero nós puxemos
ao mal tempo boa cara e, mestres as mestras vestían o maio co fiúncho, os
cativos enfiaron flores para decoralo, realizaron tarxetas conmemorativas, leron
contos, debuxaron e... os bocadillos, como non puidemos comelo no monte,
merendámolos tranquilamente nas nosas cadeiras. O mellor coma sempre quedou
para o final: cantar ao redor do maio a ritmos de claves e co Grupo Alecrín ao
compás do acordeón. O repertorio: O Pirimpimpin, A Rianxeira, O xogo da Carrasquiña e A saía da Carolina, se
clicades enriba de cada título poderedes improvisar un karaoke e cantar tamén vos
na casa.
martes, 14 de mayo de 2013
TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL
Das
obras de Roberto
Vidal Bolaño, esta é unha das que mellor se adapta ás idades dos nosos
nenos. Hoxe, baseándonos nas ideas do Seminario Galán, construímos
o pequeno escenario de monicreques que podedes ver na imaxe. Nel, pouco a pouco,
iremos representando diversas conversas entre a lúa o sol sacadas de fragmentos
de “Touporroutou da lúa e
o sol”. Hoxe comezamos con esta:
lunes, 13 de mayo de 2013
ADIVIÑAS DE PAPEL
Este
é o libro de adiviñanzas
que escollemos para o mes de abril. A elixida parece difícil pero como pista
diremos que antes estivemos lendo adiviñas de Gloria Sánchez
relacionadas coa escola. ¿Tedes xa a resposta para enviarnos un comentario?...
sábado, 11 de mayo de 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Este
é o nome do autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. Cada ano,
coincidindo coa publicación da obra de Rosalía de Castro “Cantares gallegos”, dedícaselle
a unha persoa que contribuíse á promoción e defensa da lingua galega. Durante este
mes desenvólvense numerosas
actividades para dar a coñecer e difundir o labor e a obra da persoa
homenaxeada. Na nosa aula tamén comezamos a coñecer a figura deste dramaturgo baseándonos
nos carteis
e traballo realizado
polo equipo de normalización lingüística do noso centro. Se na casa tamén
queredes familiarizarvos coa vida e obra de Roberto Vidal Bolaño, aquí vos
deixamos estas actividades LIM adaptadas a Educación Infantil e realizadas polo
Seminario Galán. Tedes
que premer nas imaxes para acceder a elas; o primeiro LIM é sobre a súa vida e
o segundo de xogos.
jueves, 9 de mayo de 2013
ANATOMÍA INTERNA DO COELLO
Despois das visitas o mes
pasado dos coelliños de María, Martiño e a mestra Marina, non podíamos deixar escapar
a oportunidade de investigar e coñecer mellor a estes animaliños. Aínda que xa viramos un pouquiño como eran os
seus órganos internos, o martes, traballamos ao redor deles máis profundamente.
Primeiro lembramos como se chamaban cada un e comparámolos cos dos humanos.
Para poder manipulalos e entendelo mellor, empregamos o torso desmontable que temos en clase. Fígado, cerebro, corazón, pulmón, estómago... os nosos órganos internos son máis grandes ca os do coello pero teñen os mesmos nomes e parecidas funcións.
Co corpo humano era máis doado que co debuxo do coello,
pero mirando atentamente a ilustración do libro, colocar cada etiqueta no seu
lugar correspondente non foi demasiado complicado para os maiores, cos pequenos aínda temos que seguir traballando un pouquiño máis.
miércoles, 8 de mayo de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
TORTA DE FROITAS
Para
todos aqueles que non lles dera tempo de celebrar o día da nai, aquí lle
deixamos a nosa proposta: sorprender ás mamás e ás avoas cunha sinxela e rica torta
de froitas. Nós cociñámola o venres pasado, nas fotos podedes ver a receita e o
proceso…
lunes, 6 de mayo de 2013
FELIPA E AS NOSAS MAMÁS
Como
vos comentamos, a partir do retrato que Salvador Dalí fixo da súa nai,
intentamos debuxar as nosas mamás para renderlles unha pequena homenaxe. Este é
o resultado, esperamos que vos guste.
sábado, 4 de mayo de 2013
ADIVINANZAS DE ANIMALES
Aínda
que a que escollemos para o mes de marzo é moito máis difícil que as
anteriores, o titulo xa é unha pista. Sacámola da colección “Adivinanzas” da editorial La
Galera, do libro dedicado ás de animais.
Cada unha das adiviñas que aparece no
exemplar, ven acompañada de tres pistas para axudarnos a acertalas. Traballámola o mércores e seguro
que máis dun cativo lémbrase da solución. ¿Quen nos envía un comentario coa
resposta?... se non recibimos ningún, comezaremos coas pistas que proporciona o
libro.
viernes, 3 de mayo de 2013
A MAMÁ DE DALÍ
Como
este domingo celébrase o día da nai, esta semana coñecemos a Felipa, a
mamá de Salvador Dalí. Observamos o retrato que o artista realizou dela e,
intentando aprender da súa obra, debuxamos ás nosas mamás. Todas saíron
guapísimas pero, como hoxe non conseguimos rematalas, será a vindeira semana
cando presentemos en sociedade aos pequenos artistas de Leiro. Tamén
vimos os retratos que Dalí realizou do seu pai e da súa irmá, pero esta fin de semana as
protagonistas serán as mamás.
jueves, 2 de mayo de 2013
¡MENCÍA ATOPOU A MOEDA DE DON QUIXOTE!
De
Miguel de Cervantes temos xa moitas e pensabamos que non encontraríamos ningunha
coa figura de Don Quixote. Pero fai uns días Mencía tróuxonola e vímola. Hoxe traballamos máis detidamente ao redor
dela. Reparamos na súas cores e intentamos interiorizar o seu valor. Co resto
das moedas continuaremos realizando actividades nos vindeiros días, mentres, seguimos
lendo os libros de Don Quixote da nosa bolsiña de lectura, agora temos tamén os
que nos prestaron na Biblioteca
Municipal de Meis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)