lunes, 30 de enero de 2023
OS ÓSOS PREHISTÓRICOS DE ANTIA E NOEL
Esta fin de semana os fornos das familias de Antía e Noel
traballaron intensamente.
Ambas elaboraron uns ósos prehistóricos xeniais.
Primeiro prepararon a masa.
Despois tiveron que darlle a forma adecuada.
Para seguidamente engadirlle os seus ingredientes
favoritos.
E ao final vén o mellor…
AS MANS PREHISTÓRICAS DE NOEL
Xa temos as fotos das mans
prehistóricas elaboradas polo noso cociñeiro Noel.
Meteu de cheo as mans na masa para elaborar esta saborosa receita.
O esforzo tivo a súa recompensa con este espectacular resultado.
Animádevos a probar!
sábado, 28 de enero de 2023
PEDRAS PARA A PAZ
O vindeiro luns, celébrase o Día
Escolar da Non Violencia e a Paz. Este ano imos unirnos á conmemoración
cunhas pedriñas moi especiais que andamos a decorar coa axuda da mestra Olalla
e Ana.
Cada pedra, “soporte das primeiras manifestacións
artísticas da humanidade”, leva escrito
unha mensaxe de paz. Con todas as do alumnado da escola, baseándonos na idea do
Proxecto Pegada,
realizaremos unha composición.
jueves, 26 de enero de 2023
AS MANS E OS ÓSOS PREHISTÓRICOS DE NOA
A nosa cociñeira Noa tivo hoxe unha xornada intensa entre
fogóns.
Mirades nas imaxes canto traballiño levou elaborando as dúas receitas á vez.
Pero o resultado foi espectacular.
Que rico!
CALENDARIO COMPETENCIAL 2023
O luns
levamos para casa o
calendario competencial do 2023 con situacións de aprendizaxe. Trátase dun
almanaque especial no que cada día inclúe propostas como procuras de tesouros, cine en
familia, lecturas, actividades para
realizar en inglés, música ou pautas de respiración para a mellora da fala.
Tamén podedes aproveitar este almanaque para que
os meniños marquen o día como facemos na aula. Poden ir tachando os números que
pasan e rodeando o actual, contar para intentar adiviñar o nome do díxito
sinalado, o do mes e o do día da semana …
Outra idea interesante é sinalar acontecementos especiais
dos vindeiros meses: aniversarios, comezo da primavera, festas … Se vos apetece
tamén podedes enviar fotos do sitio escollido para colocalo ou das actividades
que realicedes en familia seguindo as súas suxestións.
martes, 24 de enero de 2023
AS MANS PREHISTÓRICAS DE AARÓN E LÚA
O noso cociñeiro Aarón meteu de cheo as mans na masa para elaborar unhas mans prehistóricas espectaculares.
FELICIDADES NOA!
O pasado sábado, Noa cumpriu 6 anos. Xa é tan maior que
necesitamos dúas tortas para que colleran todas as velas! Parabéns Noa!
viernes, 20 de enero de 2023
MANS PREHISTÓRICAS
Continuamos coa temática da prehistoria nas nosas
propostas culinarias para a fin de semana.
O noso chef Brais e a súa irmá Lía foron os primeiros en animarse a elaborar unhas espectaculares mans prehistóricas.
Mirade nas imaxes de todo o proceso, que boa idea tiveron para facer as uñas!
Que rico e divertido!
jueves, 19 de enero de 2023
XOGANDO CO DADO
Hoxe empregamos o dado para traballar a serie numérica, o
conteo e as grafías. Tiñamos que lanzar o dado, anotar o nome do xogador e o
resultado obtido.
Despois, comparamos as cantidades acadadas por todos os xogadores e escribimos o nome de quen obtivo a puntuación máis alta.
Podedes probar a xogar tamén na casa.
lunes, 16 de enero de 2023
PARA MERENDAR… UN MAMUT!
A prehistoria chegou as nosas propostas culinarias da fin de semana cunha divertida receita: un mamut. A nosa cociñeira Noa xa fixo a súa propia versión empregando tortiñas cama base. Mirade que chuliño lle quedou.
viernes, 13 de enero de 2023
EL MAMUT CHIQUITITO
Como
nos gusta a canción e o baile que nos ensinou a mestra Marta de Ribadumia!
Ademais de aprender a letra e o baile, descubrimos como debuxar un mamut a partir da contorna da nosa man.