Todos
coñecemos os bicos tradicionais, que se dan na cariña, e os bicos que lanzamos
polo aire coa man. Fai tempo que aprenderamos que existen os bicos de spray, que
se mandan con dous dediños e facendo psssssssss. A mestra ensinaranos que vira
nunha película os bicos de bolboreta, que se dan pestanexando con agarimo. Pero
o outro día, ao traballar o libro de Antón Cortizas “Sopra neste furadiño” para
o noso calendario da poesía, descubrimos que existen ¡os bicos de vento!. Ao
principio quedamos abraiados e tivemos que practicar para aprender a dalos. Entrábanos
risa e non saían, soprabamos moi forte e molestaban, demasiado rápido e non
chegaban… Ata que, paseniño, fomos collendo xeito e, agora… ¡como nos gustan os
bicos de vento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario