Enredos e carreiras con pelotas, bolos e aros, xogos
populares e tradicionais, circuítos con obstáculos e diverso material de
psicomotricidade, un mural colectivo para desexarvos feliz verán, unha gran
merendola, cancións, bailes, teatro, actuacións … o mércores pasado co noso
tradicional festival dimos por rematado o curso escolar. Moitas grazas a todos.Volvemos
en setembro. ¡¡Feliz verán!!
martes, 28 de junio de 2016
sábado, 18 de junio de 2016
martes, 7 de junio de 2016
ANIMAIS DE ARAGÓN
Debido as diferentes
actividades complementarias que estivemos desenvolvendo nas últimas semanas, tiñamos
algo abandonado o noso proxecto de Aragón. O luns pasado retomamos o tema
consultando o atlas de animais que nos regalara o ANPA para a biblioteca polo día do libro.
jueves, 2 de junio de 2016
CONVIVENCIA 2016
Para que os alumnos coñezan o que será o seu
futuro colexio e se familiaricen co transporte escolar, cada ano organizamos
unha convivencia con todos os nenos de 6º de infantil no CPI Julia Becerra Malvar.
Cando chegamos, as mestras dese centro
tíñannos preparadas unha chea de actividades para que os meniños coñeceran os que serán os seus
compañeiros e profesores o vindeiro curso. Xogos de presentación, visita á
biblioteca escolar e outras instalacións da escola, contacontos, unha merenda
compartida, clase de música, inglés, educación física … Ademais da emoción de
ir no autobús escolar e ver aos amigos do ano pasado, no transcurso da mañá
tivemos de todo, ¡ata unha medalla para levar para casa como agasallo!.
miércoles, 1 de junio de 2016
FORO, LINO E DESI
Este curso estamos
desenvolvendo na escola o Plan Proxecta: mobilidade segura e sostible. O seu obxectivo é favorecer a
educación viaria e son varias as actividades que andamos a realizar. Unha delas
é a lectura de contiños que teñen este tema como eixo central. Esta semana o protagonista
foi o semáforo aproveitando o material que tíñamos na clase de campañas
anteriores da DXT. Se na casa tamén queredes coñecer a Foro, Lino e Desi facede
clic aquí.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)