martes, 22 de noviembre de 2022

NOMES QUE EMPEZAN POR…

 

Continuamos o noso traballo ao redor dos nomes do alumnado da aula. Nesta ocasión centramos a atención na inicial de cada un. Se vos apetece podedes facer a mesma actividade na casa cos nomes da familia.

PARA MERENDAR RENOS DE MANDARINA


O Nadal chegou ás propostas culinarias da fin de semana. Comezamos con esta divertida receita chea de vitaminas.

lunes, 14 de noviembre de 2022

O GOLFIÑO MANOLIÑO


A semana pasada, a noticia aparecida no xornal La Voz de Galicia sobre o golfiño Manoliño, serviunos de detonante para coñecer algunhas características deste simpático animal. Esperamos que pronto consigan extraerlle o arpón. Estaremos atentos ás novas publicadas.

CONTANDO DINOSAUROS


O conto “Diez dinosaurios terribles” que limos na biblioteca escolar serviunos de detonante para traballar a numeración ata o 10 durante varias semanas. Preparados para contar?


COGOMELOS

O outono chega ao noso obradoiro de cociña cuns divertidos cogomelos que xa elaborou o noso chef Brais. Mirade que prato tan saudable e colorido!


E despois de tanto traballar … A comer!

A ARAÑA PEQUENIÑA

Como nos gusta esta canción! E se a acompañamos das arañas que realizamos con tubos de papel, moitísimo máis.


miércoles, 9 de noviembre de 2022

domingo, 6 de noviembre de 2022

A PIZZA TELARAÑA DE BRAIS

E despedímonos do Samaín cunha saborosa pizza telaraña. O noso chef Brais xa a cociñou elaborando ata a masa. Está feito un cociñeiro espectacular. 





O OVO ESQUELETO DE LÚA


Nesta ocasión os esqueletos chegaron aos ovos cunha divertida proposta que a nosa cociñeira Lúa xa se animou a realizar.


SAMAÍN 2022

Tras a pausa provocada polas restricións da pandemia, este curso puidemos recuperar unha das nosas festas tradicionais: o Samaín.

Este ano as pantasmas e as catrinas foron as protagonistas da xornada. A ANPA decorou o recinto dun xeito espectacular e asou as castañas do Magosto. Moitisimas grazas!!! 

As familias pola súa parte axudaron aos meniños a preparar os calacús para a exposición de cabazas.

Comezamos a mañá gozando coa actuación da banda de música de Ribadumia.

Despois xogamos co medo.

Pintamos caretas de catrinas e escoitamos contos.

Recuperamos forzas cunha rica merendola en familia.

Rimos coa terrorífica obra de teatro das mestras Olalla e Montse.

Bailamos baixo a batuta da mestra Olalla.

Rematamos o día coa carreara solidaria Unoentremil contra a leucemia infantil.