Que espectacular e chea e cor a catrina que elaborou a nosa cociñeira Lúa! Unha proposta do máis nutritiva e saudable.
miércoles, 26 de octubre de 2022
martes, 25 de octubre de 2022
PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN
Hoxe coa axuda da mestra Ana realizamos unhas divertidas
arañas reciclando tubos de papel hixiénico. Mañá xogaremos con elas e colocarémolas nunha arañeira xigante que nos trouxo Noa para decorar a clase.
lunes, 24 de octubre de 2022
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!
Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas co fin de concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o labor dos bibliotecarios. Para conmemoralo, dende a biblioteca escolar editouse a seguinte guía de lectura onde os dinosauros son os protagonistas.
domingo, 23 de octubre de 2022
AS CATRINAS DE AARÓN E BRAIS
Esta fin de semana foron as catrinas as que chegaron ás
propostas culinarias. Os nosos chefs de Leiro prepararon dúas versión diferentes e ambas
espectaculares.
O noso cociñeiro Aarón optou por darlle cor empregando kiwi e amosándose do máis creativo.
viernes, 21 de octubre de 2022
PREPARANDO O MAGOSTO
Con cartóns de leite baleiros, folios que non servían e
uns debuxos de castañas, mirade que recipientes realizamos para gardar as
castañas do magosto.
HORA DE LER
Cada día despois do recreo chega uns dos momentos máis
máxicos da xornada. O encargado do día escolle que libro prefire ler entre os
seleccionados por Zapatocas. A mascota da biblioteca cada semana nos prepara unha
bolsiña chea de contos. Como nos gustan!
miércoles, 19 de octubre de 2022
OS ESQUELETOS CHEGAN Á BIBLIOTECA
Zapatoca tamén quere mergullarse de cheo no mundo dos
esqueletos e preparou un recuncho cheo de libros desta temática. O luns limos o
seguinte conto que ten un esqueleto especial coma protagonista, pero tamén
fala de emocións e cadros famosos.
AS PIZZAS ESQUELETOS DE ANA, LÚA E NOA
Os esqueletos tamén chegaron
as casas de Ana, Lúa e Noa. As nosas cociñeiras elaboraron as deliciosas pizzas
que vedes nas imaxes. Que ricas!!
lunes, 17 de octubre de 2022
REIS E RAÍÑAS DO MES DE SETEMBRO
Co obxectivo de potenciar o
consumo de froita entre os meniños, este ano volvemos a poñer en marcha os
álbums comefroitas. Cada día que os nenos traian unha froita para
merendar e a coman, gañarán un selo. Os que no transcurso do mes coman sete pezas, obterán unha coroa e serán nomeados reis ou raíñas da froita dese
período de tempo. Mirade cantos reis e raíñas tivemos no mes de setembro.
AS PIZZAS ESQUELETO DE ANTÍA E NOEL
O vindeiro 28 de outubro celebramos a festa do Samaín na
que os esqueletos serán os protagonistas. Para ir quentando motores, esta fin
de semana propuxemos elaborar pizzas con esta temática.
Os nosos cociñeiros Antía e Noel xa se puxeron marcha e mirade que estupendas lle quedaron.
sábado, 15 de octubre de 2022
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA
O xoves pasado fomos ao Museo de Pontevedra a coñecer a
Trea, unha boneca que viaxou no tempo para contarnos como era a vida fai
millóns de anos.
Da súa man, e empregando réplicas arqueolóxicas, descubrimos
algúns dos materiais significativos que se exhiben no Museo e por que son tan
importantes.
Incluso puidemos non soamente tocar, senón tamén probar, os
torques de ouro.
Despois recuperamos forzas coa merenda.
Ao rematar camiñamos ata o Café Moderno para visitar unha exposición sobre a arte Pop.
Alí descubrimos unha obra da artista Yayoi kusama que
coñecemos o curso pasado.
Acabamos a xornada decorando cabazas imitando o seu particular estilo
a base de puntos.
O ESTEGOSAURO DE LÚA
A nosa cociñeira Lúa elaborou un espectacular estegosauro
empregando uvas en lugar de fresas para
as placas do lombo. Quedoulle xenial co seu nome incluído!
martes, 11 de octubre de 2022
ADOPTAR UN DINOSAURIO
A semana pasada Zapatocas tíñanos preparado este
simpático conto para ler na biblioteca.
lunes, 10 de octubre de 2022
O ESTEGOSAURO DE ANTÍA
A nosa cociñeira Antía xa nos enviou o estegosauro que elaborou a fin de semana. Quedoulle espectacular!
DINOSAUROS DE PLASTILINA
Noa e Ana levaron a proposta culinaria ás artes
plásticas. Realizaron dous dinosauros espectaculares con plastilina de cores.
Mirade nas imaxes do proceso que chuliños lle quedaron. Están feitas unhas
artistas!