O vindeiro día 20 de decembro celebraremos o noso
tradicional festival de Nadal no que cada clase participa cantando unha
panxoliña. Na nosa escola xa temos escollida a que dramatizaremos e andamos
ensaiando. Para os que desexen practicar tamén na casa, a continuación vola
deixamos.
sábado, 30 de noviembre de 2019
viernes, 29 de noviembre de 2019
domingo, 24 de noviembre de 2019
viernes, 22 de noviembre de 2019
MERCURIO DIANTE DO SOL
Esta semana,
a noticia que vimos no Faro de Vigo sobre o transito de Mercurio por diante do sol, serviunos de
detonante para falar sobre este pequeno planeta. Da biblioteca collemos libros
de astronomía, buscamos a Mercurio e gozamos viaxando ao espazo polas súas
páxinas. No xornal traballamos ao redor da nova e a páxina na que aparece
publicada. E en informática vimos o vídeo coa selección das mellores imaxes difundidas pola NASA e que vos deixamos a continuación.
jueves, 21 de noviembre de 2019
A SEQUOIA DE LÍA
O segredo
da árbore de Lía e ben bonito como podedes ler na imaxe do caderno viaxeiro. Contounos
que a súa árbore estivo enfermiña pero que agora xa está recuperada. Para que viramos o
especial que son as súas follas tróuxonos unha ramiña pequerrechiña que cheira
de marabilla. No encerado dixital vimos o grandes que chegan a ser as sequoias
e quedamos abraiados.
martes, 19 de noviembre de 2019
QUE VÉN O LOBO!
Co gallo da pasada festa do
Samaín, e a partir da lectura do conto “O home lobo”, mergullámonos de cheo nos contos que teñen a estes seres coma
protagonista e aos medos relacionados con eles e a lúa. Dende a biblioteca
escolar fixemos unha recompilación con todos e elaboramos a seguinte guía
de lecturas. Cando rematemos de traballar con ela en formato papel levarémola
para casa.
lunes, 18 de noviembre de 2019
domingo, 17 de noviembre de 2019
miércoles, 13 de noviembre de 2019
O SEGREDO DAS NOSAS ÁRBORES
Hoxe
puxemos en marcha unha nova proposta que paseniño ira pasando polos fogares de todos os meniños. Trátase dun caderno viaxeiro para apoiar
a candidatura da Figueira da Casa-Museo de Rosalía de Castro como árbore do ano 2020. A Árbore Europea do Ano creouse
para dar a coñecer a existencia dun valioso patrimonio natural e cultural que todos deberíamos apreciar e protexer.
A diferenza doutros concursos, non é importante a beleza,
o tamaño ou a idade da árbore senón a historia e a conexión coas
persoas.
Todos e cada un de nós seguro que temos unha árbore singular na nosa vida. A árbore que plantou o avó, a que serve de cabana para os nenos, a que nos acompañou
sempre, a que nos dá esa magnifica sombra no verán … Para nós son importantes aínda que non sexan as máis grandes, nin as máis vellas, nin as máis bonitas.
Trátase de elixir esa árbore significativa da nosa vida e axudar aos nenos a escribir o seu nome nese caderno viaxeiro. Tamén podedes contarnos o seu segredo, o porqué esa árbore é especial para vós e pegar unha foto dela cos nenos ou se o preferides enviala ao correo escoladeleiro@gmail.com. Conforme cheguen á escola a idea é que os nenos conten aos seus compañeiros esas vivencias relacionadas coas árbores e deste xeito valorarán, apreciarán e protexerán máis o medio ambiente.
Trátase de elixir esa árbore significativa da nosa vida e axudar aos nenos a escribir o seu nome nese caderno viaxeiro. Tamén podedes contarnos o seu segredo, o porqué esa árbore é especial para vós e pegar unha foto dela cos nenos ou se o preferides enviala ao correo escoladeleiro@gmail.com. Conforme cheguen á escola a idea é que os nenos conten aos seus compañeiros esas vivencias relacionadas coas árbores e deste xeito valorarán, apreciarán e protexerán máis o medio ambiente.
lunes, 11 de noviembre de 2019
O UNIVERSO DE ROSALÍA
En
novembro celébrase o mes da ciencias en galego. Este curso quixemos unirnos a esta
conmemoración tendo o universo como eixo central. Comezamos facendo un pequeno
experimento coa luz para presentar aos meniños o mural do Universo de Rosalía que
imos realizar na biblioteca.
Cun tubo
de papel hixiénico, unhas folliñas de papel reciclado que decoramos e unha
lanterna, alumeamos o cartel de Rosalía proxectando unha estrela. Probamos a aumentar
ou diminuír o tamaño da estrela acercándonos ou aloxándonos da parede. E o máis
divertido, o xogo a escuras para pillar a estrela que se movía polo chan … Gustoulles
tanto a todos, que cada
meniño está a facer a súa para xogar na casa a experimentar coa luz.
Nas
vindeiras semanas queremos encher este mural con poemas de Rosalía de Castro
relacionados coa lúa, o sol, as estrelas … animádevos a participar mandándonos
os vosos favoritos ao noso correo electrónico escoladeleiro@gmail.com e crearemos o Universo de Rosalía.
E lembrade
que mañá que é o último día para votar
en http://nombraexoplanetas.es/ e conseguir que a nosa poeta teña a súa estrela no
universo.
domingo, 10 de noviembre de 2019
A QUE SABE A LÚA?
Esta semana
volveremos a ter lúa chea e nós aproveitamos a ocasión para cociñala e animar
aos pequenos a probar a cenoria. Comer o nariz ou a boca da lúa feita con esta
nutritiva verdura, sempre é unha motivación para degustala.
viernes, 8 de noviembre de 2019
XOGANDO CON CAROZOS
Unha vez
rematada a festa do Magosto, foron moitos os carozos que sobraron e quedaron na
escola. Como outros anos, decidimos reutilizalos e empregalos para un dos seus usos tradicionais e que
actualmente estase a perder: o xogo. Con eles podemos facer torres, camiños,
debuxos, letras …. Desenvolver as habilidades motoras probando a encestar,
lanzar, recibir, manter en equilibrio …
Traballar as matemáticas contando, xuntando, comparando, quitando … Mellorar
as habilidades sociais compartindo, colaborando, respectando as normas … Potenciar
a creatividade, a imaxinación, a fantasía
… Por se todo isto non fora suficiente, é un xoguete ecolóxico, biodegradable,
non pesa e ao caer non fai ruído nin rompe. Así que esta semana de recreos
chuviosos os meniños xogaron cos carozos e construíron, compartiron, crearon,
imaxinaron pero sobre todo se divertiron.
miércoles, 6 de noviembre de 2019
UNHA ESTRELA PARA ROSALÍA
Esta
semana, o Diario de Pontevedra serviunos para coñecer unha preciosa iniciativa que están
a levar a cabo a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e a Fundación Rosalía de Castro. Queren poñerlle o nome da escritora galega á estrela HD
14913. A
Unión Astronómica Internacional, para
celebrar o seu centenario, organizou a campaña global NameExoWorld que permite a
calquera país do mundo dar un nome popular a unha estrela e ao seu exoplaneta asociado. A estrela designada a cada nación é visible desde ese país, e
o suficientemente brillante como para ser observada a través de pequenos
telescopios.
A nosa escola únese a tan fermosa proposta e anima a todas as familias a
participar votando ata o 12 de novembro na páxina http://nombraexoplanetas.es/. Os resultados finais serán dados a
coñecer nun anuncio oficial da Unión Astronómica Internacional a partir de
mediados de decembro, conxuntamente cos outros nomes das estrelas e planetas asignadas a cada país.
martes, 5 de noviembre de 2019
PALMEIRA DE FROITAS
Despois
de ver a palmeira da igrexa de leiro e comprobar que non está afectada polo
picudo, non puidemos resistirnos a elaborar unha rica e nutritiva palmeira de
froitas.
lunes, 4 de noviembre de 2019
O FALCÓN PERDIDO
A través de libros da biblioteca escolar e vídeos como o que vos deixamos a continuación, aprendemos cousiñas destes animais. E xa sabedes, se atopades un cun anel laranxa nunha pata e un dispositivo gps de cor azul na outra, chamade ao número de teléfono da ficha.
viernes, 1 de noviembre de 2019
SAMAÍN E MAGOSTO 2019
Bruxas,
vampiros, zombis, esqueletos, demos … o mércores a nosa escola quedou invadida polos
máis terroríficos e divertidos seres. A pesar da choiva e o mal tempo, os
meniños pasárono de medo cantando coa banda de musica, aprendendo a importancia
de reciclar, reutilizar e reducir coa bruxa Hermelinda e a fada 3Rs, lendo
contos de medo e gozando dunha arrepiante e deliciosa merendola.
Moitas grazas
a todas as familias que colaboraron traendo riquísimos e elaborados doces típicos
destas datas e aportando cabazos decorados para a exposición. E noso especial agradecemento
as que pasaron toda a mañá asando castañas a pesar da choiva e o fume.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)