Onte, coa confección da portada que sirve de guía de
lecturas, rematamos o noso calendario escolar dedicado a Leandro Lamas. Agora
soamente nos queda encadernalo e listo para empeza a usar en setembro.
miércoles, 31 de mayo de 2017
martes, 30 de mayo de 2017
lunes, 29 de mayo de 2017
NA HORA DE LER…O MUNDO QUE QUEREMOS
Como todos sabedes, este ano as actividades do Salón do Libro
de Pontevedra xiraron ao redor de “O mundo que queremos”. Dende a biblioteca
escolar, para conmemorar o Día do Libro, editouse unha guía de lectura baixo este lema e hoxe levamola para casa. Na clase
aproveitamos esta selección para reflexionar á hora de ler sobre os
temas neles tratados. Esperamos que no fogar gocedes tanto coma nós coa súa
lectura.
domingo, 28 de mayo de 2017
EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA
Despois de todo o ano falando do Camiño de Santiago,
tiñamos que ir coñecer a cidade e sobre todo a súa catedral. Pero ademais
aproveitamos a xornada para visitar o parque de bombeiros, o conservatorio e o
museo.
sábado, 27 de mayo de 2017
LETRAS GALEGAS 2017
Este ano Carlos Casares
e os seus libros foron os protagonistas das letras galegas.
A
galiña azul, Lolo anda en bicicleta, As laranxas mais laranxas de todas as
laranxas … Na escola limos os seus contiños, copiamos os seus títulos e ilustrámolos
para participar II concurso de debuxo das letras galegas do ANPA do centro.
Se
na casa tamén queredes aprender cousiñas sobre a vida e obra deste autor,
probade a facer clic nas imaxes e accederedes ás actividades en liña do
Seminario Galán.
viernes, 26 de mayo de 2017
II XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL
Choveu, tronou, marchou a luz … pero o mal tempo no impediu
que nós desenvolveramos igual a nosa xornada de educación vial prevista para
hoxe. Os meniños conduciron bicicletas, patinetes, motos e vehículos do máis
diverso por un circuíto con semáforos, rotondas, pasos de peóns e sinais. Grazas
ao esforzo e dedicación de Paco da autoescola Barrantes, un ano máis, aprendemos
a desprazarnos de forma segura. Despois viñeron os contos, o paseo no coche da
Garda Civil e no camión, a charla da DXT e ata un divertido obradoiro de
cociña. Rematamos coa actuación en inglés kids&Us e os seus lúdicos
contacontos.
jueves, 25 de mayo de 2017
miércoles, 24 de mayo de 2017
TEMPO DE AMORODOS
En
batidos, con iogur, en pasteis, con zume … ¡que ricas están as fresa en
primavera! Nas últimas semanas foron as protagonistas do noso obradoiro de
cociña, a continuación a última das nosas receitas antes de que remate a temporada.
martes, 16 de mayo de 2017
EXCURSIÓN À SEDE AFUNDACIÓN PONTEVEDRA
Primeiro unha visita guiada coa mascota Pintafontes
á exposición fotográfica de Xosé Abad sobre oficios en perigo de desaparición. Despois
un obradoiro no que fixemos de zoqueiros e unha merenda cos amigos para
recuperar forzas. E por último, rimos e bailamos co espectáculo Gatuxo.
E, a pesar da choiva, aínda sacamos un anaquiño de tempo para quitarnos unha
foto coas esculturas de Carlos Casares e Castelao, persoeiros que estamos
traballando na escola.
domingo, 14 de mayo de 2017
miércoles, 10 de mayo de 2017
AS LARANXAS DA HORTA DA ESCOLA
En xeral aos meniños gústalle moito cociñar pero, se empregamos como ingredientes os produtos
que cultivan na aula de natureza coa mestra Ana, a actividade adquire un valor engadido. Nesta ocasión
as protagonistas foron as laranxas que acompañamos de amorodos para crear unha merenda exquisita e
chea de vitaminas.
martes, 9 de mayo de 2017
O NOSO CALENDARIO DE LEANDRO LAMAS AVANZA
Paseniño imos creando o noso particular calendario
escolar do vindeiro curso. Imos polo mes de xuño e son moitas as imaxes creadas
por Leandro Lamas que xa coñecemos. Paralelamente imos lendo os contos e poemas
que ilustra, así como escoitando as cancións dos CD que conteñen os libros
disco. Neste enlace
podedes ver o vídeo do conto do Apapaldor ao que dedicamos o mes de decembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)