Dende
o día da muller traballadora no que comezamos a coñecer mellor ás nosas mamás,
son varias as cousiñas que fomos descubrindo delas á vez que enriquecíamos o
noso vocabulario. Xa sabemos como se chaman, cal é a súa cor favorita, o que
lles gusta comer e que medio de transporte prefiren para viaxar. Esta fin de
semana toca saber onde desexarían ir… Tal vez a Londres, París ou Roma como o
noso amigo Félix…
jueves, 31 de mayo de 2012
miércoles, 30 de mayo de 2012
O COLISEO E OS GLADIADORES
No
conto “Cartas de Félix” viramos unha ilustración do Coliseo pero non sabíamos
nada del. A mestra explicounos que era unha especie de “circo” e para axudarnos
a comprendelo vimos o vídeo Cantiflas
visita el coliseo, clicando no título tedes un acceso directo por se
queredes volver a velo en familia. Nesta liña, aproveitamos a visita semanal dos
luns á biblioteca para investigar. Alí atopamos o libro “100
cosas que deberías saber sobre los gladiadores” e quedamos abraiados. No
blogue http://migrimorioescolar.blogspot.com.es/search/label/PROYECTO%20LOS%20ROMANOS
que nos recomendou a mestra Marta,
tedes, ademais do vídeo de Cantiflas, moita información
sobre Roma adaptada aos nenos de infantil. E falando da mestra Marta de Ribadumia, visitade
a entrada http://ribadumiapequenos.blogspot.com.es/2012/05/o-marabilloso-mundo-dos-animaisas.html
do blogue da súa aula, veredes uns interesantes vídeos sobre as abellas.
martes, 29 de mayo de 2012
AS ABELLIÑAS DE LEIRO
Despois de tantos
días mergullados no mundo das abellas, non puidemos resistirnos a facer a nosa
presentación de aula para a revista escolar transformados nestas fabricantes
de mel…
sábado, 26 de mayo de 2012
ANIVERSARIO DE ANXO
Dúas
mellor que unha, iso foi o que fixemos onte coas tortas de chocolate para
celebrar o aniversario de Anxo. Ademais
de cantar, soprar, apagar as candeas, e por suposto, comer todo, xogamos a
repartir as catro candeas entre as dúas tortas… Podíamos poñer dúas e dúas,
todas nunha ou tres e unha que foi o que decidiu Anxo. ¡Felicidades!
jueves, 24 de mayo de 2012
O APICULTOR
Despois da visita a Apípolis toca
repasar e afianzar o aprendido. O luns, na biblioteca, limos o libro ¿Cómo
se hace la miel? e lembramos como se chamaba e escribía o oficio das
persoas que coidan das abellas. A mestra tróuxonos algúns dos obxectos que
viramos na excursión pero que non manipularamos. Comprobamos o suave que é o cepillo
para non mancar ás abellas, fai cóxegas e non puidemos evitar rir.
miércoles, 23 de mayo de 2012
COÑECENDO O OFICIO DE EBANISTA
Dende
que viramos os xoguetes que construía o Apalpador, queríamos saber como se
facían as cousas de madeira. O papá de Martiño é ebanista e onte veu a mostrarnos
como traballa e logra converter un anaco de madeira nunha peza de arte. Ensinounos
moitas ferramentas que lle axudan a desenvolver o seu labor, pero tamén os
obxectos que usa para protexerse. O que máis nos impresionaron foron os cascos
para os oídos, por moito ruído que fixeramos, quen os tiña posto, non escoitaba case nada. Abraiados
observamos como facía labras enormes con cepillo, coas que improvisamos lazos
para o pelo. Vimos como gravaba letras na madeira e deixounos moito material
para seguir traballando nos vindeiros días. Graciñas papá por axudarnos a
coñecer o oficio de ebanista.
martes, 22 de mayo de 2012
CHIBOS CHIBÓNS
Montar
os personaxes, deseñar o escenario, decidir quen movía cada boneco, coordinar os
movementos detrás do escenario, lembrar o que tiñan que dicir, ensaiar unha e
outra vez, ter coidadiño cos cables dos altofalantes … todo isto e moito máis, fixeron nas últimas
semanas Martiño e súa irmá Lía coa axuda da súa mamá. Querían sorprendernos cunha
divertida actuación de monicreques do conto “Chibos chibóns”. E conseguírono, como
podedes ver nas imaxes, embobados gozamos coa representación destes pequenos
pero grandes actores. Graciñas.
sábado, 19 de mayo de 2012
UN DÍA CHEO DE EMOCIÓNS
Coa viaxe en autobús ata Apípolis
comeza a nosa aventura...
|
Ao chegar divídennos en pequenos
grupos para rotar por todos os
obradoiros. Para visitar o apiario onde
están as abellas temos que ir ben
protexidos...
|
Os monitores van poñéndonos o traxe
de apicultor: a funda, as luvas e, por
último, a máscara. Explícannos
como temos que comportarnos
coas abellas para non molestalas.
|
Vestidos de apicultores e listos
para empezar co traballo non hai
quen nos distinga … ¿sabedes quen é quen?
|
Coa axuda do afumador, faise
crer ás abellas que hai un incendio.
Introdúcense na colmea e podemos
observalas mellor.
|
Co extractor de cadros o apicultor
pode manexar os cadros cos panais
e mostrarnos as larvas, o polen e o mel
almacenado nas celas.
|
Ao saír do apiario hai que pasar
o cepillo por todo o traxe para
varrer as abellar que puideran quedar
adheridas a el.
|
Chega o momento da merenda.
Unhas ricas galletas axudan
a coller forzas para seguir coa visita.
|
As abellas ademais de mel
proporciónannos polen. A
monitora móstranos o sistema
empregado para que as abellas
se desprendan das boliñas del
que transportan nas
súas patas traseiras.
|
Xa sabemos como fan os
apicultores para coller o polen que
as abellas colectan,
agora toca cheiralo e probalo.
|
As celas que conteñen o mel están
tapadas. Cun coitelo especial
desopercúlanse para poder
extraer o mel que conteñen
|
Despois introdúcense no extractor,
pero todos temos que axudar para
facer xirar a manivela se queremos
obter o mel.
|
¿Quen quere mel?... Primeiro
probamos un pouquiño
co dedo. Despois, quen
quere máis, soamente ten
que abrir a boca e...
|
Pero tamén envasamos un
pouquiño para darllo a
probar a: mamá, papá, o avo...
|
Hai que deixalos ben
colocadiños, cada un o seu,
para que non rompan...
|
Pero ademais de mel e
polen, as abellas fabrican
cera. Cunha mecha e un
pouquiño de paciencia...
|
...construímos a nosa candea
personalizada.
|
Tamén hai momentos de
cancións mentres esperamos
para entrar no obradoiro de cociña.
|
Fariña, levadura, mantequilla, ovos,
azucre e, por suposto, mel.
|
Amasamos, cantamos e,
con moito coidadiño,
dámoslle á masa a forma de galleta.
|
Uns minutiños no forno
e xa temos preparadas
unhas ricas galletas de mel.
Metemos catro en cada
paquetiño e ¡listas para levar!.
|
A través dun divertido contacontos
coñecemos a historia de
Moncho e o enxame de abellas.
|
Embobados e entre risas
seguimos as aventuras de Moncho.
Pero o mellor, o saúdo que debemos facer a abella raíña cando visitemos
a exposición.
|
As clase de abellas, as súas
función dentro da colmea,
os seus inimigos … a
través de paneis seguimos
mergullándonos no mundo
destes insectos.
|
Coa busca da abella raíña e un
par de xogos máis chega a hora
do xantar.
|
Con lanzamentos de pelotas e
carreiras polo campo
esperamos que preparen
as mesas. Ensalada,
croquetas, espaguetes … ¡que rico!
|
E pola tarde con cancións e xogos
chega a hora de marchar…
|
No autobús de regreso estamos tan cansadiños que o sono pode con moitos de nós... |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)