lunes, 30 de noviembre de 2020

SABES COMO ME CHAMO?



Se non te lembras do abecedario na lingua de signos española, podes consultalo facendo clic aquí. Animádevos a mandar un comentario coa solución e máis vídeos ao correo da escola.

A ÁRBORE DE NADAL DE ERIK

O noso blog continúa vestíndose de Nadal. Nesta ocasión grazas á árbore de Erik. Mirade que ben lle saíu.

domingo, 29 de noviembre de 2020

A ÁRBORE DE NADAL DE NOA

 

Xa temos a seguinte árbore de Nadal. Nola envía Noa cunha versión realizada cun pauciño de pan e decorada con Lacasitos de cores. Mirade na foto que bonita queda.

O NOSO NOME NA LINGUA DE SIGNOS

 

Grazas á mestra Malú, estamos aprendendo o abecedario e algunhas palabras na lingua de signos española (LSE). Hoxe vos deixamos este vídeo co alfabeto e unha proposta. Trátase de que animades aos nenos a deletrear o seu nome empregando esta lingua coma facemos na escola. Neste enlace tedes un exemplo de como o fan os alumnos do CEIP Tierra de Pinares. Se vos animades a enviarnos un vídeo facéndoo, publicarémolo. Pode participar toda a familia, será divertido tentar adiviñar como se chaman.

sábado, 28 de noviembre de 2020

A ÁRBORE DE NADAL DE MARTA

Xa temos a nosa primeira árbore de Nadal. Mirade na imaxe que nos enviou Marta que chuliñas lle quedan as cereixas coma se fosen bólas.

viernes, 27 de noviembre de 2020

A ÁRBORE DE NADAL

O Nadal chegou ás nosas propostas culinarias e nada mellor que comezar pola  árbore. No vídeo que vos deixamos a continuación tedes unha opción moi divertida. Nós optamos por escribir unha receita máis sinxeliña pero neste enlace tedes multitude de opcións moi creativas e nutritivas.


jueves, 26 de noviembre de 2020

BUSCANDO EIRUGAS

Agora que sabemos o moito que comen as eirugas e os estragos que ocasionan nos vexetais que colonizan, axudamos á mestra Ana a localizalas antes de plantalas no xardín da escola.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

VIOLENCIA CERO

Baixo o lema de “Violencia cero”, dende a escola unímonos á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. 

lunes, 23 de noviembre de 2020

UN NADAL DE CONTO

 

Hoxe Zapatocas, a mascota da biblioteca escolar, tiña preparada unha sorpresa moi especial para nós. Unha árbore de sobres reciclados e un recuncho cheo de contos de Nadal. Nunha carta contábanos que debíamos buscar o número do día de hoxe e sacar a imaxe dun conto sorpresa. Tras atopalo no recuncho, soamente tíñamos que gozar da súa lectura. E foi o que fixemos … porque o Nadal xa chegou á biblioteca escolar.

AS BOLBORETAS DE MARTA

Marta tamén animouse a cociñar bolboretas pero enriquecendo a nosa proposta cunha nutritiva variante feita con froitas. Mirade nas fotos que ben lle saíron e que boa pinta teñen.



domingo, 22 de noviembre de 2020

LOS INSECTOS DE MI JARDÍN

Cantos insectos descubrimos no libro Los insectos de mi jardin!. Cada día, despregando as súas páxinas, imos vendo e lendo curiosidades  destes diminutos seres. Paralelamente tamén imos aprendendo a observar e respectar a multitude de bichiños que viven no xardín da nosa escola.


A BOLBORETA DE NOA

Noa tamén animouse a elaborar a proposta culinaria desta fin de semana. Mirade na foto que nos enviou que ben lle saíu a bolboreta.

sábado, 21 de noviembre de 2020

REIRREI

No libriño “Reirrei” que limos esta semana, descubrimos o seguinte recitado para saltar á corda.


Empezamos a xogar e agora os maiores xa o conseguen.  Nos vindeiros días continuaremos practicando ata que lle saiga aos máis pequenos. Animádevos a facelo tamén na casa e recuperar ese divertido enredo infantil.



A BOLBORETA E A XOANIÑA DE ERIK

Xa temos as fotos do primeiro cociñeiro desta fin de semana. Erik elaborou unha divertida xoaniña e unha rica bolboreta. Mirade nas imaxes que ben lle saíron.


viernes, 20 de noviembre de 2020

BOLBORETAS TAMÉN`PARA MERENDAR

Xa é venres e chega o momento da nosa proposta culinaria. Seguimos coa temática dos insectos e tócalle quenda á bolboreta. Nós suxerimos facela con pan de molde pero podedes facelas con froitas, filloas e ata salchichas. Neste enlace tedes moitas ideas, animádevos a facelas cos cativos. Se nos enviades as fotos publicarémolas neste blog.


jueves, 19 de noviembre de 2020

UNHA BOLBORETA NA AULA

Onte entrou na aula unha bolboreta branca da col. Estivo pousada na ventá e puidemos observar as diferentes partes do seu corpo. Despois buscamos nos libros da biblioteca información sobre este insecto e vimos como é o seu ciclo vital. Nos vindeiros días seguiremos investigando.


miércoles, 18 de noviembre de 2020

A XOANIÑA DE MARTA

Xa temos as fotos da xoaniña cociñada por Marta. Mirade nas imaxes que pinta tan saborosa ten e que ben lle quedou empregando como base unha tortiña de arroz.


martes, 17 de noviembre de 2020

A BOLBORETA BRANCA DO REPOLO

Hoxe estivemos observando en clase unha eiruga moi especial.  A través dela esperamos ver o proceso de transformación en bolboretas. Se alimenta de repolos, coliflor, brócoli …  e adoita facer estragos na horta. Trátase da chamada eiruga branca do repolo. Ten moita habilidade para camuflarse no envés das follas, pero se observamos detidamente, seguro que a atopamos.

viernes, 13 de noviembre de 2020

XOANIÑAS

Como andamos a voltas cos insectos, a proposta culinaria desta fin de semana vai estar dedicada a eles. A continuación vos deixamos un vídeo e a receita para elaborar unha divertida xoaniña. Neste enlace tedes outras versións por se necesitades inspiración para mostrarvos creativos. 


jueves, 12 de noviembre de 2020

LIBROS DE INSECTOS

O luns na biblioteca escolar estivemos vendo libros de insectos. No día seguinte descubrimos que na biblioteca de aula tamén temos exemplares desta temática. Todos teñen unha pegatina verde e o número 59 porque tratan de animais. Deste xeito os meniños van aprendendo como están organizados os libros.



miércoles, 11 de noviembre de 2020

LINGUA DE SIGNOS

 

Apoiándonos nas ideas da mestra Marta de Ribadumia, e coa axuda da mestra Malú de educación física, os mércores imos dedicalos a coñecer a lingua de signos. Xa vos contaremos todo o que aprendemos.

AS ARAÑAS DE PEPA PIG

Onte, cos seguintes vídeos de Pepa Pig, os meniños, ademais de divertirse véndoos, aprenderon a debuxar arañeiras. 

 



lunes, 9 de noviembre de 2020

NOVEMBRO MES DA CIENCIA

Dende bibliotecas escolares vense impulsando a celebración de novembro como mes da ciencias en galego. Zapatocas, quixo que a nosa escola tamén se unira a esta conmemoración e preparounos un recuncho conmemorativo. Como sabe que andamos a voltas cos arácnidos e os insectos, recompilou os libros que hai na biblioteca desta temática para que continuemos aprendendo.

Hoxe, na nosa visita semanal, comezamos véndoos entusiasmados. Xoaniñas saltóns, libélulas, escaravellos … Cantos insectos!