Mostrando entradas con la etiqueta París. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta París. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de febrero de 2022

A TORRE EIFFEL DE NOA


Noa púxose mans a obra e mirade que ben lle saíu a Torre Eiffel. Ademais de cociñeira é unha estupenda arquitecta. Grazas Noa por compartir connosco as fotos de todo o proceso.






domingo, 6 de febrero de 2022

A TORRE EIFFEL


Como andamos a voltas con París, non podíamos deixar pasar a oportunidade de levar ás nosas propostas culinarias da fin de semana o seu monumento máis famoso. Neste enlace tedes a receita que levaron o nenos o venres para casa. Pero se referides unha opción máis saudable, facendo clic aquí accederes a unha versión con moras e framboesas.

E xa que andamos a voltas coa Torre Eiffel, deixámosvos esta bonita canción e a súa versión con xestos que compartiu connosco a mestra Marta de Ribadumia.


miércoles, 2 de febrero de 2022

PARÍS

 

Dende a escola estamos a acompañar ao señor Fogg na súa viaxe ao redor do mundo. Aínda que ten que apurar se quere chegar a tempo ao seu destino, non podíamos deixar París sen ver este bonito vídeo.

sábado, 31 de marzo de 2012

“MOUSSE” DE AMORODOS ACCIDENTADO

Antes de marchar de vacacións queríamos probar no noso obradoiro de cociña outro dos preparados culinarios de orixe francés: “o mousse”. O máis coñecido é o de chocolate pero nós optamos polo de amorodos por ser máis doado de elaborar. Ao principio todo estaba a saír de marabillas. Primeiro traballaramos a receita e os seus ingredientes. Despois puxémonos a cociñar. Abrimos un dos sobres de azucre e botámosllo á nata líquida. Mentres que a mestra Ángeles montábaa coa batidora,  con Janet fomos cortando os amorodos, botándoos na fonte, engadíndolle o outro sobre de azucre… O desastre sobreveu ao mesturar os amorodos coa nata montada… o banco onde estaba apoiada a mestra abaneouse, a fonte moveuse e o seu contido… ¡ao chan!… Tras o desconcerto inicial e as risas posteriores, un anaquiño de patio mentres a mestra limpaba o desaguisado, volver a montar a nata que quedou no cartón, mesturala co resto de amorodos que salvouse do desastre, volta para a aula e a merendar mousse de amorodos accidentado pero rico,rico, rico.

viernes, 23 de marzo de 2012

A COMIDA FRANCESA

Despois de case todo un trimestre coñecendo cousiñas de Francia non podíamos retrasar máis o continuar probando comidas dos nosos veciños galos. No libro “París grandes secretos para pequeños viajeros", do que xa vos falaramos con anterioridade, limos que ademais dos creps, aos franceses gústanlle os caracois, as baguettes, os cruasáns, o mousse de chocolate, o roscón de reis…Os creps xa os fixemos, os caracois os cativos non queren nin probalos, o roscón é demasiado complicado… así que para este venres optamos polas baguettes e os cruasáns. Co pan fixemos torradas que aderezamos con aceite de oliva para potenciar a dieta mediterránea e, sen lugar a dubidas, foron as que máis éxito tiveron. Para os cruasáns cada un dixo que embutido trouxera e, os que non se lembraban, foron a mirar na mochila: chourizo, xamón sérrano, peituga… algunha que outra decepción de quen esperaba xamón e atopou chourizo, pero como case sempre compartimos, non hai problema.  Nun listado fomos anotando os nosos nomes e o friame que trouxeramos para ter claro como se escribían e poder consultalo en caso de necesidade. Mentres se torraban as baguettes, abrimos os paquetiños dos cruasáns, a mestra cortounos a metade e cada un incorporoulle o seu embutido.  Neste punto o pan estaba listo e mentres o comíamos, os croasáns pasaron ao grill. ¡Que rica está a comida “ao estilo francés”!

jueves, 15 de marzo de 2012

A PRENSA EN FRANCIA

Félix ao igual ca nós, gústalle estar ben informado e procura ler o xornal todos os días. Como sabedes, este trimestre está en París e, como descubriu que esta é a semana da prensa, hoxe quixo ensinarnos algúns dos periódicos que se publican en Francia. Comprobamos que cada xornal ten un nome e un tipo de letra. Con eles vimos que unha mesma grafía pode facerse de diferentes modos. Dependendo de como estea escrita cústanos máis ou menos recoñecela, pero pouco a pouco, temos que ir acostumándonos a distinguilas.

lunes, 5 de marzo de 2012

PARÍS NA BIBLIOTECA

Como sabedes, neste trimestre estivemos aprendendo cousiñas sobre París e o país onde está situada.  Limos e vimos moitos libros pero aínda nos faltaba algo moi importante, reflexionar sobre como e onde están colocados na biblioteca. Hoxe afondamos no tema organizativo da zona documental e descubrimos que todos os libros que falan de París teñen unha pegatina branca e o número 9. Agora, se queremos máis información xa sabemos onde debemos buscar. E para aquelas familias que non se lembren de como temos organizada a nosa biblioteca, poden consultar a nosa guía de usuarios clicando aquí.

viernes, 2 de marzo de 2012

REMATANDO CON NAPOLEÓN

Estes días, adaptando unhas fichas que preparara a mestra Marta e apoiándonos no libro "París grandes secretos para pequeños viajeros" da editorial Geoplaneta que dende aquí vos recomendamos, estivemos traballando ao redor do Arco do Triunfo. Aínda nos queda moito que aprender sobre a vida de Napoleón Bonaparte pero, o trimestre avanza, e  temos que ir rematando con este personaxe para seguir avanzando noutras cuestións que tamén espetan o noso interese.

martes, 21 de febrero de 2012

XOGANDO Á PETANCA

Xa estivemos practicando fai tempo cando limos a carta que Félix enviou a Sofía dende París, pero daquela aínda non tíñamos o material necesario e tivemos que improvisalo. Agora xa está a nosa disposición e, aínda que nos vexades con pinta carnavalesca, xogamos coa formalidade dun profesional. 
A verdade é que nunca falta un verme, unha mosca ou algún outro bicho que nos distraia pero… ¡hai tantas cousas que chaman a nosa atención e é tan difícil centrarse nunha soa!

lunes, 20 de febrero de 2012

MÁIS COUSIÑAS DE NAPOLEÓN

¿Lembrádevos da Catedral de Notre Dame que estaba xunto ao río Sena?, antes de vacacións volvemos a vela pero nesa ocasión por dentro, nin máis nin menos que na coroación de Napoleón. Divertímonos imitando a Josefina e, o día da festa, posando como auténticos “Napoleón a Cabalo

jueves, 9 de febrero de 2012

PREPARANDO O NOSO DISFRACE

Buscar información, tomar medidas, recortar, escribir, pegar, colorear… ¡Canto traballiño estamos levando para deseñar e crear o noso traxe de Napoleón!.
Martiño trouxo unha espada, Antía un libro, na biblioteca atopamos outros dous… Ao principio non eramos capaces nin de pronunciar o seu nome, agora xa empezamos saber cousiñas deste personaxe histórico.

martes, 7 de febrero de 2012

UN AVÓ ESPECIAL


 Martiño  foi a París
nun cabalo gris
ao paso, ao trote,
ao galope, galope, galope. 
Este xogo de ás cabaliñas na perna aprendémolo a semana pasada na “hora de ler” no libro Un avó especial. O conto trata da enfermidade do Alzheimer pero tamén da enriquecedora relación entre netos e avós. O seu papel como transmisores de ditos, xogos e cantigas populares.
Como podedes observar nas fotos, pasámolo en grande con este sinxelo e tradicional xogo. Coma Rosiña, a protagonista do libro, tamén tivemos unha sesión de arrolos, somos chicos maiores, pero ás veces, gústannos as nanas e os mimos. Animádevos a realizar con eles na casa estes xogos e arrolos, veredes como tamén vós gozades.

domingo, 5 de febrero de 2012

FEBREIRO, MES DO ENTROIDO

O venres día 17 celebraremos a festa de carnaval. Este ano o tema central será as viaxes de Félix. A nosa aula está metida de cheo en Francia polo que decidimos disfrazarnos de Napoleón Bonaparte e coñecer este personaxe histórico. Se na casa tedes libros, películas, imaxes, contos... relacionados con el e adaptadas a infantil, podédelo traer para velo na aula, crear un novo recuncho con elas e aprender todos xuntos.